03/09/2026
🤝 ESPAZO SEGURO — por e para as familias
Hai conversas que só se poden ter con quen pasou polo mesmo. Por iso abrimos un espazo de encontro para as familias: para falar sen présa, para escoitarnos e para saber que non estamos soas nisto.
📅 12 de setembro
🕚 De 11:00 a 13:00 h
📍 Centro sociocultural do Concello de Friol
A entrada é libre. Se coñeces a algunha familia á que lle poida vir ben, comparte con ela esta publicación.
Programa de capacitación para a atención a nenos/as con TEA en ámbito rural da Federación Autismo Galicia, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia (0,7% do IRPF) e desenvolvido pola Asociación Capaces Lugo.