AFAGA Alzheimer

Cómo llegar Página web

AFAGA Alzheimer Asociación destinada a mellorar a calidade de vida dos enfermos de Alzheimer e outras demencias. AFAGA - Asoc.

Al indicar que te gusta esta página, consientes: 1) el tratamiento de tus datos personales en el entorno de Facebook conforme a sus políticas de privacidad (wwww.facebook.com/about/privacy/); 2) el acceso de AFAGA - Asoc. de Familiares de Enfermos de Alzheimer y otras demencias de Galicia a los datos contenidos en la lista de fans y/o de personas que les gusta esta página y 3) a que las noticias publicadas obre nosotros aparezcan en tu muro. de Familiares de Enfermos de Alzheimer y otras demencias de Galicia no utilizará los datos para otras finalidades ni para enviar información adicional a no ser que el usuario nos lo autorice con un formulario dispuesto para tal fin. Si quieres darte de baja solo tienes que pinchar el botón 'ya no me gusta'. Puedes ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición dirigiéndote por escrito a AFAGA - Asoc. de Familiares de Enfermos de Alzheimer y otras demencias de Galicia, a la dirección Avda. Martínez Garrido, 21 Interior, 36205 Vigo (Pontevedra) o enviando un correo electrónico a [email protected]. En el contexto de Facebook debes tener en cuenta que cualquier modificación en sus datos debes realizarlo a través de la página de configuración de tu cuenta. Para más información sobre nuestra política de privacidad, pincha aquí http://www.afaga.com/index.php?option=com_content&view=article&id=46&Itemid=43&lang=es.

Temos nova App para comunicarnos coas familias, persoas socias e usuarias grazas á colaboración de CinfaSalud! 🙌🏻 📲 Chám...
14/10/2026

Temos nova App para comunicarnos coas familias, persoas socias e usuarias grazas á colaboración de CinfaSalud! 🙌🏻 📲

Chámase AFAGA 24/7 e será a canle a través do cal vos manteremos informados de todos os nosos servizos, actividades, avisos e novidades.

Comezaremos a utilizala de forma progresiva nas nosas comunicacións a partir do 18 de novembro. Descárgartela xa e comeza a usala! Dispoñible para dispositivos iOS na App Store e Android en Google Play. Non esquezas subscribirte as nosas canles e seguirnos para estar ao día de todos os contidos e recursos.

E lembra! Coa posta en marcha de AFAGA Contigo 24/7 deixaremos de empregar WhatsApp como canle de comunicación habitual.

Se tes dúbidas, consulta os titoriais de instalación da nosa App:
● Vídeo titorial de instalación (Android): https://www.youtube.com/watch?v=k3foRK9MiMk
● Vídeo titorial de instalación (iOS): https://www.youtube.com/watch?v=s-13K_e6BSQ&utm_source=chatgpt.com

/7

Gustaríache adquirir habilidades para coñecer, comprender e xestionar as túas emocións e mellorar así o teu benestar no ...
13/10/2026

Gustaríache adquirir habilidades para coñecer, comprender e xestionar as túas emocións e mellorar así o teu benestar no día a día? Participa, do 21 de outubro ao 27 de xaneiro, no programa “Coñecendo as emocións”, impulsado por Afundación e Matia👇🏻

🟢 Estruturado en 12 sesións, de 2 h.
🟢 Os mércores, de 9.30 a 11.30 h.
🟢 Impartirase na sede de AFAGA de avd. Emilio Martínez Garrido, 21 (Vigo).

Inscríbete en 📲 694 310 458 ou en 📧 [email protected]

Obxectivo conseguido! 💪🏻 Mostramos ao persoal de atención directa e aos equipos dos centros de día de COGAMI como incorp...
09/10/2026

Obxectivo conseguido! 💪🏻 Mostramos ao persoal de atención directa e aos equipos dos centros de día de COGAMI como incorporar con criterio clínico recursos emerxentes como a IA, a realidade virtual, a gamificación ou plataformas dixitais especializadas como NeuronUP.

A nosa psicóloga e neuropsicóloga, Alba López, foi a encargada de impartir esta acción formativa sobre "Estimulación cognitiva: fundamentos, innovación e solucións dixitais", coa que tratamos de capacitar ao persoal sociosanitario da organización para deseñar, aplicar e avaliar programas de estimulación cognitiva adaptados e personalizados, integrando as metodoloxías máis innovadoras e centradas na persoa.

Para iso, contamos coa colaboración de representantes dos nosos partners tecnolóxicos e Insati, claves á hora de achegar solucións innovadoras, pero sen perder de vista o importante: a persoa, as súas capacidades, os seus intereses e o seu ritmo.

¡Toma nota de nuestros próximos cursos online para profesionales del ámbito sociosanitario! 👩🏻‍💻 🩺 👇🏻🗓️ Del 14 de octubr...
08/10/2026

¡Toma nota de nuestros próximos cursos online para profesionales del ámbito sociosanitario! 👩🏻‍💻 🩺 👇🏻

🗓️ Del 14 de octubre al 16 de noviembre:
● Introducción al envejecimiento y a las demencias neurodegenerativas.
● Emoción y conducta en la persona con demencia.

🗓️ Del 17 de noviembre al 18 de diciembre:
● Estimulación cognitiva en Alzheimer y otras demencias.
● Intervención para la autonomía personal en el proceso de envejecimiento.

Son 100% bonificables a través de Fundae y, si lo quieres, podemos ocuparnos también de esta tramitación.

Recuerda que las plazas son limitadas. Consulta en nuestra web los contenidos e ¡inscríbete!: https://afaga.com/que-facemos/cursos-para-profesionais/

ℹ️ Más info en [email protected] y en 986 22 97 97 | 604 092 674

Hoxe recibimos moi boas noticias da man de BBVA Asset Management en España! O noso proxecto “Vida 6.0, escribiendo mi hi...
07/10/2026

Hoxe recibimos moi boas noticias da man de BBVA Asset Management en España! O noso proxecto “Vida 6.0, escribiendo mi historia” contará cunha axuda de 32.000 € da entidade financeira, despois de ser elixido na última Convocatoria Solidaria BBVA Futuro, coa que axuda a proxectos solidarios no noso país 👏🏻👏🏻

O director de Zona Galicia Sur de BBVA, Enrique de la Fuente, foi o encargado de oficializar este apoio, durante a súa visita hoxe ao Centro de Innovación Alzheimer Galicia (CIAG), onde puido coñecer polo miúdo o proxecto, co que tratamos de mellorar o benestar emocional de persoas con demencias e os seus familiares, a través da creación dun libro físico e dixital.

Durante a súa visita, na que tamén lle mostramos o traballo que desenvolvemos na asociación, estivo acompañado polo noso presidente, Juan Carlos Rodríguez, así como polo investigador principal do proxecto, David Facal, do Instituto de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (IPsiUS), a responsable técnica, Sonia Valladares, do departamento de Electrónica e Computación da institución académica, Esteban Fernández , xerente, e María Vidal, traballadora social, da nosa organización.

Grazas a BBVA Asset Management por axudarnos a que esta iniciativa, que nos permite coñecer ás persoas máis aló da enfermidade, fágase realidade na área sanitaria de Vigo. Será clave para ofrecer un acompañamento terapéutico individualizado nas demencias 🧠💚

ℹ️ Descobre máis sobre o noso proxecto aquí: https://afaga.com/afaga-lanza-o-proxecto-vida-6-0-escribindo-a-mina-historia-reconecido-na-convocatoria-solidaria-bbva-futuro/

Que boa tarde botamos no Parque da Pesqueira, en Mos, coas persoas usuarias do centro de AFAGA no municipio, do Porriño ...
06/10/2026

Que boa tarde botamos no Parque da Pesqueira, en Mos, coas persoas usuarias do centro de AFAGA no municipio, do Porriño e de Salceda, xunto coas rapazas de EVD Galicia! 👣 😁

Reunímonos para ir de andaina con motivo do Día Mundial do Alzheimer co obxectivo de camiñar, conversar e desfrutar xuntos. E vaia se o fixemos!

Porque fronte ao Alzheimer, queremos seguir apostando por unha sociedade que acompañe, que coide, que comprenda e que poña no centro ás persoas.

Porque cada paso conta, seguimos camiñando xuntos 🧠 💚 💪🏻

Que ben o pasamos durante a xornada de convivencia que organizamos en Tui "Movéndonos polo Alzheimer" para conmemorar o ...
05/10/2026

Que ben o pasamos durante a xornada de convivencia que organizamos en Tui "Movéndonos polo Alzheimer" para conmemorar o día mundial e na que participaron tanto as persoas usuarias das unidades de atención do municipio como dos grupos de estimulación cognitiva e funcional de Mos e Porriño.

Velaquí un resumo da xornada en imaxes 📸 😁

Preparar alcouves, sementar, regar, coidar as plantas e seguir o seu crecemento son algunhas das tarefas que realizamos ...
05/10/2026

Preparar alcouves, sementar, regar, coidar as plantas e seguir o seu crecemento son algunhas das tarefas que realizamos no noso proxecto de 🪴✨👩🏻‍🌾

Unha actividade que forma parte das nosas sesións de terapia ocupacional no Centro de Día de Beiramar, en Vigo, e que ten grandes beneficios para as persoas con deterioro neurodexenerativo👇🏻

✔︎ Axuda a manter a atención
✔︎ Contribúe a mellorar a motricidade e a autonomía
✔︎ Favorece a orientación temporal
✔︎ Xera satisfacción

Participa no I Torneo Solidario de Pádel Ipadel Fitness Sport Club - Vigo & AFAGA "Xuntos pola memoria"! 🧠 🏓 👉🏼 Inscríbe...
02/10/2026

Participa no I Torneo Solidario de Pádel Ipadel Fitness Sport Club - Vigo & AFAGA "Xuntos pola memoria"! 🧠 🏓 👉🏼 Inscríbete en www.padeltourplay.com ata o 11 de outubro e colabora coa nosa causa.

Os fondos recadados servirán para apoiar os nosos programas destinados ás persoas con Alzheimer e as súas familias.

🗓️ Do 15 ao 18 de outubro
📍 Instalacións de iPadel Mos
➲ Inscrición: 20 €/persoa (prazas limitadas)

Ademais, contaremos cunha Fila 0 para que poidas colaborar coa nosa asociación, aínda que non disputes o torneo.

E se es unha empresa comprometida e desexas sumarte a este proxecto solidario, aínda estás a tempo de contactar connosco para colaborar ou patrocinalo 💚. Consulta o dossier e elixe a fórmula máis axeitada para a túa organización: https://padeltourplay.com/torneo-informacion/240/I-TORNEO-SOLIDARIO-XUNTOS-POLA-MEMORIA

Xa contamos coa axuda do Concello de Mos, Viajes Travelmakers, FIX Salud y Deporte, Talaso Atlantico, Podoactiva, , , Decathlon España , , , Eroski, , BALNEARIO DE MONDARIZ , Estrella Galicia e 👏🏻

ℹ️ Consulta toda a información aquí: https://padeltourplay.com/torneo-informacion/240/I-TORNEO-SOLIDARIO-XUNTOS-POLA-MEMORIA

Que ben senta camiñar ao aire libre e desfrutar da nosa espléndida contorna! E en AFAGA non hai nada que nos guste máis ...
01/10/2026

Que ben senta camiñar ao aire libre e desfrutar da nosa espléndida contorna! E en AFAGA non hai nada que nos guste máis que un plan saudable 🚶🏻‍♀🚶🌳

Por iso, como parte das actividades que celebramos para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer no Concello de Salceda de Caselas, organizamos unha andaina polo río Caselas na que participaron un grupo de persoas usuarias dos programas de prevención "Cultiva a Mente" e "Coida o Corpo" que levamos a cabo no municipio.

A actividade física, entre outros hábitos saudables, contribúe a reducir o risco de padecer demencia, e é importante poñelo en práctica.

📸 Deixámosvos por aquí unhas imaxes da xornada, que terminamos na Asociación de Vecinos de Caselas, cunha agradable merenda e un estupendo momento de conversa.

Dirección

Avenida Martínez Garrido, 21
Vigo
36205

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
16:00 - 19:00
Martes 09:00 - 14:00
16:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 14:00
16:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 14:00
16:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 14:00
16:00 - 19:00

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando AFAGA Alzheimer publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir