02/11/2026
O mércores 4 de novembro ás 19:30 presentamos na Sala de vídeo dos Servizos Múltiples, no Burgo, o libro de Manuel Monge, Usted debería saber. La historia secuestrada de la monarquía. 90 años con Franco. A entrada é libre e agardámosvos.
O vídeo que vedes é un anaco da súa charla anterior connosco, na que lembraba o que di a lei: o artigo 44 da Lei 20/2022, do 19 de outubro, de Memoria Democrática, establece que o sistema educativo inclúa o coñecemento da memoria democrática e que se actualicen os contidos da ESO, o Bacharelato e a FP.
Pero a lei segue sen aplicarse como debería, tanto nos centros educativos como en tantos outros ámbitos da vida cotiá. E moitas veces segue sen recoñecerse ás vítimas, algo tan necesario para poder dignificalas.
Pensamos que a sociedade ten dereito, e tamén o deber, de coñecer a historia do país no que vive: o que foi a ditadura, a represión que sufriron tantas persoas, a herdanza que aínda hoxe temos e todo o que nos queda por avanzar. E que o profesorado necesita apoio, formación e materiais para poder contalo ben.
Por iso nos parece tan importante que haxa obras como a de Monge, que traen á luz información da que moitas veces non se quere falar nin lembrar, e por iso vos convidamos a participar na actividade deste mércores!
Lembrar para comprender. Comprender para dignificar.
Vémonos o mércores. 💙