07/06/2026
𝐄𝐍𝐓𝐑𝐎𝐈𝐃𝐎 𝟐𝟎𝟐𝟱
Chega a última tirada de fotografías do Entroido de Couso 2025, unha pequena mostra de tantos momentos inesquecibles que vivimos xuntos nestes días cheos de tradición, música, disfraces, risas e emocións.
Cada imaxe garda un anaquiño da nosa festa: o traballo, a ilusión e a alegría de toda a xente que fai posible que o Entroido siga vivo ano tras ano. Porque o Entroido non é só unha celebración, é parte da nosa identidade, da nosa historia e da nosa maneira de entender a comunidade.
Dende aquí queremos facer un agradecemento moi especial ao enorme traballo de Fátima Seijo Martínez ♥, pola súa dedicación, pola súa mirada e por saber captar en cada fotografía a esencia e a alma do noso Entroido.
¡GRAZAS por inmortalizar tantos momentos únicos!
Tamén grazas a todas as persoas que participaron, colaboraron e acompañaron esta edición: veciñanza, amizades, visitantes e toda a xente que mantén viva esta tradición con paixón e orgullo.
Que nunca falten as máscaras, a música, as coplas e as ganas de compartir.
¡𝒱𝒾𝓋𝒶 𝑜 𝑒𝓃𝓉𝓇𝑜𝒾𝒹𝑜 𝑒 𝓈𝒾𝑔𝒶!
Xenerais da Ulla Cousas da Estrada