Brexa Custodia do Territorio

Brexa Custodia do Territorio Entidade de Custodia do territorio.

09/06/2025

Estimado socio/a:
Como seguramente xa sabes levamos algún tempo traballando no proxecto dos Muíños do Casal e do Bordón.
Este é o primeiro proxecto no que temos terreos en propiedade polo que representa un gran paso para a Asociación Brexa.
Temos pensado facer unha presentación pública antes de fin deste ano pero pensamos que é oportuno que previamente as socias e os socios coñezan o proxecto de primeira man.
Por tal fin a xunta directiva decidiu convocar un encontro o día 15 de xuño, domingo.
O punto de encontro será no Centro Social de Ans as 10:30:
As 10:30 Teremos un pequeno almorzo é falaremos sobre o proxecto.
As 11:15 dirixirémonos ás parcelas polo camiño que abriu recentemente o Concello de Carral.
De 11:30 a 12:30 os asistentes poderán coñecer a fauna e flora da zona, facer unha pequena ruta ata ao Muíño do Bordón e/ou facer un traballo de eliminación de invasoras.
As 12:30 visitaremos outras parcelas que están dentro do proxecto ou se van incorporar proximamente.
A 13:00 regresaremos ao Centro Social onde tomaremos uns pinchos e remataremos a actividade.
Se vos é posible confirmar a vosa participación por mail, whatsapp ou chamando ao tlfno 698146685 indicando os número de acompañantes (indicar se son menores)
Un saúdo

Dirección

Carral
15175

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Brexa Custodia do Territorio publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Brexa Custodia do Territorio:

Compartir