Anedia Galicia

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Anedia Galicia Asociación de Nenas, Nenos, Xente Nova e Adulta con diabetes de Galicia. Asociación de nenos e nenas con diabete de Galicia.

Dende Anedia traballamos para garantir a correcta atención a nivel educativo, laboral e sanitario das persoas con diabetes, prestando unha especial atención os máis novos. ANEDIA está integrada por un grupo de familias que vive coa diabete e que está preocupado por garantir a todos os nenos e nenas a correcta atención tanto a nivel educativo como sanitario, social,...

Que fai falta para seguir avanzando na atención á diabetes tipo 1?Investigación, innovación, tecnoloxía, atención sanita...
18/10/2026

Que fai falta para seguir avanzando na atención á diabetes tipo 1?

Investigación, innovación, tecnoloxía, atención sanitaria... pero tamén escoitar ás persoas que conviven coa diabetes cada día.

Por iso, en Medrando con Diabetes remataremos a xornada cunha mesa moi especial:

🎙️ "Do coñecemento á acción: avanzando na atención á diabetes tipo 1"

Un espazo de diálogo que reunirá a profesionais sanitarios, persoas investigadoras, representantes do SERGAS, da investigación europea e das persoas con diabetes para compartir visións sobre os retos e oportunidades que temos por diante.

Participarán:

🔹 Beatriz Mantiñán - Endocrinoloxía, Hospital Álvaro Cunqueiro
🔹 Iris Cabaleiro - Endocrinoloxía Pediátrica, Hospital Álvaro Cunqueiro
🔹 Paloma Cabanas - Endocrinoloxía Pediátrica, CHUS
🔹 Yolanda Moares - Servizo de Integración Asistencial e Innovación do SERGAS
🔹 Iria Gómez - Investigadora principal do CIMUS (USC)
🔹 Mónica Queipo - INNODIA
🔹 Mario Rivas - Psicólogo, enfermeiro e profesor da USC
🔹 María José Rego - Presidenta de ANEDIA

Porque coñecer os problemas é importante.

Pero transformalos en melloras reais para as persoas con diabetes é o que verdadeiramente marca a diferenza.

📅 24 de outubro
📍 CERSIA Empresas · Santiago de Compostela

✅ Actividade gratuíta
✅ Aberta a persoas con diabetes, familias, profesionais e público interesado
📞 Inscricións: 644 97 14 54 | 644 31 95 95

👧🧒 Ademais, os máis pequenos terán o seu propio espazo con Medrando Junior.

💙 Grazas a todas as empresas, entidades e institucións que fan posible Medrando con Diabetes 2026. O seu apoio convértese en coñecemento, investigación, innovación e oportunidades para as persoas con diabetes e as súas familias.

Air Liquide

Hai trece anos organizamos a primeira Carreira Solidaria ANEDIA na Praza de España de Pontevedra. Foi unha actividade si...
17/10/2026

Hai trece anos organizamos a primeira Carreira Solidaria ANEDIA na Praza de España de Pontevedra. Foi unha actividade sinxela, construída con toda a ilusión, o esforzo e o cariño das familias que querían dar visibilidade á diabetes tipo 1.

Ano tras ano fomos medrando. Sumáronse persoas participantes, voluntariado, entidades colaboradoras, clubs deportivos e familias chegadas de toda Galicia.

Hoxe, aquela pequena iniciativa converteuse na XIII Milla Solidaria ANEDIA - Móvete pola Diabetes, unha cita consolidada que une deporte, convivencia e solidariedade arredor da diabetes tipo 1.

Queremos seguir escribindo esta historia contigo, así que xa sabes, fai a túa inscripción!

✅ Probas populares en carreiras galegas
https://www.carreirasgalegas.com/events/xiii-mvete-pola-diabetes-milla-solidaria-anedia-pista/Blgd4zmL

✅ Probas federadas para atletas con licenza.

✅ Dorsal 0 para quen queira colaborar coa nosa causa.

Cada paso conta e cada dorsal suma!
Detrás destes trece anos hai varios miles de persoas camiñando por unha causa.

Unha proba gratuita grazas á colaboración a

Sabemos que o estrés, a preocupación, a ansiedade ou mesmo a ilusión poden influír na nosa glicemia. Pero... ata que pun...
16/10/2026

Sabemos que o estrés, a preocupación, a ansiedade ou mesmo a ilusión poden influír na nosa glicemia. Pero... ata que punto?

Na xornada Medrando con Diabetes contaremos con Mario Rivas, psicólogo, enfermeiro educador en diabetes e profesor do Grao en Enfermaría da USC (Campus de Lugo), que nos presentará os resultados do traballo que serviu de base á súa tese doutoral:

🕥 10:30 h 🎤 "Emocións, estrés e glicemia: cómo impacta o estado emocional"

Unha oportunidade única para comprender mellor a relación entre a mente e o control da diabetes, desde unha perspectiva científica pero tamén moi próxima á realidade das persoas que convivimos con ela cada día.

📅 24 de outubro 📍 CERSIA Empresas - Santiago de Compostela

✅ Actividade gratuíta ✅ Dirixida a profesionais, persoas con diabetes e familias ✅ Inscrición previa: 644 97 14 54 | 644 31 95 95

Porque entender a diabetes é tamén entender como nos sentimos. 💙

🚴💙 6.000 quilómetros. Miles de razóns para pedalear. E un corazón enorme.Este sábado, Juan Prieto   inicia unha aventura...
15/10/2026

🚴💙 6.000 quilómetros. Miles de razóns para pedalear. E un corazón enorme.

Este sábado, Juan Prieto inicia unha aventura extraordinaria: percorrer máis de 6.000 quilómetros en bicicleta, desde Romanía ata O Grove, para apoiar ás persoas con diabetes e ás súas familias.

Un reto deportivo impresionante, pero sobre todo un reto solidario que nace do compromiso, da empatía e das ganas de marcar a diferenza.

Ademais, a aventura arranca coa mellor das noticias: os primeiros 500 quilómetros xa contan con patrocinio solidario, demostrando que moitas persoas e entidades cren nesta iniciativa desde o primeiro momento.

Desde ANEDIA queremos dar as grazas a Pichi por levar a nosa causa por toda Europa, pedalada a pedalada, quilómetro a quilómetro.

💙 Porque cando unha persoa decide pedalear por miles, está axudando a avanzar a toda unha comunidade.

👉 Súmate ao reto: https://www.migranodearena.org/reto/kilometros-que-sanan

💙🚴‍♂️

As redeiras forman parte da historia de Galicia, pero non todas son para peixes.Neste caso esta rede está feita con moit...
11/10/2026

As redeiras forman parte da historia de Galicia, pero non todas son para peixes.

Neste caso esta rede está feita con moito traballo de moita xente.

Grazas infinitas!

El reconocimiento permitirá al hospital vigués participar en ensayos clínicos internacionales

11/10/2026

📣AVISO para toda a comunidade de diabetes tipo 1!!!

O 24 de outubro, terá lugar o MEDRANDO CON DIABETES, unha xornada aberta e gratuíta para todas as persoas con diabetes tipo 1 e as súas familias como para profesionais sanitarios, investigadores, estudantes e todas as persoas interesadas nesta realidade.

Porque a diabetes tipo 1 vai moito máis alá das consultas. Compartir experiencias, adquirir coñecementos e escoitar diferentes perspectivas é fundamental para seguir avanzando xuntos.

Nesta edición queremos poñer o foco en Galicia, no traballo dos equipos de pediatría e de adultos, nos datos que estamos a obter sobre a diabetes tipo 1 e nas oportunidades que ofrecen a investigación, a innovación e as novas tecnoloxías.

Falaremos tamén de benestar emocional, formación e autonomía, porque avanzar na atención á diabetes tipo 1 require coñecemento, colaboración e a participación de toda a comunidade.

🤝 Queremos que Medrando sexa un espazo para compartir, aprender e dialogar entre persoas con diferentes experiencias e coñecementos, pero cun obxectivo común: mellorar a atención e a calidade de vida das persoas con diabetes tipo 1.

📅 24 de outubro
💙 MEDRANDO CON DIABETES 2026
📍Edificio CERSIA Empresas. Santiago de Compostela
⌚De 10.30 a 13.30
👪Con xornada paralela para os máis pequenos.

Unha xornada para todas as persoas. Agardámoste!

Inscripcións na nosa web, no 644971454 ou ben no enlace directo de inscripción:
https://anedia.playoffinformatica.com/actividad/47/Medrando-con-diabetes-2026/


# diabetesgalicia

Asociación de Nenas, Nenos, Xente Nova e Adulta con diabetes de Galicia.
Dende Anedia traballamos para garantir a correcta atención a nivel educativo, laboral e sanitario das persoas con diabetes, prestando unha especial atención os máis novos.

Enseñar a un niño a cuidar su diabetes no significa dejarle solo con la responsabilidad.Nos preocupa escuchar cómo algun...
09/10/2026

Enseñar a un niño a cuidar su diabetes no significa dejarle solo con la responsabilidad.

Nos preocupa escuchar cómo algunas mutuas, como y determinados profesionales consideran autónomos a niños y niñas de apenas 10-12 años (o incluso menores) para gestionar su diabetes.

Nos preguntamos: ¿cómo puede considerarse plenamente autónomo a un menor de esa edad para tomar decisiones diarias complejas sobre una enfermedad crónica, cuando ni siquiera tiene capacidad para asumir por sí solo otras decisiones relevantes sobre su salud?

El reciente consenso internacional de la International Society for Pediatric and Adolescent Diabetes (ISPAD), la American Diabetes Association (ADA) y la European Association for the Study of Diabetes (EASD) defiende justamente lo contrario: una adquisición progresiva de responsabilidades, adaptada a la edad, la madurez y las circunstancias de cada persona, manteniendo siempre el acompañamiento de las familias.

Participar en el cuidado de la diabetes, aprender a contar hidratos, reconocer una hipoglucemia o manejar la tecnología son pasos importantes. Pero aprender no es asumir toda la responsabilidad.

La autonomía se construye poco a poco. La responsabilidad se comparte.

Porque un niño con diabetes tipo 1 necesita oportunidades para crecer, aprender y ganar confianza, pero la responsabilidad sigue siendo de los adultos que están estando ahí, enseñando, actuando y protegiendo.

Llamar autonomía a lo que en realidad es una transferencia prematura de responsabilidades no favorece el desarrollo del menor. Lo sobrecarga y todos conocemos las consecuencias.

Y no lo decimos nosotras, ojo, lo dicen las sociedades científicas: ADA (Americana), EASD (Europea) y la ISPAD (pediátrica).

Os dejamos el artículo para que le echéis un ojo, esto también se lo deberían leer en las mutuas y en el para pasárselo a la DGOSS, porque mientras no miramos algo está pasando y no es nada bueno, al menos en diabetes.

https://diabetesjournals.org/care/article/doi/10.2337/dci26-0097/172441/The-Transition-of-Youth-With-Diabetes-From

Uxía e Xosé Manuel estiveron con Manchi no    fai uns días.Manchí é un can adrestado dentro dun estudo pioneiro feito na...
08/10/2026

Uxía e Xosé Manuel estiveron con Manchi no fai uns días.

Manchí é un can adrestado dentro dun estudo pioneiro feito na por Teresa Martínez Ramonde e para detectar as hipoglicemias e as hiperglicemias das persoas con diabetes.

Esa tarde o programa foi de cans, porque os cans tamén poden ter distintos traballos nos que colaboran coas personas.

Se queredes velo, vos deixamos o enlace: https://www.agalega.gal/videos/detail/407849-tardep260926mp4

Un bico enorme para toda a familia humana de Manchi 💙💙💙

A investigación en diabetes tipo 1 é unha realidade que moitas veces queda oculta neste scroll infinito.Pero hoxe o Faro...
07/10/2026

A investigación en diabetes tipo 1 é unha realidade que moitas veces queda oculta neste scroll infinito.

Pero hoxe o Faro de Vigo adica unha páxina á investigación

https://www.farodevigo.es/sociedad/2026/10/07/espana-lidera-destacada-presencia-gallega-reclutamiento-pacientes-cura-funcional-diabetes-tipo-1-135061987.html

A presenza de España e de Galicia nun estudo internacional é unha gran noticia para toda a comunidade de diabetes.

Desde ANEDIA Galicia queremos felicitar a todos os participantes, clínicos e pacientes que participan nestes estudos, porque co seu compromiso contribúen a construír un futuro mellor para quen convive coa diabetes tipo 1.

E queremos invitarvos a participar o día 24 de Outubro na nosa xornada Medrando con Diabetes en Santiago de Compostela onde teredes máis información, teremos con nós a unha representante de INNODIA para contarnos ademáis como podemos participar directamente neste gran proxecto.

💙 Seguimos avanzando.



La investigación en diabetes tipo 1 es una realidad que muchas veces queda oculta en este scroll infinito.

Pero hoy Faro de Vigo dedica una de sus página a la investigación

https://www.farodevigo.es/sociedad/2026/10/07/espana-lidera-destacada-presencia-gallega-reclutamiento-pacientes-cura-funcional-diabetes-tipo-1-135061987.html

La presencia de España y de Galicia en un estudio internacional es una gran noticia para toda la comunidad de diabetes.

Desde ANEDIA Galicia queremos felicitar a todos los participantes, clínicos y pacientes que participan en estos estudios, porque con su compromiso contribuyen a construir un futuro mejor para quien convive con la diabetes tipo 1.

Y queremos invitaros a participar el día 24 de Octubre en nuestra jornada Creciendo con Diabetes en Santiago de Compostela donde tendréis más información, tendremos con nosotros a una representante de INNODIA para contarnos además como podemos participar directamente en este gran proyecto.

El mayor número de jóvenes recién diagnosticados presentes en este ensayo clínico europeo son españoles, pero todavía es necesario incorporar medio centenar para cubrir el cupo

Dirección

CASA AZUlica Calle Sor Lucía 4
Pontevedra
36002

Teléfono

+34644319595

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Anedia Galicia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Anedia Galicia:

Compartir