23/10/2026
💖
Mercedes Rois é a fundadora de Raíces – Reconecta contigo, un espazo de benestar, creatividade e cultura que nace para axudarnos a parar, conectar coa natureza e, a través dela, reconectar con nós mesmas. 🌿
Doutora Enxeñeira de Montes e guía certificada de baños de bosque, une a súa ampla experiencia no ámbito forestal cunha maneira diferente de achegarnos aos nosos bosques e descubrir todo o que poden achegar ao noso benestar.
🌳 Os seus baños de bosque non son simplemente un paseo pola natureza. Son experiencias guiadas nas que os sentidos, a calma e o momento presente convídannos a observar, sentir e conectar coa contorna.
Neste vídeo acompañámola nun dos seus talleres de baño de bosque e lectura consciente, unha experiencia para facer unha pausa e desfrutar da natureza desde outra mirada. 🍃📖
👉 Podes coñecer máis sobre o seu proxecto en
Porque o talento das nosas socias tamén medra con raíces. 🙌🏻🌱