Afalu Alzheimer

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Afalu Alzheimer Asociación de Familiares y Enfermos de Alzheimer y otras Demencias Neurodegenerativas de Lugo (AFALU)

AFALU sigue trabajando diariamente en sus Unidades Terapeúticas y en los Centros de Día de Alzheimer de Lugo, Friol y Ourense

💜 Hai días nos que precisamos que nos sosteñan. En AFALU, aquí tamén coidamos de ti.Cando o alzhéimer ou outra demencia ...
03/11/2026

💜 Hai días nos que precisamos que nos sosteñan. En AFALU, aquí tamén coidamos de ti.

Cando o alzhéimer ou outra demencia chega a unha familia, xorden preguntas, preocupacións e novas necesidades. Saber onde acudir, comprender os cambios e contar con apoio profesional pode axudar a afrontar o día a día con máis información, ferramentas e acompañamento.

En AFALU traballamos para coidar das persoas con demencia e tamén das súas familias e persoas coidadoras:

🤝 Asesoramento, orientación e apoio para coñecer os recursos dispoñibles segundo as necesidades de cada familia.

📚 Formacións para comprender mellor a enfermidade, aprender pautas para os coidados e atender tamén ao propio benestar.

🫂 Grupos de apoio onde compartir experiencias, expresar preocupacións e atopar comprensión entre persoas que viven situacións semellantes.

💜 Atención psicolóxica para familiares e persoas coidadoras, cun espazo de escoita e apoio ante as dificultades emocionais que poden acompañar os coidados.

🌿 Atención ás persoas con alzhéimer e outras demencias mediante estimulación cognitiva individualizada, promoción da autonomía, rehabilitación funcional, actividades de socialización e outras intervencións adaptadas ás súas necesidades. Tamén ofrecemos atención individualizada e no domicilio.

Asociarse a AFALU é formar parte dunha rede de apoio e contribuír a manter os servizos e os recursos que acompañan ás persoas con demencia e a quen as coida. A túa colaboración axúdanos a seguir dando resposta ás necesidades das familias.

Dende 5 € ao mes, podes sumarte e apoiar este labor. Se precisas orientación, contacta connosco, escoitaremos a túa situación e informarémoste dos apoios que podemos ofrecerche.

Aquí tamén coidamos de ti. Porque quen coida tamén precisa coidados.

👉 Faite socio ou socia: https://afalu.org/hazte-socio/
📲 Información e cita previa: 607 843 384

02/11/2026

En AFALU desfrutamos do Samaín!

Despois de compartir con vós as manualidades e elaboracións que as persoas usuarias estiveron preparando con tanta ilusión, agora toca dar o último toque: decorar os centros!

Pouco a pouco, cada recuncho énchese do ambiente do Samaín grazas ao traballo, á creatividade e á participación de todos.
Ademais tamén nos puxemos mans á obra na cociña e elaboramos un delicioso biscoito de cabaza para celebrar o Samaín e, dunha maneira moi especial, o aniversario dunha das nosas usuarias.

Fixemos obradoiros de calacús e desfrutamos do acompañamento dunha boa merenda.

En tódolos centros de AFALU aproveitamos para g***r desta celebración tan especial, compartindo momentos, sorrisos e bos recordos!

30/10/2026

📦💛 Unha caixa chea de sorrisos e historias por contar… 💭✨

Hoxe os nosos usuarios convertéronse nos protagonistas dunha actividade moi especial: cada un colleu un papel dunha caixa que agochaba frases por completar e preguntas sobre as súas vidas. 📝🥰

Entre lembranzas, anécdotas, risas e algunha que outra sorpresa, fomos compartindo pequenos anacos das súas historias.

Porque ás veces só fai falta unha pregunta para abrir a porta a un recordo, debuxar un sorriso e crear momentos que quedan no corazón. 🫶🏻

Unha man que acompaña, unha palabra que tranquiliza ou quedar ao lado de alguén cando non sabemos que dicir. Hai xestos ...
29/10/2026

Unha man que acompaña, unha palabra que tranquiliza ou quedar ao lado de alguén cando non sabemos que dicir. Hai xestos que parecen pequenos e significan moito.

Desde onte, tras o accidente de tren de Urda, hai persoas atendendo os feridos, escoitando as familias e acompañando a quen está a vivir horas de medo, dor e incerteza. Nos hospitais, nos equipos de emerxencias, nos espazos de atención ás familias. Tamén nesas axudas que non saen nas noticias.

Hoxe, 29 de outubro, Día Internacional dos Coidados e do Apoio, queremos ter presentes a todas as persoas afectadas e a quen está a coidalas. Desde AFALU enviámoslles o noso apoio e o noso máis sentido pésame ás familias e ás persoas achegadas de quen perdeu a vida.

Cando falamos de coidar, falamos tamén disto. De atender unha ferida e de escoitar. De explicar con paciencia o que está pasando. De respectar un silencio e estar dispoñibles cando alguén nos necesita.

Na nosa asociación vivímolo cada día coas persoas con demencia e coas súas familias. Sabemos canto pode axudar sentirse escoitado, ter a quen acudir ou poder descansar un pouco porque outra persoa está aí.

Por iso hoxe queremos dar as grazas a quen coida. E lembrar que detrás dese traballo, sexa profesional ou na familia, hai persoas que tamén se cansan, sofren e necesitan apoio.

Quen coida tamén necesita ser coidado.

28/10/2026

En estos momentos de profundo dolor, nos unimos al duelo de las familias y deseamos una pronta recuperación a las personas heridas. Todo nuestro apoyo y solidaridad a quienes están sufriendo las consecuencias de esta tragedia.

28/10/2026

O Samaín xa está a chegar a AFALU! 💀🎃
Xa comezamos a preparar a decoración de Samaín nos distintos espazos de AFALU, con propostas cheas de cor e creatividade.
Estas son só algunhas das primeiras actividades decorativas. Nos próximos días iremos compartindo máis propostas e actividades que realizaremos coas persoas usuarias nos distintos lugares onde AFALU desenvolve a súa actividade.
Estade atentos e atentas ás nosas redes para ver todo o que estamos a preparar!

27 DE OUTUBRO | DÍA MUNDIAL DA TERAPIA OCUPACIONAL 🧩🦾✨ «A participación importa» ✨🧑‍⚕️ A Terapia Ocupacional é unha prof...
27/10/2026

27 DE OUTUBRO | DÍA MUNDIAL DA TERAPIA OCUPACIONAL 🧩🦾

✨ «A participación importa» ✨

🧑‍⚕️ A Terapia Ocupacional é unha profesión sanitaria fundamental para promover a autonomía, a funcionalidade, o benestar e a calidade de vida das persoas. 💜

🧠💪 Desde a rehabilitación física e funcional ata a estimulación cognitiva, a coordinación, a motricidade fina e o adestramento nas actividades da vida diaria, a Terapia Ocupacional acompaña as persoas no mantemento e na recuperación das súas capacidades. 🧩🤲🚶‍♀️

🧠💜 No ámbito das demencias e da enfermidade de Alzheimer, a Terapia Ocupacional contribúe a manter as capacidades preservadas, favorecer a orientación, estimular a memoria e promover a participación en actividades significativas, respectando sempre a historia de vida, os gustos e as necesidades de cada persoa. 🧩🧠💛

🤝✨ A través de actividades adaptadas, rutinas significativas e acompañamento individualizado, tamén se busca reforzar a identidade persoal, o benestar emocional e os vínculos sociais, favorecendo a calidade de vida das persoas e das súas familias. 💜🫂

💛 Os nosos terapeutas ocupacionais traballan cada día nos Centros de Día, na Unidade Terapéutica e nos nosos obradoiros, deseñando intervencións centradas en cada persoa, nos seus intereses, necesidades e obxectivos.

🏃‍♀️💪 Rehabilitación física e funcional.

🧠🧩 Estimulación cognitiva e mantemento das capacidades.

🤲👕 Autonomía nas actividades da vida diaria.

💜🧠 Acompañamento terapéutico nas demencias e na enfermidade de Alzheimer.

🤝💬 Participación social e inclusión.

🌱💛 Benestar emocional e envellecemento activo.

En AFALU seguimos apostando por unha atención centrada na persoa, que recoñeza as súas capacidades, respecte a súa identidade e cree oportunidades reais para participar. 💜💛

🫶 A participación importa. Cada persoa importa. Cada historia importa. Cada logro conta.

Feliz Día Mundial da Terapia Ocupacional 🧩!

🍂 Coidar no outono: novos ritmos, novas necesidadesCoa chegada do outono, os días acúrtanse e cambian as rutinas. Manter...
23/10/2026

🍂 Coidar no outono: novos ritmos, novas necesidades

Coa chegada do outono, os días acúrtanse e cambian as rutinas. Manter os vínculos, compartir actividades agradables e atopar tempo para descansar tamén forma parte de coidar. 💜

Na última semana de outubro, os grupos de familias de AFALU serán un espazo para falar destes cambios, compartir experiencias e buscar formas de previr o illamento, atendendo tanto ás persoas con demencia como a quen as coida.

📍 Onde nos atopamos?
• Centro de día de Lugo
• Casa Clara Campoamor, en Lugo
• Centro de día de Ourense
• Centro de Día de Friol
💻 Tamén online, para persoas asociadas.

📅 Consulta os días e horarios nos centros ou contacta connosco:
✉️ [email protected]
📞 607 843 384

Se es familiar ou persoa coidadora dunha persoa con demencia, animámoste a participar. Hai un lugar para as túas dúbidas, as túas experiencias e para ti.

Agardámoste! 🍁

Investigación e tecnoloxía ao servizo das persoas.Onte, varios profesionais do equipo técnico de AFALU asistiron ás V Xo...
23/10/2026

Investigación e tecnoloxía ao servizo das persoas.

Onte, varios profesionais do equipo técnico de AFALU asistiron ás V Xornadas Xustiza e Diversidade, celebradas no Vello Cárcere de Lugo e organizadas pola UNED Lugo e a Asociación Justicia y Diversidad. Baixo o lema «Justicia e Innovación Inclusiva», o encontro abordou a inclusión, os dereitos e as posibilidades das novas tecnoloxías para mellorar a autonomía persoal.

Foi especialmente significativo para nós escoitar a Sonia Valladares Rodríguez, profesora da Universidade de Santiago de Compostela, falar das súas investigacións sobre intelixencia artificial e apoio ás persoas maiores e ás persoas con deterioración cognitiva.

Na súa intervención compartiu unha das liñas de investigación na que colaboramos desde AFALU: o uso da realidade virtual para explorar a avaliación da fraxilidade motora e cognitiva. Como exemplo, presentou a experiencia desenvolvida na nosa Unidade Terapéutica Preventiva de Friol, con actividades lúdicas orientadas á avaliación cognitiva.

Grazas, Sonia, por compartir este traballo e contar con AFALU para seguir investigando. E grazas ás entidades organizadoras por crear espazos nos que aprender, compartir experiencias e avanzar cara a unha sociedade máis accesible e inclusiva.

Dirección

Avenida Infanta Elena, Nº 11 Casa Clara Campoamor, Local Nº 8
Lugo
27003

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Afalu Alzheimer publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Afalu Alzheimer:

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos