Sociedade Micolóxica Lucus

Cómo llegar Página web

Sociedade Micolóxica Lucus La Sociedade Micolóxica Lucus es una asociación micológica, naturalista y cultural que cada año desarrolla un extenso programa de actividades en estos ámbitos.

Si te interesa hacerte soci@ de la SMLucus: http://www.smlucus.org/hazte-socio.html

Hoxe é o Día Internacional das Reservas da Biosfera. Dende a Sociedade Micolóxica Lucus levamos moitos anos estudando e ...
03/11/2026

Hoxe é o Día Internacional das Reservas da Biosfera. Dende a Sociedade Micolóxica Lucus levamos moitos anos estudando e divulgando a micobiota da Reserva da Biosfera Terras do Miño e próximamente poderemos contar para estes estudos cun novo e completo microscopio, un investimento subvencionado pola

Hoxe é o Día Internacional das Reservas da Biosfera e celebrámolo convidándovos a asistir á XXIV Exposición de Cogomelos...
03/11/2026

Hoxe é o Día Internacional das Reservas da Biosfera e celebrámolo convidándovos a asistir á XXIV Exposición de Cogomelos que organizamos o vindeiro domingo 8 de novembro de 11 a 14 h e de 16 a 20:30 h no Pazo de San Marcos (Rúa S. Marcos, 8 - Lugo). Descobre a enorme biodiversidade fúnxica que podemos atopar na contorna de Lugo e na nosa Reserva da Biosfera Terras do Miño!. Poderás ver, comparar e informarte dos cogomelos expostos, ver una exposición fotográfica sobre cogomelos, ollar cunha lupa binocular aqueles máis pequenos e moitas cousas máis . O acceso é libre e de balde. Actividade subvencionada pola

Mañá arrinca «Micoloxía e Natureza»Na Sociedade Micolóxica Lucus celebramos o noso 25° aniversario compartindo ciencia e...
29/10/2026

Mañá arrinca «Micoloxía e Natureza»

Na Sociedade Micolóxica Lucus celebramos o noso 25° aniversario compartindo ciencia e coñecemento.

Abrimos este ciclo con Marisa Castro, Ignacio García e Julián Alonso, membros da nosa asociación e referentes nos seus ámbitos de investigación e divulgación.

Unha oportunidade para achegarnos á ciencia da man de quen contribúe ao seu avance e comparte connosco o compromiso polo coñecemento e a conservación da natureza.

Venres, 30 de outubro, ás 20:00 h, no Pazo de San Marcos, Lugo. Agardámosvos!

A Sociedade Micolóxica Lucus, no marco da celebración do seu 25º aniversario, organiza este ciclo de conferencias aberto...
23/10/2026

A Sociedade Micolóxica Lucus, no marco da celebración do seu 25º aniversario, organiza este ciclo de conferencias aberto á cidadanía, que achega a Lugo voces de referencia, mesmo a nivel mundial, na investigación, conservación e divulgación da natureza en xeral e da micoloxía en particular.
Unha ocasión para afondar na importancia do respecto á natureza, da conservación da biodiversidade e dos efectos do cambio climático. Entrada libre e de balde, ata completar aforo. Coa colaboración da Deputación de Lugo, Reserva da Biosfera Terras do Miño, a parroquia San Froilán, a Escola Oficial de Idiomas de Lugo, a USC e Campus Terra.

A Sociedade Micolóxica Lucus colabora tecnicamente nas Xornadas que organiza Pía Paxaro.🗓️ 24 e 25 (sábado e domingo) de...
08/10/2026

A Sociedade Micolóxica Lucus colabora tecnicamente nas Xornadas que organiza Pía Paxaro.

🗓️ 24 e 25 (sábado e domingo) de outubro de 2026
📍 Punto de encontro: Estación Científica do Courel (Seoane do Courel)

PROGRAMA
🌳 Sábado: saída ao campo á procura de cogomelos (ruta de 3-4 km, apta para todas as persoas, con xantar de campo). Á tarde, explicación de especies, consultas e charlas micolóxicas. Á noite, cea tradicional opcional en Paderne (22 €).
⛰️ Domingo: ruta de 5-6 km guiada por Pía Paxaro e a AGCT entre bosques, plantas e etnografía. Fin aproximado: 14:30 h.

💶 PREZOS
▪️ 28 € adultos · 20 € nenos/as até 14 anos
▪️ Cea do sábado (opcional): 22 €/persoa (pago no restaurante)

INSCRICIÓNS · ata o venres 23 de outubro ou ata esgotar prazas na web https://piapaxaro.com/eventos/xiii-xornadas-micoloxicas-no-courel/

Prazas limitadas, por orde de inscrición. Adoitan esgotarse rápido, adiantádevos!

IMPRESCINDIBLE: calzado axeitado, roupa de abrigo e/ou de auga segundo o clima, e bocadillo, froita e auga para o xantar de campo do sábado 24.

Vinde pasar un fin de semana de cogomelos nas montañas do Courel.

Este ano quixemos organizar un curso totalmente práctico, desde cero: saída ao campo para coñecer os conceptos básicos e...
08/10/2026

Este ano quixemos organizar un curso totalmente práctico, desde cero: saída ao campo para coñecer os conceptos básicos e os cogomelos no seu hábitat, e obradoiro de identificación para resolver todas as dúbidas.

🗓 Sábado, 17 de outubro de 2026
🕙 10:00 – 14:00
📍 Punto de encontro: Fronte ao Colexio Galén (Rúa Xián 8, Lugo)
https://maps.app.goo.gl/Xw2veF7md944DXd48

Gratuito para socios/as · 5 € para non socios/as
Prazas limitadas, por estrita orde de inscrición.
Inscríbete en: https://forms.gle/KnJ28dSXE3CYBwQN8
Non fai falta cesta nin navalla, só roupa axeitada para saír ao campo.
Aprende a mirar o monte con outros ollos!

Mañá achégate ao local social para coñecer as diferentes especies de cogomelos que podes atopar na contorna. Trae a túa ...
27/09/2026

Mañá achégate ao local social para coñecer as diferentes especies de cogomelos que podes atopar na contorna. Trae a túa cesta de cogomelos, axudarémoste a identificalos!

Onte vivimos un día moi especial! Compartimos coa Asociación Cultural Castiñeiro Milenario e a AV O Castro un paseo mico...
21/09/2026

Onte vivimos un día moi especial!

Compartimos coa Asociación Cultural Castiñeiro Milenario e a AV O Castro un paseo micolóxico por unha contorna marabillosa e gozamos dun xantar de confraternización no que non faltaron grandes momentos.

E é que quedamos sen palabras ao recibir, con moita emoción, un agasallo da súa parte polo noso vixésimo quinto aniversario.

Grazas de corazón compañeiros e compañeiras de Castiñeiro Milenario. Esperamos celebrar convosco moitos máis!

Comezamos as actividades de outono!🍂🍄‍🟫🍄Se atopas algún cogomelo que non coñeces ou queres aprender sobre as especies qu...
13/09/2026

Comezamos as actividades de outono!🍂🍄‍🟫🍄
Se atopas algún cogomelo que non coñeces ou queres aprender sobre as especies que habitan na nosa contorna, ven ao local da Sociedade Micolóxica este luns de 20 a 21:30h. Recorda que é unha actividade para todo o mundo, sexas socio/a ou non. Descubre o Reino Fungi con nós!

Un ano máis repetimos o xa tradicional paseo micolóxico coa asociación Castiñeiro Milenario. O 20 de Setembro as 10 da m...
11/09/2026

Un ano máis repetimos o xa tradicional paseo micolóxico coa asociación Castiñeiro Milenario. O 20 de Setembro as 10 da mañá socias e socios das dúas asociacións gozaremos da natureza, o coñecemento sobre cogomelos e un xantar de confraternización. Convidamos a todas as socias e socios a participar.

Dirección

Casa Das Asociacións, Local Cero/Parque Da Milagrosa
Lugo
27003

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Sociedade Micolóxica Lucus publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir