03/11/2026
🦇 Este Samaín decidimos poñerlle rostro e cazar os auténticos monstros que nos habitan.🕸️
No marco do taller no que estamos a traballar con homes privados de liberdade no centro penal de Pereiro de Aguiar (Ourense), centrado na prevención das violencias machistas, puxemos sobre a mesa os mitos e os monstros da masculinidade hexemónica.
Fronte a cada monstro, ofrecemos tamén algúns antídotos: corresponsabilidade, xestión emocional, respecto aos límites, empatía, apoio mutuo... e, sobre todo, construír relacións baseadas no respecto e na igualdade.
Cal destes mitos cres que nos afecta máis socialmente? Déixanolo saber nos comentarios. 👇