Asociación Veciñal de Meirama

Asociación Veciñal de Meirama Somos veciñas/os de Meirama que buscamos o mellor para a nosa parroquia

Vémonos este sábado na andaina e posterior representación teatral!!Apuntádevos no enlace
16/06/2026

Vémonos este sábado na andaina e posterior representación teatral!!
Apuntádevos no enlace

🌿Dende a Asociación Veciñal Encrobas Viva queremos seguir abrindo camiños, compartindo encontros e enchendo de vida a nosa parroquia 🌿
Por iso, convidámosvos a participar na nosa 2ª Andaina “Abrindo Camiños”, o vindeiro 20 de xuño 🥾💚
📍 Saída ás 16:00 h do local social de Pontoxo
📏 Percorrido de 11 km
Ao rematar haberá uns petiscos para repoñer forza, e a representación da obra “Encrobas” presentada pola compañía Catro Gatos de Bergondo🎭
👉 Anótate no seguinte enlace:
https://forms.gle/Ydpo9Dpfat11pQDBA

23/04/2026
19/01/2026

🔌💧 O Concello apoia ás entidades veciñais e medioambientais contra o proxecto de central hidroeléctrica nas Encrobas.

O Concello de Oleiros apoia é entidade Salvemos Barcia-Xalo así como o recurso de alzada que presentou fronte á central hidroeléctrica de bombeo reversible en Meirama, á que a Xunta de Galicia lle outorgou unha concesión de aproveitamento hidroeléctrico por considerar o proxecto como “estratéxico”.

Repítese a historia tras case 50 anos: As Encrobas, en Cerdeda, protagonista dunha suposta operación económica disfrazada de proxecto xerador de enerxía renovable. A Xunta de Galicia avala o proxecto da empresa Coventina Renovables que pretende converter o lago das Encrobas nunha central hidroeléctrica de bombeo reversible cunha inversión de máis de 345 millóns de euros e 6 anos de obras, que causarán múltiples prexuízos a poboación limítrofe.

O proxecto é incompatible co uso da auga para o abastecemento da poboación, xa que esta estaría en continuo movemento entre o depósito superior de O Xalo e a lagoa das Encrobas, pasando polas turbinas como parte do ciclo de xeración eléctrica polo que non sería un recurso apto para a poboación.

O alcalde de Oleiros expresou o seu malestar con este proxecto xa que se está a enganar a poboación mantendo que se trata dun proxecto de enerxía renovable, cando en realidade todo apunta a un operación económica da que se beneficiarán uns poucos en detrimento da poboación de Cerdeda e dos concellos limítrofes: “En Meirama está previsto, no seu día, realizar un colector de unión coa rede de augas da Coruña que, en caso de haber problemas na Telva, teriamos a entrada de auga a través deste embalse, pero que se quere facer unha central hidroeléctrica de bombeo reversible que condenará á veciñanza da zona a 6 anos de obras, movementos de terra constantes e inseguridade”.

Desde o Concello de Oleiros apóiase ás asociacións veciñais e medioambientais que presentaron alegacións ao proxecto de Coventina Renovables, cuxa concesión foi asinada polo Xefe de Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro que supostamente, ten unha empresa ligada á empresa que explotará Meirama. “É gravísimo!” – manifestou o alcalde.

Nos obxetivos desta asociación está en intentar ser unha parroquia máis humana. E non só no sentido de crear comunidade,...
11/01/2026

Nos obxetivos desta asociación está en intentar ser unha parroquia máis humana. E non só no sentido de crear comunidade, nin en que a arquitectura sexa respectuosa coas persoas, senón que debemos tamén solidarizarnos, empatizar coa veciñanza que dende fai moitos anos teñen que facer malabares co seu día a día. Cando para a maioría de nós non nos supón, ningún sobresalto darlle a calquera botón ou interruptor da casa.

Los vecinos presentarán alegaciones por los apagones y las averías que sufren por la tensión | Lavadoras lentas, bombillas fundidas y electrodomésticos dañados son algunas consecuencias

02/01/2026

Hoxe ás 18.30 na escola unitaria de Meirama, recollida de sinaturas e alegacións para a Central Hidroeléctrica Reversible.

01/01/2026
Este venres día 2 de xaneiro estaremos na escola unitaria de Meirama con alegacións para asinar á central hidroeléctrica...
30/12/2025

Este venres día 2 de xaneiro estaremos na escola unitaria de Meirama con alegacións para asinar á central hidroeléctrica reversible. Contamos con Encrobas Viva, asociación veciña quen nos explicará nunha charla ás 18.30h máis polo miúdo a situación actual. E o sábado tamén estaremos na escola as 12.00h para continuar coa recollida de sinaturas.

Grazas a AELG por recoller o noso humilde magosto. Unha festa que todas celebramos con moitas ganas, ten pouco percorrid...
31/10/2025

Grazas a AELG por recoller o noso humilde magosto. Unha festa que todas celebramos con moitas ganas, ten pouco percorrido desde que o retomamos a asociación de veciñas, máis é certo que foi unha festa que se celebrou na parroquia. É fundamental o tempo e os espazos de encontro para crear un tecido san e forte. As que vivimos no rural, sabémolo ben, estamos en tempos de cambio. As aldeas e as súas casas volven a ser habitadas, xente nova, xente de fóra... Coñecer as tradicións e fundamental para manterse e perdurar no tempo. Estes encontros son fundamentais para establecer lazos e contacto coas persoas que compartimos espazo nun lugar que, por exemplo, chamase Meirama. Agradecidos e esperámosvos cunha presa de castañas.

Meirama, Cerceda: lectura pública no magosto veciñal: https://axendacultural.aelg.gal/2025/10/31/meirama-cerceda-lectura-publica-no-magosto-vecinal/

Dirección

Meirama
Cerceda
15188

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Veciñal de Meirama publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir