Ateneo de Pontevedra

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Ateneo de Pontevedra A pluralidade no espectro dos invitados e participantes asegura o rigor e a posibilidade de contrastar diferentes perspectivas sobre os temas abordados.

Ateneo de Pontevedra
Asociación cultural
Impulso e divulgación da cultura
Compromiso cos principios de liberdade, igualdade e solidariedade, ao servizo da cidadanía galega Ateneo de Pontevedra: referente cultural

O Ateneo é un referente na cidade de Pontevedra e as súas actividades están dirixidas a todas aquelas persoas interesadas polo desenvolvemento humano, social e cultural do noso tempo. Con máis de medio século de traxectoria (constitúese o 25 de outubro de 1965), as preocupacións e intereses que conforman a súa identidade reflíctense nos contidos dos actos incluídos na súa ampla programación anual. A actualidade e a historia conxúganse no foro ateneísta na análise da ideoloxía, política, historia, medio ambiente, paisaxe, urbanismo, educación, economía, literatura, artes plásticas, teatro, música, etc… nos formatos de presentacións de libros, conferencias, viaxes culturais, mesas redondas, cursos, obradoiros, concertos, representacións tetarais, festivais ou congresos. O Ateneo caracterízase por ceder a súa tribuna a palabras e opinións diferenciadas, sempre dentro das canles do mutuo respecto. Na súa dilatada historia, a asociación estivo presidida por personalidades relevantes da cidade de Pontevedra: Alfonso Zulueta de Haz, Antonio Alonso, Juan Vidal, Jesús Díaz Bustelo, Carlos Osorio, Antón Louro Goyanes, Carlota Román García, correspondendo a Presidencia actual a Jaime Domínguez Tojo.

🌰 𝗨𝗺 𝗮𝗻𝗼 𝗺𝗮𝗶𝘀, 𝗲 𝗷𝗮́ 𝘃𝗮𝗺 𝗰𝗶𝗻𝗰𝗼, 𝗣𝗼𝗻𝘁𝗲 𝗩𝗲𝗱𝗿𝗮 𝗮𝗰𝗼𝗹𝗵𝗲 𝗼 𝗠𝗮𝗴𝘂𝘀𝘁𝗼 𝗔𝘀𝘀𝗼𝗰𝗶𝗮𝘁𝗶𝘃𝗼!Um espaço onde o tecido associativo da cidade s...
30/10/2026

🌰 𝗨𝗺 𝗮𝗻𝗼 𝗺𝗮𝗶𝘀, 𝗲 𝗷𝗮́ 𝘃𝗮𝗺 𝗰𝗶𝗻𝗰𝗼, 𝗣𝗼𝗻𝘁𝗲 𝗩𝗲𝗱𝗿𝗮 𝗮𝗰𝗼𝗹𝗵𝗲 𝗼 𝗠𝗮𝗴𝘂𝘀𝘁𝗼 𝗔𝘀𝘀𝗼𝗰𝗶𝗮𝘁𝗶𝘃𝗼!

Um espaço onde o tecido associativo da cidade se une por umha causa justa. Este ano, todo o arrecadado irá destinado a apoiar as organizaçons que trabalham a pé de rua em Ceuta dando ajuda direta às pessoas migrantes.

Frente ao rascismo e ao espanholismo reacionário, a nossa resposta é clara: apoio mútuo, organizaçom e ternura entre os povos.

✊🏾 𝗚𝗮𝗹𝗲𝗴𝗮 𝗼𝘂 𝗲𝘀𝘁𝗿𝗮𝗻𝗴𝗲𝗶𝗿𝗮, 𝗮 𝗺𝗲𝘀𝗺𝗮 𝗰𝗹𝗮𝘀𝘀𝗲 𝗼𝗯𝗿𝗲𝗶𝗿𝗮!

Vemo-nos o 7 de novembro na Praça da Pedreira com castanhas de balde, chouriços, falafel, música e muita luita.

Nom faltes! 🪵🔥

𝐌𝐚́𝐢𝐬 𝐥𝐮𝐳 𝐬𝐨𝐛𝐫𝐞 𝐕𝐚𝐥𝐥𝐞-𝐈𝐧𝐜𝐥𝐚́𝐧Apoiándose nunha útil e moi reveladora escolla de imaxes, o profesor Pablo Landín e o xorna...
29/10/2026

𝐌𝐚́𝐢𝐬 𝐥𝐮𝐳 𝐬𝐨𝐛𝐫𝐞 𝐕𝐚𝐥𝐥𝐞-𝐈𝐧𝐜𝐥𝐚́𝐧

Apoiándose nunha útil e moi reveladora escolla de imaxes, o profesor Pablo Landín e o xornalista Ramón Rozas Domínguez ofreceron nova luz sobre a traxectoria e a repercusión nas letras españolas da figura de Ramón María del Valle-Inclán.

Foi nunha dobre charla na que o profesor se centrou no período que dá inicio en 1888, cando Valle comeza a publicar os primeiros artigos, contos e poemas, asinados de diferente xeito e con Barbey d’Aurevilly como principal referente, e remata en 1895 coa publicación, na imprenta pontevedresa de Andrés Landín, do libro que abre a súa prolífica carreira: Femeninas.

Pola súa banda, Rozas centrou o seu relatorio na conmemoración na nosa cidade, en 1966, do centenario do nacemento dun Valle que xa gozaba a aquela altura de universal recoñecemento. A homenaxe da Boa Vila tivo tres eixes, primeiro co re-bautizo do instituto Feminino como instituto Valle-Inclán, a seguir co ciclo de relatorios e a mostra bibliográfica que lle dedicou o Ateneo, que acababa de nacer, e finalmente cun suplemento completísimo do Diario de Pontevedra. Foron iniciativas nas que tiveron un papel preferente Antonio Odriozola e un Gonzalo Torrente Ballester que daquela exercía aquí como catedrático. E canda a deles, tamén foi decisiva a participacion de figuras como Conde Corbal, Filgueira Valverde, Luciano del Río, Ramón Peña ou Otero Pedrayo.

🧘 𝗣𝗿𝗼𝗴𝗿𝗮𝗺𝗮 𝗱𝗲 𝗶𝗻𝗶𝗰𝗶𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗮́ 𝗺𝗲𝗱𝗶𝘁𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 🧘‍♀️O Ateneo de Pontevedra, en colaboración co grupo “Meditación entre amigos”,...
29/10/2026

🧘 𝗣𝗿𝗼𝗴𝗿𝗮𝗺𝗮 𝗱𝗲 𝗶𝗻𝗶𝗰𝗶𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗮́ 𝗺𝗲𝗱𝗶𝘁𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 🧘‍♀️

O Ateneo de Pontevedra, en colaboración co grupo “Meditación entre amigos”, pon en marcha un programa de “𝗜𝗻𝗶𝗰𝗶𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗮́ 𝗺𝗲𝗱𝗶𝘁𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻”, coa idea de crear un punto de encontro para persoas que queiran adestrar a atención, entre outras habilidades cognitivas, e comprender mellor como sentimos, como pensamos e como actuamos.

▪︎ A actividade desenvolverase en 𝘮𝘰𝘥𝘢𝘭𝘪𝘥𝘢𝘥𝘦 𝘤𝘰𝘮𝘣𝘪𝘯𝘢𝘥𝘢 𝘷𝘪𝘳𝘵𝘶𝘢𝘭 𝘦 𝘱𝘳𝘦𝘴𝘦𝘯𝘤𝘪𝘢𝘭:

- as sesións de práctica meditativa diarias serán de forma virtual

- os encontros semanais (𝘭𝘶𝘯𝘴 𝘱𝘰𝘭𝘢 𝘵𝘢𝘳𝘥𝘦) serán presenciais.

O primeiro encontro será o 𝟵 𝗱𝗲 𝗻𝗼𝘃𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼.

Aínda quedan prazas!

Para máis información:
https://ateneodepontevedra.gal/encontros-meditacion/

Lembrade que hoxe temos una xornada en homenaxe a Valle-Inclán no seu aniversario da man de Pablo Landín e Ramón Rozas D...
28/10/2026

Lembrade que hoxe temos una xornada en homenaxe a Valle-Inclán no seu aniversario da man de Pablo Landín e Ramón Rozas Domínguez

Esperámosvos!

𝗢 𝘁𝗲𝘀𝗼𝘂𝗿𝗼 𝗱𝗼𝘀 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗼𝘀 𝗽𝗼𝗽𝘂𝗹𝗮𝗿𝗲𝘀A escritora, filóloga, investigadora e profesora Camiño Noia salientou a importancia para ...
27/10/2026

𝗢 𝘁𝗲𝘀𝗼𝘂𝗿𝗼 𝗱𝗼𝘀 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗼𝘀 𝗽𝗼𝗽𝘂𝗹𝗮𝗿𝗲𝘀

A escritora, filóloga, investigadora e profesora Camiño Noia salientou a importancia para unha cultura de manter e “mimar” o acervo da narrativa popular de transmisión oral.

Nun relatorio celebrado na biblioteca do instituto Valle-Inclán, a profesora remontouse á aparición na noite dos tempos dos primeiros contos de invención anónima a partir da realidade que lles tocaba vivir ás comunidades primitivas. Nun gran salto temporal, detívose logo nas coleccións do Decamerón, Canterbury ou o Conde Lucanor, aínda que fixo unha parada máis demorada na primeira e máis fiel sistematización do xénero, acometida xa no século XIX polos irmáns Jacob e Wilhelm Grimm.

A profesora lembrou que Galicia tardou en sumarse á recompilación dos seus contos populares, pero destacou a súa riqueza en cualidade e cantidade, e mais un rasgo case único no panorama mundial: a ausencia de misoxinia, que atribuíu a que moitos dos nosos contos tiveron que ser forzosamente obra de mulleres, dado que a lacra da emigración privaba o país dun gran continxente de homes.

A organización da conferencia de Camiño Noia, que rematou con animado coloquio, partillouna o noso Ateneo co Ateneo Atlántico de Vigo, e vai supoñer o inicio dunha futura colaboración máis estreita.

Visita cultural a PortoO Ateneo viaxeiro de outono levou unha boa representación de socias e socios ata a fundación Serr...
26/10/2026

Visita cultural a Porto

O Ateneo viaxeiro de outono levou unha boa representación de socias e socios ata a fundación Serralves, en Porto.

Alí, no museo de arte contemporánea construído por Álvaro Siza, puideron admirar a obra do tamén arquitecto Frank Gehry, nunha exposición que inclúe vídeos, planos, fotos e grandes maquetas das súas principais obras; entre elas, o museo Guggenhein de Bilbao.

Tamén puideron familiarizarse co traballo en múltiples formatos da artista Jenny Holzer, e mais coa pintura de Alice Neel nunha mostra antolóxica da súa obra, encadrada nunha figuración que atopa no retrato o seu mellor sinal de identidade.

A visita rematou cun paseo polo amplo e magnífico xardín de Serralves.

Lembrade que hoxe temos o relatorio "A tradición narrativa, onte e hoxe" coa filóloga Camiño Noia.Será ás 19:30 horas na...
26/10/2026

Lembrade que hoxe temos o relatorio "A tradición narrativa, onte e hoxe" coa filóloga Camiño Noia.

Será ás 19:30 horas na Biblioteca do IES Valle-Inclán, con entrada libre ata completar capacidade.

Non o perdades!

O labor como bibliotecaria de Mercedes Alsina ocupou a nova parada do noso ciclo Figuras Pontevedresas. No salón de acto...
22/10/2026

O labor como bibliotecaria de Mercedes Alsina ocupou a nova parada do noso ciclo Figuras Pontevedresas. No salón de actos da Biblioteca Pública de Pontevedra, da que ela mesma foi a súa directora, reuníronse o seu fillo Xavier del Valle-Inclán, a directora do Museo de Pontevedra, Ángeles Tilve, e a actual responsable da Biblioteca Pública de Pontevedra, Pilar Fernández Ruiz, para, entre os tres, trazar un perfil dese facer dende a súa meticulosidade como profesional, pero que nos levou tamén a percorrer outros espazos máis humanos da súa inesquecible personalidade. Xavier del Valle-Inclán fixo un percorrido pola súa vida, entre 1917 e 2012 e como tras aprobar as pertinentes oposicións comezou a ocupar diferentes cargos na Biblioteca de Huelva, na da Escola Naval de Marín e xa, de xeito definitivo, na Biblioteca Pública de Pontevedra que, antes da súa sede actual, estivo nos baixos do Instituto para pasar posteriormente ao singular edificio da coñecida Casa dos Fonseca. Aí desenvolveu un traballo polo que foi recordada á hora de poñer orde nos fondos variados dese centro, entre os que destacaban incorporacións como o fondo procedente da incautación polo Réxime Franquista dos libros de Castelao. A ese fondo adicou as súas palabras a directora do Museo de Pontevedra e excelente coñecedora da obra do de Rianxo, Ángeles Tilve, valorando como ese labor de Mercedes Alsina permitiu o seu mellor coñecemento e traspaso definitivo ao propio Museo de Pontevedra, xunto con outros elementos persoais e artísticos. Finalmente a directora actual da Biblioteca Pública, Pilar Fernández, lembrou os seus primeiros encontros coa súa antecesora, lembrando a súa personalidade e profesionalidade no traballo, xusto unhas horas antes de que o sábado 24 de outubro se celebre o Día das Bibliotecas, no que o exemplo de Mercedes Alsina aínda é hoxe toda unha referencia para os traballadores desa entidade.

–

Fotos: Rafa Fariña | Diario de Pontevedra

Lembrade que hoxe temos unha cita na Biblioteca de Pontevedra ás 19:00 horas para conversar e lembrar a Mercedes Alsina....
21/10/2026

Lembrade que hoxe temos unha cita na Biblioteca de Pontevedra ás 19:00 horas para conversar e lembrar a Mercedes Alsina.

No acto intervirán Xavier del Valle-Inclán Alsina, Ángeles Tilve Jar e Pilar Fernández Ruiz.

Entrada libre ata completar capacidade.

Esperámosvos!

Vender, alugar, mercar.Un debate entre Pepa Vázquez, coordinadora da asociación de inclusión social Boa Vida, e Javier G...
15/10/2026

Vender, alugar, mercar.
Un debate entre Pepa Vázquez, coordinadora da asociación de inclusión social Boa Vida, e Javier Garrido Valenzuela, presidente da Asociación de Promotores da Provincia de Pontevedra, baixo a moderación do xornalista Serxio Barral, converteuse no segundo dos encontros que baixo o título de 'A vivenda. Un dereito ou un imposible?' achegouse dende direrentes perspectivas e sensibilidades ao gran problema actual na nosa sociedade, como é o da vivenda, e a compatibilidade entre o acceso a un fogar digno por diferentes capas da nosa sociedade e a seguridade dos propietarios para o mantemento das vivendas e o pago dos alquileres cando estes se produzan.
As preguntas do Serxio Barral foron o pé preciso para que cada un deles expuxesen a súa visión desta situación, amosando dende a experiencia de Pepa Vázquez o seu traballo na consecución e mediación con propietarios para facilitar a relación entre ese propietario e un tipo de inquilino normalmente con moitos problemas para atopar eses espazos e para pagar o prezo acordado con ese dono. Javier Garrido quixo aludir ao tempo perdido ao longo dos últimos anos por parte das diferentes administracións á hora de activar a construción e a creación de vivendas de uso social, atopando unha pasividade administrativa dende o pasado que nos leva a un presente no que é imposible satisfacer esa demanda concreta, precisándose medidas e a activación que estamos vendo hoxe en día pero que será unha solución a medio e longo prazo.
A creación dun banco de vivenda en alugueiro ou unha bolsa de propietarios éticos, que miren máis alá do puramente especulativo, foron algunhas das propostas de Pepa Vázquez, mentres Javier Garrido reclamou unha maior imaxinación para actuar nesta problemática da vivenda con solucións máis acordes ao noso tempo e sendo o concepto de vivenda protexida algo a superar, así como a liberación de solo que permitiría unha baixada de prezos e unha maior facilidade nos prazos administrativos.
Como remate ambos atenderon ás cuestións propostas por un público que se amosou moi interesado polas palabras dos dous participantes nesta palestra que puxo final ao noso ciclo arredor da vivenda.

_

Fotos: Rafa Fariña | Diario de Pontevedra

Dirección

Pontevedra
36001

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Ateneo de Pontevedra publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Ateneo de Pontevedra:

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos