Asociación Pola Defensa da Ría

Asociación Pola Defensa da Ría Ecoloxismo

03/06/2026

Apuntate se podes e queres!

02/06/2026
02/06/2026

📢 O 14 de xuño temos unha cita na Illa de Arousa.

✊ Manifestación “Pola defensa do Ulla e da Ría de Arousa. Re-matemos Altri e a Mina de Touro-O Pino”

📍 Praia do Vao → Porto de Xufre

🌊 En defensa da Terra, do río e da ría.
💙 En defensa da vida.

25/05/2026
Mani-Festa polo arquivo de ALTRI e o peche de Ence, 24 de maio do 2026.Asociación Pola Defensa da Ría e Plataforma por u...
25/05/2026

Mani-Festa polo arquivo de ALTRI e o peche de Ence, 24 de maio do 2026.

Asociación Pola Defensa da Ría e Plataforma por unha Ulloa Viva levan ao centro de Pontevedra a protesta contra as celulosas

📷 Galería de fotos de Cristina Saiz do PontevedraViva

A APDR e a Plataforma Ulloa Viva organizan unha "mani-festa”, un acto de carácter festivo e reivindicativo co que pretenden combinar protesta e participación cidadá

25/05/2026

Manifestación en Pontevedra para expresar o rexeitamento ás celulosas de Altri e Ence. A marcha partiu pasadas as doce e media do mediodía da alameda de Pontevedra co lema 'Nin Ence na ría, nin Altri na Ulloa. Celulosas fóra!' 👉 https://tvg.gal/1birb1

25/05/2026

🔵MOBILIZACIÓN do DOMINGO 24 en Pontevedra con dous obxectivos claros:

A esixencia do ARQUIVO DEFINITIVO do proxecto de ALTRI na comarca da Ulloa e a esixencia do PECHE da Celulosa de ENCE en Lourizán. Unha mobilización á que quixemos darlle un carácter festivo, de celebración, porque temos cousas que celebrar!

Como saberedes, o Goberno español denegou a Subestación eléctrica para o proxecto de ALTRI, o que motivou o arquivo do proxecto pola Consellería de Industria da Xunta de Galicia. A perda da fonte de enerxía eléctrica presentada por ALTRI supón o decaemento do proxecto ao darse unha situación de “desaparición sobrevida do obxecto do procedemento”, unha situación que exime á Xunta da obrigatoriedade de resolver.

Esta nova situación do proxecto de ALTRI, é unha vitoria indiscutíbel do pobo galego, que expresou a súa vontade ao berro de ALTRI NON! Con efecto, nin a negativa á Subestación eléctrica por parte do Goberno do Estado, nin o arquivo do proxecto se terían dado nunha situación de desmobilización social.

En calquera caso, nós non podemos desligar a loita contra ALTRI da loita contra a celulosa de ENCE en Lourizán; ambas as dúas son parte dunha mesma loita, da loita contra a contaminación dos ríos e das rías, pola recuperación dos nosos recursos, da nosa economía e calidade de vida; son parte tamén da loita contra unha política forestal baseada na masiva eucaliptización do monte galego, unha política responsábel directa dos voraces incendios que asolan Galiza ano tras ano. Son parte, en definitiva, da loita pola defensa dun modelo económico diferente ao potenciado polo Partido Popular desde a Xunta de Galicia, da loita por un modelo de desenvolvemento sustentábel que prime a defensa do medio ambiente, dos nosos recursos naturais, do noso agro e dos nosos montes; un modelo que antepón os dereitos da cidadanía fronte aos intereses económicos das empresas multinacionais espoliadoras da nosa terra.

E temos tamén boas novas para a loita contra a presenza de ENCE na Ría. A Comisión Europea deunos a razón ao esixir ao Goberno español que adapte a Lei de Costas ás normas comunitarias no que ás prórrogas se refire. Como resposta, o Goberno elaborou un novo Regulamento da Lei que agardamos sexa aprobado en breve e que establece que as concesións en dominio público que poidan ser inundábeis (é o caso de ENCE) poderán ser revogadas e que ningunha concesión en dominio público poderá estenderse máis alá dos 75 anos, incluíndo as prórrogas neste prazo. Coa nova norma, que se poderá aplicar con efectos retroactivos, ENCE tería que abandonar Lourizán no ano 2033, podéndoselle revogar a concesión no caso de non aceptar a Empresa este novo prazo.

Ábrese pois un novo horizonte na loita pola desaparición da fábrica contaminante de ENCE da nosa Ría e das nosas vidas, un horizonte moito máis optimista que o que tiñamos uns meses atrás e que, ao noso entender, pode supor un xiro na batalla xudicial que temos emprendido contra a que consideramos inxusta sentencia do Tribunal Supremo. Con efecto, a modificación do Regulamento da Lei de Costas, pode incidir na resolución que adopte o Tribunal Constitucional ao respecto da nosa demanda de nulidade da sentencia do Alto tribunal, e aumentarían tamén as posibilidades de éxito nun hipotético recurso diante dos tribunais europeos.

Na APDR, sabemos das dificultades que todos estes procedementos implican e do xeito de actuar das distintas Administracións nestes casos. Sabemos que as cousas poden mudar dun día para outro pola complicidade das autoridades coas empresas contaminantes e ilegais, polo que chamamos a non baixar os brazos. Neste sentido, reiteramos a nosa firme decisión de continuar na loita ate que o proxecto de ALTRI nas “terras do medio” sexa enterrado definitivamente, e ate que a presenza de ENCE na nosa Ría sexa só un recordo dun pesadelo pasado.

Así pois, A LOITA CONTINÚA E O PECHE DE ENCE ESTÁ MÁIS CERCA.

25/05/2026

La organización cambia la marcha a la fábrica de Lourizán por una "mani-festa" y reivindica "el buen momento" de ambas luchas
👉 https://leer.laregion.es/tqrre1

Dirección

Rúa Dos Soportais Nº 9, 1º
Pontevedra
APDO.DECORREOS41436080PONTEVEDRA.

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Pola Defensa da Ría publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir