Alcer Coruña

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Alcer Coruña Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril da provincia da Coruña

- A Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril, Alcer Coruña, nace no 1976 co propósito de mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade renal. Nas súas orixes loitaba para que este colectivo tivese acceso a un tratamento de diálise, fundamental para a súa supervivencia. Anos despois, Alcer Coruña, traballando conxuntamente co resto dos alceres provinciais, convértese no principal precursor da actual Lei de transplantes. Hoxe en día, e unha vez superados aspectos de actuación sanitaria vital, Alcer Coruña é unha das entidades que máis claramente apostan por traballar optimizando os recursos sanitarios, baixo o convencemento de que a atención ás persoas con enfermidades crónicas non pode centrarse nos factores da enfermidade, senón que é necesario o desenvolvemento de redes de apoio psicosocial con áreas de actuación integrais no campo da asistencia sanitaria, a protección e o benestar social. Baseándose nestes principios, Alcer Coruña persegue asegurar a maior calidade de vida, participación e independencia posible nas persoas con ERC, transplantadas de órganos e familias en particular, e a todas as persoas cunha enfermidade crónica en xeral, a través da concreción das seguintes actuacións marcadas nolos seus estatutos:

*Actuacións:

- A asistencia e información ás persoas con enfermidade renal e outras doenzas descritas nos seus aspectos sanitario e social, especialmente no concernente á asistencia por facultativos e persoal sociosanitario especializados.
- A realización de todo tipo de accións de sensibilización e fomento da doazón de órganos e tecidos.
- A atención en procesos de rehabilitación psicosocial e inclusión laboral e social, das persoas con discapacidade xerada por doenzas crónicas susceptibles de transplante
- A promoción de servizos de atención á dependencia
- A execución de todas as actividades culturais, de lecer e deportivas que faciliten a participación e atención sociosanitaria do colectivo.
- O fomento da investigación dos problemas que suscitan as enfermidades de ril nos seus aspectos médico, asistencial e socioeconómico, así como da prevención das mesmas.
- A divulgación popular das necesidades deste colectivo, as súas posíbeis solucións, así como os seus múltiples aspectos sociais e xurídicos.
- A realización de actuacións encamiñadas ao fomento e participación de voluntariado.
- O establecemento de servizos propios de asesoramento laboral, educativo, social e psicolóxico, máis os que se crean necesarios para unha atención integral.
- A colaboración con todas aquelas persoas e entidades, públicas ou privadas, onde se realicen actividades que poidan conducir á consecución dos fins da asociación.

ℹ+ 𝗜𝗡𝗙𝗢 | Coñeces o Canal Senior da Asociacíon Galega de Asociacións de Universitarios Séniors?📎 Accede aos seus recurso...
02/11/2026

ℹ+ 𝗜𝗡𝗙𝗢 | Coñeces o Canal Senior da Asociacíon Galega de Asociacións de Universitarios Séniors?

📎 Accede aos seus recurso no seguinte enlace! 📲 https://fegaus.canalsenior.es/

📲 Chámanos se precisas máis información!

ℹ 𝗠𝗘𝗦𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔 | O 21 de outubro instalamos unha mesa informativa no Centro de Saúde do Concello de Carballo, no mar...
30/10/2026

ℹ 𝗠𝗘𝗦𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔 | O 21 de outubro instalamos unha mesa informativa no Centro de Saúde do Concello de Carballo, no marco do Programa Alcer 7 Vidas, para sensibilizar á poboación sobre a importancia de coidar a saúde renal e fomentar a doazón de órganos.

🩺 Durante a xornada, informamos sobre como ter hábitos de vida saudables e a revisión periódica da nosa saúde poden contribuír na detección da enfermidade renal crónica.

💚 Tamén puxemos o foco na importancia da doazón de órganos e no impacto que ten na vida das persoas que precisan dun transplante.

🧡 Axudounos a desenvolver a actividade a voluntaria da entidade Olalla Castiñeiras, transplantada de ril.

29/10/2026

ℹ 𝗘𝗡𝗤𝗨𝗜𝗦𝗔 | Desde IKCC solicitan a colaboración de persoas que tivesen ou teñan un diagnóstico de cancro renal para cubrir a seguinte enquisa.

🩺 Coa vosa colaboración poderase recoller información que reflexe a realidade do colectivo e elaborar desta maneira programas formativos, de concienciación e defensa que respondan ás realidades do colectivo.

📎Accede no seguinte enlace: https://acortar.link/8hNUzZ

2026 International Kidney Cancer Coalition Global Patient Survey on Kidney Cancer and Growths

💚 𝗦𝗘𝗡𝗦𝗜𝗕𝗜𝗟𝗜𝗭𝗔𝗡𝗗𝗢 𝗡𝗔 𝗨𝗗𝗖 𝗗𝗘 𝗙𝗘𝗥𝗥𝗢𝗟 | O día 14 estivemos impartindo un obradoiro sobre hábitos de vida saudables, a preven...
28/10/2026

💚 𝗦𝗘𝗡𝗦𝗜𝗕𝗜𝗟𝗜𝗭𝗔𝗡𝗗𝗢 𝗡𝗔 𝗨𝗗𝗖 𝗗𝗘 𝗙𝗘𝗥𝗥𝗢𝗟 | O día 14 estivemos impartindo un obradoiro sobre hábitos de vida saudables, a prevención da enfermidade renal e a doazón de órganos ao alumnado de 2º curso e Grao de Enfermaría da Universidade da Coruña, no Campus de Ferrol.

👥 Contamos cunha participación de preto de 70 persoas.

🧡 Un dos momentos máis enriquecedoras foi o testemuño de Gumer e Juan, voluntarios da entidade (Juan tamén é vogal da Xunta Directiva), que compartiron a súa experiencia convivindo coa enfermidade renal e nos diferentes tratamentos renais sustitutivos. Ambos permitiron achegar ao alumnad unha perspectiva mási humana e real da enfermidade, a diálise e o transplante.

🗞 A actividade tamén foi recollida nos medios 📎 https://acortar.link/E0nWzq

Afectados por enfermedades renales contaron sus experiencias y se abordó la Ley de Trasplante, entre otros temas

🗣 𝗢 𝗧𝗘𝗦𝗧𝗘𝗠𝗨Ñ𝗢 𝗗𝗘 𝗠𝗔𝗡𝗨𝗘𝗟 | Onte saia na prensa Manuel González, usuario de Alcer Coruña en tratamento de diálise peritone...
27/10/2026

🗣 𝗢 𝗧𝗘𝗦𝗧𝗘𝗠𝗨Ñ𝗢 𝗗𝗘 𝗠𝗔𝗡𝗨𝗘𝗟 | Onte saia na prensa Manuel González, usuario de Alcer Coruña en tratamento de diálise peritoneal que conta a súa vivenza.



El paciente Manuel González cuenta que, desde que le detectaron enfermedad renal crónica, se ha acostumbrado a esta terapia domiciliaria; tratamiento que respalda el nefrólogo Miguel Pérez como forma de autocuidado para quienes lo sufren

27/10/2026

👥 ENCONTRO DE FAMILIAS MEDRO CON ALCER 2026

📍 Os días 23, 24 e 25 de outubro, a Federación ALCER Galicia celebrou o Encontro de Familias Medro con ALCER 2026 na Residencia de Tempo Libre de Panxón, no concello de Nigrán, dirixido a menores con enfermidade renal crónica (ERC) e ás súas familias.

💚 O encontro foi inaugurado por Jacobo Rey, director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, e Juan González, alcalde de Nigrán. A iniciativa enmárcase no Programa Medro con Alcer, que conta co apoio e financiamento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia, así como coa colaboración do Concello de Nigrán.

🗣️ O encontro contou coa participación da Dra. Gema Ariceta, especialista en nefroloxía pediátrica do Hospital Vall d’Hebron de Barcelona, que abordou os retos que supón convivir coa enfermidade renal crónica na infancia, o seu impacto nas familias e a importancia dunha transición progresiva á atención sanitaria de adultos. Ademais, durante a fin de semana compartíronse espazos de convivencia, aprendizaxe e apoio psicosocial entre as familias participantes.

💙 Desde ALCER Galicia agradecemos a colaboración das institucións e a participación de todas as familias que fixeron posible este encontro.


Alcer Coruña
Alcer Lugo
Asociación Alcer Ourense
Alcer Pontevedra

16/10/2026
🎭 𝗘𝗩𝗘𝗡𝗧𝗢 𝗦𝗢𝗟𝗜𝗗𝗔𝗥𝗜𝗢 | 𝗠𝗢𝗡Ó𝗟𝗢𝗚𝗢 «Á 𝗖𝗔𝗜𝗗𝗔»💚 A xira de monólogos cítanos este venres 16 de outubro ás 21:00 en Concello de O...
13/10/2026

🎭 𝗘𝗩𝗘𝗡𝗧𝗢 𝗦𝗢𝗟𝗜𝗗𝗔𝗥𝗜𝗢 | 𝗠𝗢𝗡Ó𝗟𝗢𝗚𝗢 «Á 𝗖𝗔𝗜𝗗𝗔»

💚 A xira de monólogos cítanos este venres 16 de outubro ás 21:00 en Concello de Outes!

🎭 Ademais, serán as persoas encargadas de abrir o acto protagonizado por Pepo Suevos a actriz Patricia Calo e o actor Alfredo Saborido.

💚 Convidámoste a vir coa túa familia ou amizades e g***r dunha noite diferente na que o humor e a solidariedade irán da man para apoiar a doazón de órganos. Porque rir tamén pode axudar a salvar vidas! 😉

📅 Venres 16 de outubro de 2026
🕘 21:00 h
📍 Casa da Cultura de Outes
🎟️ Donativo: 10 €

💚 Como podes colaborar?
📧 Reservando a túa entrada en [email protected]
📞 Chamando ao 670 33 90 66
💸 A través de BIZUM, coa nosa Fila 0 e o código 05242.

Agardámoste para compartir unha noite de humor, solidariedade e compromiso coa doazón de órganos. 💚

💰🗣️ 📣 O Servizo de Información e Orientación Social volve a ser financiado, un ano máis, polo Concello da Coruña.ℹ️ Esta...
09/10/2026

💰🗣️ 📣 O Servizo de Información e Orientación Social volve a ser financiado, un ano máis, polo Concello da Coruña.

ℹ️ Esta axuda económica permítenos manter o servizo de atención a persoas con enfermidade renal e familiares de todas as persoas diagnosticadas desta doenza que residen no concello.

🙌 Grazas!

ℹ+ 𝗜𝗡𝗙𝗢 | Bono taxi para persoas empadroadas no Concello da Coruña!❗Prazo aberto ata o 09/11/2026! 📲 Chámanos se precisa...
08/10/2026

ℹ+ 𝗜𝗡𝗙𝗢 | Bono taxi para persoas empadroadas no Concello da Coruña!

❗Prazo aberto ata o 09/11/2026!

📲 Chámanos se precisas máis información!

Dirección

Rúa San Andrés, 36 (Círculo De Artesáns)/DIRECCIÓN TEMPORAL
A Coruña
15006

Horario de apertura

Lunes 10:00 - 13:30
Martes 10:00 - 13:30
Miércoles 10:00 - 13:30
Jueves 10:00 - 13:30
Viernes 10:00 - 13:30

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Alcer Coruña publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Alcer Coruña:

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos