CIG Administración Pública

Cómo llegar Página web

CIG Administración Pública CIG Administración Pública é unha das federacións da Confederación Intersindical Galega (CIG), sindicato nacionalista, feminista e de clase.

29/10/2026
28/10/2026

Compañeiras da Administración de Xustiza concentráronse hoxe diante da Audiencia Provincial da Coruña para reclamar os resultados das medicións de radon que a Dirección Xeral continúa a ocultar. Á falta de información súmase a inacción na toma de medidas para corrixir esta situación que pon en risco a seguridade e saúde do persoal.

28/10/2026
Continuamos co reparto nos centros de traballo das propostas da CIG - Administración Pública diante da crise de carestía...
23/10/2026

Continuamos co reparto nos centros de traballo das propostas da CIG - Administración Pública diante da crise de carestía da vida e a perda de poder adquisitivo dos salarios públicos. Se aínda non chegou ao teu centro de traballo, avísanos por DM. 💪🏻

23/10/2026

📢 A CIG convoca 17 mobilizacións para a folga xeral do 11 de novembro

✊🏻A central nacionalista empraza á clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas

🚩Baixo o lema “Galiza en loita por unha vida digna”, a folga xeral convocada pola CIG o vindeiro 11 de novembro esixirá da Xunta de Galiza e do Goberno español un Plan de Choque que permita frear o deterioro das condicións de vida da clase traballadora. Demanda medidas contundentes para paliar o encarecemento da vida, a pobreza salarial, a crise da vivenda, a precariedade laboral e a degradación dos servizos públicos mentres o grande capital continúa a obter beneficios extraordinarios.

👉🏻A folga xeral abranguerá as persoas traballadoras das empresas privadas e do sector público en todo territorio galego, incluído o persoal funcionario, estatutario e laboral. Desenvolverase o 11 de novembro, desde as 00:00 até as 24:00 horas, coas adaptacións horarias previstas para as empresas con varias quendas e para os medios de comunicación.

ℹ️ https://i.gal/manis11N

🗓️Lista de mobilizacións para este 11 de novembro

📌VIGO: ás 12:00h. Cruzamento da Drobada
📌A CORUÑA: ás 12:00h. Praza de Vigo
📌CARBALLO: ás 12:00h. Praza do Concello
📌CEE: ás 12:00h. Praza 8 de Marzo
📌PONTEVEDRA: ás 12:00h. Praza da Ferrería
📌VILAGARCÍA: ás 12:00h. Casa do Mar
📌A ESTRADA: ás 12:00h. Praza do Mercado
📌COMPOSTELA: ás 12:00h. Praza Roxa
📌RIBEIRA: ás 12:00h. Mercado Municipal
📌FERROL: 12:00h. Local CIG (Avenida de Esteiro)
📌AS PONTES: 12:00h. Praza do Concello
📌LUGO: ás 12:00h. Edificio Sindical
📌BURELA: ás 12:00h. Local CIG (Arcadio Pardiñas)
📌MONFORTE: ás 12:00h. Praza de España
📌OURENSE: ás 11:00h. Edificio Sindical
📌O BARCO: ás 12:00h. Praza do Concello
📌VERÍN: ás 12:00h. Praza do Concello

Fronte a un escenario de regresión de dereitos e de empobrecemento salarial, a CIG Administración reunirá ás súas delega...
16/10/2026

Fronte a un escenario de regresión de dereitos e de empobrecemento salarial, a CIG Administración reunirá ás súas delegadas e delegados na Administración Pública o vindeiro 4 de novembro en Compostela para partillar as diversas reivindicacións nos diferentes sectores da nosa federación e afondar nas propostas para que o persoal empregado público poida mellorar as condicións nas que afronte a actual crise de carestía da vida. 💪🏻

O persoal dos sectores de Servizo de Axuda no Fogar, Educación Infantil de 0 a 3 nos, discapacidade, residencias e menor...
16/10/2026

O persoal dos sectores de Servizo de Axuda no Fogar, Educación Infantil de 0 a 3 nos, discapacidade, residencias e menores, unido para reclamar un sistema galego público de atención ás persoas, con salarios dignos e recursos suficientes pra garantir unha prestación de servizos de calidade.

Dirección

Rúa Do Hórreo, 63 - 15701 Santiago De Compostela
Santiago De Compostela
15701

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando CIG Administración Pública publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos