22/08/2026
💙❤️ AGAVIH en O Marisquiño 2026
Un ano máis, levamos a prevención e a promoción da saúde sexual alí onde está a xente.
Durante O Marisquiño, na Praia de Samil, estivemos compartindo información, resolvendo dúbidas e achegando ferramentas para unha sexualidade máis segura e informada.
Falamos de VIH e outras ITS, PrEP, PEP, proba rápida, prevención combinada e redución de riscos, ademais de repartir material preventivo entre as persoas que se achegaron ao noso espazo.
Grazas a todas as persoas que parastes, preguntastes, conversastes e compartistes estes días connosco. Cada conversa conta para seguir construíndo unha sociedade con máis información, máis prevención e menos estigma.
Seguimos levando a saúde sexual á rúa. Porque previr tamén é informar, acompañar e estar presentes. ❤️💙