02/10/2026
🏃♀️ O 18 de outubro, o Paseo Marítimo de O Burgo volverá encherse de deporte e solidariedade coa V Carreira e Andaina Solidaria polo Párkinson.
Organizada pola Asociación Párkinson Galicia-Coruña, xunto ao Concello de Culleredo e coa colaboración de Castelo Deporte e Castelo Conta, a xornada combinará unha carreira de 10 quilómetros cunha andaina de 4, nunha edición especialmente significativa para a asociación, que celebra os seus 30 anos en movemento.
Porque detrás desta mañá de deporte está o traballo dunha entidade que leva tres décadas acompañando ás persoas con párkinson, parkinsonismos e ás súas familias.
O domingo 18, O Burgo móvese por unha causa que merece que sigamos sumando 🌿
Castelo Deporte e Castelo Conta súmanse á V Carreira e Andaina Solidaria polo Párkinson, que o domingo 18 de outubro levará deporte, participación e solidariedade ao Paseo Marítimo de O Burgo.