Asociación de Mulleres de Vilaboa

Cómo llegar

Asociación de Mulleres de Vilaboa Mulleres sumando na procura dun mundo no que todas as persoas teñan os mesmos DEREITOS.

📢 ¡Estimadas socias, a túa voz conta!Convocamos a todas as socias da Asociación Mulleres de Vilaboa a participar na nosa...
04/09/2026

📢 ¡Estimadas socias, a túa voz conta!

Convocamos a todas as socias da Asociación Mulleres de Vilaboa a participar na nosa vindeira Asamblea Extraordinaria.

Abordaremos cambios estruturais moi importantes para o futuro e a organización do noso colectivo. Trátase duns momentos clave nos que precisamos contar coa opinión, a visión e a intervención activa de cada unha de vós para seguir construíndo e decidindo xuntas o rumbo da asociación.

Detalles da convocatoria:

📅 Data: Xoves, 10 de setembro

⏰ Hora: 20:00 h.

📍 Lugar: Casa dos Montes (Santa Cristina de Cobres)

📞 Contacto: 613 85 68 85

A túa presenza e participación son vitais para tomar estas decisións colectivas. ¡Agardámosvos a todas!

22/07/2026

🌿 ¡OBRADOIRO DE PRANTAS MEDICINAIS EN VILABOA! 🌿

Queres aprender a descubrir os segredos que agocha a natureza e como aproveitar as propiedades das prantas para coidar da túa saúde? Esta é a túa oportunidade!

A Asociación de Mulleres de Vilaboa organiza un interesantísimo Curso de Prantas Medicinais, un espazo para aprender, compartir e conectar coa sabedoría tradicional e natural.

Toma nota dos detalles:

📍 Lugar: Casa de Montes de Santa Cristina de Cobres.
🗓️ Inicia: 3 de setembro 2026
🤝 Organiza: Asociación de Mulleres de Vilaboa, grazas ao impulso da Deputación de Pontevedra, da organización Máis Xuntas e ao apoio de Asociación Montes de Santa Cristina de Cobres

⚠️ ATENCIÓN: PRAZAS LIMITADAS!

Para garantir unha boa experiencia e a calidade do obradoiro, os cupos son reducidos. Non te quedes sen o teu!

👉 Como reservar? É imprescindible que cubras o formulario de inscrición o antes posible para asegurar a túa praza. Valor total do Curso 7€

Preme na ligazón qr para reservar o teu

Agardámoste para sementar coñecemento e recoller benestar! Non faltes! 💚

DeputaciónDePontevedra Obradoiros Natureza SaúdeNatural

23/06/2026

Compartimos un pequeno resumo da fermosa xornada que vivimos no Monte do Cabalo e na Casa de Montes de Santa Cristina de Cobres, un preludio perfecto para o solsticio de verán de 2026.

Grazas á organización da Asociación Mulleres de Vilaboa e á colaboración da Comunidade de Montes de Santa Cristina de Cobres, gozamos dunha tarde-noite máxica e chea de aprendizaxe con grandes profesionais.

Coas indicacións de Cintia Cabada fixemos unha observación solar e aprendemos a usar e identificar as lentes homologadas e seguras para os vindeiros eclipses, entendendo por que se producen estes fenómenos. Ademais, Cintia acompañounos durante a observación nocturna compartindo as fascinantes historias mitolóxicas agochadas tras as constelacións que admiramos.

Da man de Ana Ulla descubrimos o impacto negativo da luz branca e a contaminación ambiental, lembrándonos que ver as estrelas é un patrimonio e un dereito humano que debemos protexer e defender.

Con Benigno González viaxamos a través do ceo de verán e inverno para recoñecer as constelacións desde a nosa posición xeográfica. Tamén nos ensinou o uso do planisferio e agasallou con varios exemplares aos asistentes para que poidan seguir explorando o firmamento.

Unha actividade única onde a ciencia, a natureza e a veciñanza se uniron baixo o mesmo ceo. Grazas a todas as persoas que o fixeron posible!

Abriremos novo grupo!!! Grazas e Atentos.
18/06/2026

Abriremos novo grupo!!!

Grazas e Atentos.

🌌 OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA E CHOCOLATADA EN VILABOA 🌌Veciñas e veciños de Vilaboa, temos unha cita ineludible coas estrel...
11/06/2026

🌌 OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA E CHOCOLATADA EN VILABOA 🌌
Veciñas e veciños de Vilaboa, temos unha cita ineludible coas estrelas. A Asociación Mulleres de Vilaboa, en colaboración coa Fundación Ceo, Ciencia e Cultura, convídavos a participar nunha xornada astronómica moi especial para aprender, observar o firmamento e desfrutar en comunidade o vindeiro sábado 20 de xuño.

Horario e actividades da xornada:

Ás 21:00 h: Convocatoria de todas as persoas interesadas no aparcadoiro do campo de fútbol do Cabalo para subir xuntos ao miradoiro.

De 21:15 a 21:45 h: Realizaremos unha observación solar no miradoiro e practicaremos o uso correcto das lentes para o eclipse.

De 22:00 a 23:00 h: Trasladarémonos á Casa de Montes de Santa Cristina para a charla informativa sobre o vindeiro eclipse e o impacto da luz branca nos nosos bioritmos.

Contaremos coas explicacións de profesionais de máximo nivel: Ana Ulla e Cintia Cabada da Universidade de Vigo, e Benigno González da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura.

Ás 23:00 h: Volveremos subir ao miradoiro para facer a observación nocturna do firmamento e pechar a noite cunha deliciosa chocolatada.

⚠️ IMPORTANTE: Precísase inscrición previa

Para poder garantir unha correcta organización loxística do evento, especialmente para o cálculo do chocolate e os materiais, é fundamental que vos rexistredes previamente. Podedes facelo escaneando o código QR que aparece no cartel ou contactando a través do teléfono de información: 613 856 885

Non deixedes pasar esta oportunidade única de descubrir os segredos do universo sen saír de Vilaboa. Agardámosvos para partillar unha noite máxica baixo as estrelas. ✨🔭

https://forms.gle/JWxe1tK3ppMKtSX26

17/05/2026

🌿✨ Día das Letras Galegas 2026 ✨🌿

O vernes 15 de maio, o Local Social de Figueirido converteuse nun espazo de literatura, memoria e sororidade para celebrar o Día das Letras Galegas cunha homenaxe moi especial.

📖 Reunímonos para render tributo a Begoña Caamaño (1962–2014), escritora, xornalista e activista feminista, unha das voces máis valentes e comprometidas da nosa literatura en galego. Como parte do acto, realizamos a lectura dunha das cartas da súa novela Circe ou o pracer do azul (2009), deixándonos levar pola súa palabra viva, libre e chea de sensibilidade.

💛 Un momento que non podería ser máis especial sen a presenza de Mary López, que nos acompañou cunha emotiva e enriquecedora conversa sobre a obra e o legado de sua Nai. O libro “En casa de John Lennon”

🤝 Estamos enormemente agradecidas á participación e á asistencia de todas as persoas que encheron o Local Social de Figueirido co seu cariño e entusiasmo, e en especial á representación das tres asociacións de mulleres da comarca que fixeron deste acto un encontro de irmandade e cultura compartida:

🌸Mary por Asociación Mulleres Rurais do Verdugo

🌸Saída de Mulleres do Rural de Soutomaior

🌸 y la Asociación Mulleres de Vilaboa

Porque "a palabra compartida" é a ferramenta máis poderosa que temos as mulleres para construír o noso futuro.

Grazas a todas por estar aí, atentas aos proximos eventos e Boas Letras Galegas! 💙📚

26/04/2026

O pasado venres vivimos unha tarde máxica na Casa de Montes de Santa Cristina.

​Quince mulleres reunímonos para participar no curso de autoconocemento organizado pola Asociación de Mulleres de Vilaboa. Baixo a guía do psicólogo Manolo Castro, mergullámonos nunha dinámica profunda sobre a alma, chea de reflexións e deses momentos de luz que nos axudan a integrar as nosas luces e as nosas sombras.

​Queremos dar as grazas de corazón a Manolo Castro pola súa sensibilidade, á Asociación Montes de Santa Cristina por acollernos, a cada unha das participantes pola súa entrega e ao Concello de Vilaboa por axudarnos coa difusión.

​Seguimos medrando xuntas. Imos por máis e mellor cada día.

19/04/2026
💜 Vilaboa en marcha pola igualdade realHoxe, 8 de marzo de 2026, as mulleres da Asociación Mulleres de Vilaboa saímos á ...
08/03/2026

💜 Vilaboa en marcha pola igualdade real

Hoxe, 8 de marzo de 2026, as mulleres da Asociación Mulleres de Vilaboa saímos á rúa para sumar a nosa voz á marcha organizada por F.U.L.A.N.A.S. ✊✨

Non estamos aquí só por conmemorar unha data, senón para esixir esa igualdade real e vivida que as mulleres do rural e de toda Galicia merecemos. Porque o noso traballo, a nosa historia e o noso futuro non poden seguir á espera.

Por que marchamos hoxe?

* Polos nosos dereitos: Para que a conciliación sexa un feito, non un obxectivo.
* Pola nosa visibilidade: Porque o rural galego ten rostro de muller.
* Pola sororidade: Unidas a colectivos como F.U.L.A.N.A.S., somos unha forza imparable.

> "A igualdade non se herda, conquístase cada día nas rúas e nas casas."

Grazas a todas as veciñas que viñestes con nós. Hoxe Vilaboa latexa con máis forza que nunca. Seguimos adiante, porque o camiño faise camiñando xuntas! 👣💜

💜 Vilaboa en marcha pola igualdade realHoxe, 8 de marzo de 2026, as mulleres da Asociación Mulleres de Vilaboa saímos á ...
08/03/2026

💜 Vilaboa en marcha pola igualdade real

Hoxe, 8 de marzo de 2026, as mulleres da Asociación Mulleres de Vilaboa saímos á rúa para sumar a nosa voz á marcha organizada por F.U.L.A.N.A.S. ✊✨

Non estamos aquí só por conmemorar unha data, senón para esixir esa igualdade real e vivida que as mulleres do rural e de toda Galicia merecemos. Porque o noso traballo, a nosa historia e o noso futuro non poden seguir á espera.

Por que marchamos hoxe?

* Polos nosos dereitos: Para que a conciliación sexa un feito, non un obxectivo.
* Pola nosa visibilidade: Porque o rural galego ten rostro de muller.
* Pola sororidade: Unidas a colectivos como F.U.L.A.N.A.S., somos unha forza imparable.

> "A igualdade non se herda, conquístase cada día nas rúas e nas casas."

Grazas a todas as veciñas que viñestes con nós. Hoxe Vilaboa latexa con máis forza que nunca. Seguimos adiante, porque o camiño faise camiñando xuntas! 👣💜

Dirección

Pontevedra

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación de Mulleres de Vilaboa publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir