Teta e Coliño

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Teta e Coliño Consulta telefónica con asesoras

Almudena: 682 548 002. Tardes a partir das 18h, tamén Whatsapp e Telegram
Yoly: 638 612 396, só polas tardes

Ver calendario de reunions no seguinte link: http://tetaecolino.gal/calendario/

💜🤱 Estamos a piques de rematar a Semana Europea da Lactación Materna 2026! 💜☝️Desde a Asociación Teta e Cariño, queremos...
09/10/2026

💜🤱 Estamos a piques de rematar a Semana Europea da Lactación Materna 2026! 💜

☝️Desde a Asociación Teta e Cariño, queremos agradecer de corazón a todas as familias que nos acompañan, comparten experiencias e contribúen a crear redes de apoio, respecto e agarimo arredor da lactación materna.❣️

Porque lactar tamén é compartir, acompañar, escoitar e soster. 💕🤱💕

Seguimos tecendo redes e camiñando xuntas, para que cada familia poida vivir a súa experiencia de lactación con respecto, apoio e sen xuízos. 💜

🙌🏻Grazas por formar parte desta rede‼️❣️




💜🤱 Estamos a piques de rematar a Semana Europea da Lactación Materna 2026! 💜☝️Desde a Asociación Teta e Cariño, queremos...
09/10/2026

💜🤱 Estamos a piques de rematar a Semana Europea da Lactación Materna 2026! 💜

☝️Desde a Asociación Teta e Cariño, queremos agradecer de corazón a todas as familias que nos acompañan, comparten experiencias e contribúen a crear redes de apoio, respecto e agarimo arredor da lactación materna.❣️

Porque lactar tamén é compartir, acompañar, escoitar e soster. 💕🤱💕

Seguimos tecendo redes e camiñando xuntas, para que cada familia poida vivir a súa experiencia de lactación con respecto, apoio e sen xuízos. 💜

🙌🏻Grazas por formar parte desta rede‼️❣️

🎈Este ano queremos celebrar con vos que levamos 12 anos en Vigo, facendo tribo e acompañando a centos de familias na sua...
06/10/2026

🎈Este ano queremos celebrar con vos que levamos 12 anos en Vigo, facendo tribo e acompañando a centos de familias na sua lactancia e crianza respectuosa 🎉

☝️Por iso, agardámosvos o vindeiro sábado 24 de outubro, a partir das 5 da tarde en Vigosónico (Rúa do Portal S/N (Parque Tecnolóxico de Valadares), CP 36315, Vigo.)

🎉 Programa: 🎉

🕰17:00h: Recepción e benvida.
🕰17:30h: Contacontos para bebés da man de Marta Ortiz "Casa, casiña, casona".
🕰19:00h: Lana Animación "O pirata despistado" (nenos 0-6 anos)

🤗Ademáis haberá pintacaras, merendola conxunta, xogos e máis‼️🎉

👌Como sempre, as crianzas de tódalas idades son benvidas, e podedes traer algo para compartir na merendola 😊🍴😋

⚠️Para poder facernos unha idea da cantidade de xente que seremos e controlar o aforo, precisamos que vos anotedes na seguinte ligazón:

🎈FESTA XII ANIVERSARIO🎈

👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇

https://forms.gle/4zdgC3DjzNeacrFt8

Os esperamos❣️‼️

✨ Feliz Semana Europea da Lactancia Materna, tribo! 🤱Hoxe comeza a nosa semana favorita do ano (do 5 ao 11 de outubro) e...
05/10/2026

✨ Feliz Semana Europea da Lactancia Materna, tribo! 🤱

Hoxe comeza a nosa semana favorita do ano (do 5 ao 11 de outubro) e queremos dedicar un momento a mirarnos cara a cara e dicirvos: estades a facer un traballo marabilloso...❣️

Sexa cal sexa a vosa decisión, o voso camiño ou a vosa realidade na lactancia, aquí tedes un lugar de apoio: un espazo seguro. 🫂❤️

Este ano, o lema da céntrase nun "comezo sostible baixo calquera circunstancia"...
Para nós, a única maneira de que a lactancia (e a crianza) sexan sostibles é facelo en tribo.
🤱👩‍👦🤱
Porque criar unha criatura non debería ser un acto de illamento na casa; a LACTANCIA e a crianza requiren unha rede, un sistema de apoio e uns brazos que acobillen a nai mentres ela acobilla o seu bebé. ❤️🤍❤️

👉Tamén queremos aproveitar esta Semana Europea da Lactancia Materna para alzar a voz e defender os dereitos das nais e dos seus bebés...
📢 Necesitamos que a maternidade sexa respectada e protexida.
📢 Esiximos unha conciliación real, permisos de maternidade e paternidade dignos, e contornos públicos e laborais onde a lactancia non sexa un acto de valentía, senón un dereito garantido que calquera nai poida exercer se así o desexa e o precisa.
📢Coidar da vida é o traballo máis importante do mundo, e xa é hora de que se valore como tal. 🤱💪

🤗 E, por último, sabede que, tanto se dades o peito en exclusiva, como se o combinades coa alimentación 🍼, se vos estraedes leite... ou se estades a atopar o voso propio camiño na lactancia e crianza... esta asociación é a vosa casa.
Non estades soas!🤗❣️
❣️Feliz Semana Europea da Lactancia Materna!❣️



XUNTAZA LALÍN❗️👉 En Lalín teremos xuntanza presencial do grupo de apoio á crianza 👩‍👦🤱👩‍👦🗓 o xoves 22 de outubro🕰 a part...
05/10/2026

XUNTAZA LALÍN❗️
👉 En Lalín teremos xuntanza presencial do grupo de apoio á crianza 👩‍👦🤱👩‍👦
🗓 o xoves 22 de outubro
🕰 a partires das 17h
🏢 no Edificio Manuel Riveiro (Rúa Manuel Rivero,1, Lalín).

👉 Se queres pasar un anaquiño agradábel con outras nais, tes algunha consulta sobre lactancia e/ou crianza ou simplemente queres desafogarte con nós podes inscribirte para o día que precises premendo na seguinte ligazón

👇FORMULARIO INSCRICIÓN XUNTANZA CRIANZA👇

https://forms.gle/cNwf9sceHr9NJ5oo9

Animate a Partivipar 😉‼️

🗓O luns 5 de outubro🕰 as 17h 🤱👩‍👦teremos reunión presencial 📢moderada por Cecilia Cánepa. 🏢 A reunión terá lugar en A Mo...
30/09/2026

🗓O luns 5 de outubro
🕰 as 17h
🤱👩‍👦teremos reunión presencial
📢moderada por Cecilia Cánepa.
🏢 A reunión terá lugar en A Morada Cooperativa (R. Enrique X. Macías, 6 ). A M O R A D A

🤗Se queres pasar un anaquiño agradábel con outras nais, tes algunha consulta sobre lactancia e/ou crianza ou simplemente queres desafogarte con nós podes inscribirte na seguinte ligazón: 👇

👉FORMULARIO INSCRICIÓN XUNTANZA PRESENCIAL👇

https://forms.gle/m4MxmPvD1iVJabRA7

Anímate a participar 😉 ‼️




👩‍🏫 Obradoiro Destete👩‍🏫🗓 O sábado 3 de outubro 🕰 Ás 10:30h teremos o obradoiro online 💻🤱 "O destete, acompañar o voso c...
27/09/2026

👩‍🏫 Obradoiro Destete👩‍🏫

🗓 O sábado 3 de outubro
🕰 Ás 10:30h teremos o obradoiro online 💻

🤱 "O destete, acompañar o voso cambio"👩‍👦
📢 coa nosa voluntaria e asesora de lactancia, Yolanda González Mallo, a través da plataforma ZOOM.

👉Analizararemos este momento que tantas dúbidas xenera nas familias... 👇

🔸️Veremos os tipos de destete,
🔸️ as necesidades de nai e bebé/nen@ durante esta etapa e ferramentas para decidir como afrontar o teu proceso. 🔸️Tamén falaremos dos recursos prácticos e da importancia do apoio do teu entorno para realizar o destete. 🔸️Resolveremos as dúbidas que vaian xurdindo.

☝️Este obradoiro é aberto ao público en xeral pero teñen preferencia as familias socias de Teta e Coliño ata o 28 de setembro.
👉Se queres inscribirte preme na seguinte ligazón

👇FORMULARIO INSCRICIÓN DESTETE👇

https://forms.gle/aqE5yVboo5WucQNZ6

‼️Lembra inscribirte antes do xoves 1 ás 24h, xa que se o fas despois no podemos asegurarte que recibas a ligazón de acceso a tempo.

Anímate a participar 😉 ‼️




Plan de Actividades Mes 🎃 outubro 🍂🎉...Con muchas sorpesas‼️🤱❣️🎉🍂🎃Anímate a Participar 😉 ‼️
25/09/2026

Plan de Actividades

Mes 🎃 outubro 🍂🎉...

Con muchas sorpesas‼️🤱❣️🎉🍂🎃

Anímate a Participar 😉 ‼️

👉En Lalín teremos xuntanza presencial do grupo de apoio á crianza 🤱🗓 este xoves 24 de septembro 🕰 a partires das 17h 🏢 n...
21/09/2026

👉En Lalín teremos xuntanza presencial do grupo de apoio á crianza 🤱
🗓 este xoves 24 de septembro
🕰 a partires das 17h
🏢 no Edificio Manuel Riveiro (Rúa Manuel Rivero,1, Lalín).

🤗 Se queres pasar un anaquiño agradábel con outras nais, tes algunha consulta sobre lactancia e/ou crianza ou simplemente queres desafogarte con nós podes inscribirte para o día que precises premendo na seguinte ligazón

👇 FORMULARIO INSCRICIÓN XUNTANZA CRIANZA👇

https://forms.gle/cNwf9sceHr9NJ5oo9

Anímate a participar 😉 ‼️




‼️Adiamos a nosa xuntanza mensual☕️ Café coa Tribo ☕️ 👉ao martes 15/9 🗓🕰 ás 17h.👉Reunímonos cada terceiro martes de mes ...
13/09/2026

‼️Adiamos a nosa xuntanza mensual
☕️ Café coa Tribo ☕️
👉ao martes 15/9 🗓
🕰 ás 17h.

👉Reunímonos cada terceiro martes de mes para tomar algo e compartir experiencias, inquedanzas arredor da maternidade ou, simplemente, para desfogarnos nun ambiente acolledor. As crianzas de calqueira idade son sempre benvidas.
🏢 Os encontros terán lugar na cafetería de A Morada Cooperativa (R. Enrique X. Macías, 6, Vigo )

👌Para saber cantas seremos e poder organizarnos mellor, pregamoste te inscribas na seguinte ligazón:

👇 FORMULARIO CAFE COA TRIBO👇

👉https://forms.gle/23W5DRs1gV14LR5RA

Anímate a participar 😉 ‼️





Dirección

Vigo

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Teta e Coliño publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Teta e Coliño:

Atajos

Compartir