Ateibo Centro Xuvenil

Cómo llegar Página web

Ateibo Centro Xuvenil Un lugar de encontro e participación para infancia e mocidade en Lugo

🎉 SCAPE ROOM PARTY 🎉O pasado venres o IEF XUVENIL gozou da súa festa de inicio de curso.Este ano participaron nun Escape...
30/10/2026

🎉 SCAPE ROOM PARTY 🎉

O pasado venres o IEF XUVENIL gozou da súa festa de inicio de curso.

Este ano participaron nun Escape Room polo cole: tiveron que resolver enigmas, atopar pistas, averiguar códigos e conseguir chaves, todo a contra reloxo para ser o grupo máis rápido.

E, por suposto, non faltou a boa música e un bo picoteo.

Grazas a todos por vir e comezar o curso con tanta enerxía! ❤️

💜ACAMPADA ABERTA💚Seguimos coas novidades! Os próximos 30 e 31 teremos unha acampada no colexio. Non fai falla ser socio ...
19/10/2026

💜ACAMPADA ABERTA💚

Seguimos coas novidades! Os próximos 30 e 31 teremos unha acampada no colexio.

Non fai falla ser socio de Ateibo, só ter ganas de participar.

Acampada infantil: para nenos e nenas dende 1º de primaria ata 2º da ESO

Acampada Xuvenil: para rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO.

Agardámosvos!!

💚 Coñece ao equipo de Ateibo 💜Presentámosvos aos animadores e animadoras que formamos parte de Ateibo durante este curso...
16/10/2026

💚 Coñece ao equipo de Ateibo 💜

Presentámosvos aos animadores e animadoras que formamos parte de Ateibo durante este curso 26/27.

Ademais descubriredes quen estará en cada movemento.

Agardámoste os venres!

❤️ COMEZA O IEF XUVENIL ❤️O venres 23 teremos a festa de inicio de curso do IEF Xuvenil.Para rapaces e rapazas dende 3º ...
15/10/2026

❤️ COMEZA O IEF XUVENIL ❤️

O venres 23 teremos a festa de inicio de curso do IEF Xuvenil.

Para rapaces e rapazas dende 3º da ESO.

Agardámoste!!

❤️COMEZA O IEF XUVENIL❤️O venres 23 celebraremos a festa de inicio de curso do IEF Xuvenil.Para rapaces e rapazas a part...
15/10/2026

❤️COMEZA O IEF XUVENIL❤️

O venres 23 celebraremos a festa de inicio de curso do IEF Xuvenil.

Para rapaces e rapazas a partir de 3º da ESO.

Agardámoste!!

Xa queda menos para volver vernos todos os venres, recorrer historias, crear aventuras, disfrutar e caminar xuntos e xun...
09/10/2026

Xa queda menos para volver vernos todos os venres, recorrer historias, crear aventuras, disfrutar e caminar xuntos e xuntas.

Temos moitas ganas de volver vervos e de seguir construíndo xuntos esta casa, Ateibo.

💚 ATEIBO EMPEZA! 💜Con moita ilusión queremos presentarvos o inicio dun novo curso en Ateibo. Comezamos con esta xornada ...
02/10/2026

💚 ATEIBO EMPEZA! 💜

Con moita ilusión queremos presentarvos o inicio dun novo curso en Ateibo.

Comezamos con esta xornada de portas abertas chea de retos, xogos, premios e sorpresas.

Ven a coñecernos, descubrir todo o que facemos e saber como podes formar parte de Ateibo.

🗓️ 16 de outubro de 16:30 a 18:30
📍 Praza da Milagrosa

Vémonos alí 🫶🏻

💜💚 Isto é Ateibo 💚💜Isto é o que somos. E agora que comeza un novo curso, queriamos recordárvolo e, por suposto, animarvo...
25/09/2026

💜💚 Isto é Ateibo 💚💜

Isto é o que somos. E agora que comeza un novo curso, queriamos recordárvolo e, por suposto, animarvos a formar parte desta familia un ano máis.

Porque xa son 37 anos medrando xuntos, compartindo, aprendendo, xogando e facendo camiño.

Esta é a túa casa, agardámoste 😉

18/09/2026

Asemblea de animadores/as de inicio de curso 💜

O equipo de animación de Ateibo fomos a Herbón para preparar o curso 26/27, ter formacións, momentos de oración, coñecer a campaña pastoral deste ano e ter momentos de convivencia.

Véñense cousiñas, estades preparados/as para comezar??

❤️☀️ Así foron as Mañás de Verán de setembro ☀️❤️Do 31 de agosto ao 8 de setembro, os rapaces e rapazas máis pequenos pu...
11/09/2026

❤️☀️ Así foron as Mañás de Verán de setembro ☀️❤️

Do 31 de agosto ao 8 de setembro, os rapaces e rapazas máis pequenos puideron desfrutar das Mañás de Verán.

Foron uns días cheos de xogos, aventuras, obradoiros, excursións, auga e moito máis!

Os nenos e nenas convertéronse nunha auténtica academia de policía, onde cada día tiveron que desenvolver distintas habilidades para completar o seu adestramento.

Ademais, descubriron cousas sobre a cultura dos indios, aprenderon a orientarse polas estrelas e, sobre todo, a traballar en equipo.

Vémonos en Nadal, rapazada! ❤️

Dirección

Plaza De La Milagrosa 10
Lugo
27003

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Ateibo Centro Xuvenil publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir