14/04/2026
🧡👏🏼👏🏼👏🏼
🚨 Atención, atención! 🚀 Chegou o día da entrega dos premios do Certame Enreguéifate! 🤩
🛸✨ A nave da regueifa aterrará o xoves, 16 de abril, ás 11:45 h no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra, onde haberá música, improvisación, risas e xogos para todas e todos!
🏅 Están convidadas persoas gañadoras do certame de regueifas e máis dunha vintena de colexios e institutos de toda Galicia.
🎙 Presentada por Séchu Sende, Manolo Maseda, Josinho da Teixeira, O Rabelo, Nuria das Cruces, Xairo d'Herbón, Cristian de Burela e Manuele Pardo.
👋 A gala estará interpretada a lingua de signos grazas á Organización de Diversidade Sensorial de Galicia.
🎶 Coa actuación musical da Orquestra da Regueifa e mais de xmaseda65!
💫🪐 Imos amosar ao mundo que os nosos 𝙫𝙚𝙧𝙨𝙤𝙨... son 𝙙𝙤𝙪𝙩𝙧𝙤 𝙪𝙣𝙞𝙫𝙚𝙧𝙨𝙤! 😉
..
, impulsado por Concello de Ames Concello de Arzúa Concello de Carballo Concello de Pontevedra Pazo de Raxoi Concello de Teo