Galiza Cultura

Cómo llegar Página web

Galiza Cultura Páxina da Federación de Asociacións Cultural GALIZA CULTURA

'Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete' continúa as súas representacións programadas por Galiza Cultura polo país log...
29/10/2026

'Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete' continúa as súas representacións programadas por Galiza Cultura polo país logo da súa primeira representación en Ferrol.

Esta fin de semana A Coruña, O Carballiño e Gondomar collen a remuda de Ferrol a celebrar o Samaín, o Día de Defuntos e a vixencia de Castelao.

A adaptación de Lucho Penabade para este 31 de outubro e as lecturas programadas do domingo 1 de novembro, da man do tecido asociativo cultural do país, poñen de manifesto a demanda dunha programación cultural alternativa ás modas importadas e a viveza da celebración dos nosos costumes culturais.

Logo de se celebrar este mércores 28, no teatro Xofre de Ferrol, a primeira das representacións que a Federación de asociacións culturais Galiza Cultura ten programadas para celebrar este ano as datas do Samaín e o Día de Defuntos, a adaptación, baixo dirección de Lucho Penabade e interpretada polo elenco afeccionado da Asociación "Agrupación Cultural O Galo" e Asociación Cultural e Musical Solfa fará o propio no Auditorio do Centro Ágora este sábado 31 a partir das 19.30 horas.

A peza, un pequeno relato costumista escrito por Castelao e publicado na editorial Céltiga en 1922, percorre as relacións sociais establecidas nun camposanto, no alén, vistas a través dun ollo de vidro que un dos mortos levou consigo, establecendo paralelismos moi semellantes á sociedade dos vivos. Non é casual que a Federación Galiza Cultura escolleramos esta obra teatral pois o que no seu día Castelao poñía en evidencia no texto, unha reflexión crítica na defensa da lingua e dos costumes propios, a denuncia das situacións de desigualdade e a nítida exposición da loita de clases, a crítica social e as relacións de poder, son moi semellantes á situación actual no país.

Con todo, Galiza Cultura tamén reivindica, con esta actividade o Samaín como legado vivo da nosa cultura, celebración milenaria do paso estacional que supón o remate da época do verán cara o outono facendo, despois da representación na Coruña, un magosto popular para todas as persoas asistentes.

Do mesmo xeito, as actividades continúan o domingo día 1, nas que terá lugar, noutras dúas localidades do país, O Carballiño e Gondomar, senllas lecturas.

No Carballiño, da man da Agrupación Cultural Avantar tense organizada a lectura da obra a partir das 13 horas na Praza Maior, realizando ao final do evento o sorteo dun lote de libros. E en Gondomar, organizado pola A. C. Centáurea, desde as 19 horas, na Praza das Escolas Vellas (fronte a Casa da Cultura), farase o propio coa celebración dunha chocolatada final.

Porén, o ronsel de actividades das representacións dramatizadas e lecturas da obra de Castelao non rematará na fin de semana pois a Federación, e coa colaboración da Asociación veciñal Agra do Orzán, Alexandre Boveda, A.C. Tempo Novo, A A.C. Facho e ACLP Roxín Roxal tamén ten previsto celebrar a cargo do seus grupos de teatro amador representacións o domingo 8 de novembro, ás 18 horas, no Centro Social da Rúa, cedido polo Concello de Miño e o venres 13 de novembro, ás 20 horas, no Salón de Plenos do Concello de Sada, ademais de estar en planificación outra lectura máis, desta volta organizada pola Ac Auriense, na propia cidade de Ourense para o sábado 14.

Desde a Federación poñemos en destaque que esta cuarta edición supón un paso adiante na formulación desta actividade pois a súa organización durante os últimos meses implicou a máis dun cento de persoas de todas as entidades colaboradoras amais de nos achegar a máis dun milleiro de persoas coas estas escenificacións, que son totalmente de balde e abertas a todas aquelas persoas que queiran participar.

O desenvolvemento deste proxecto conta co apoio financeiro do Programa FO203 de subvencións a entidades sen fins de lucro da Cultura da Deputación da Coruña para o ano 2026.

Castelao e o Samaín volven neste Día de Defuntos da man de Galiza CulturaCelebramos un ano máis a festa popular do Samaí...
27/10/2026

Castelao e o Samaín volven neste Día de Defuntos da man de Galiza Cultura

Celebramos un ano máis a festa popular do Samaín recuperando a pequena peza teatral creada por Castelao 'Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete' con representacións dramatizadas e lecturas ao longo do país

Ferrol, A Coruña, O Carballiño, Gondomar e Miño serán os escenarios da presentación das distintas actividades organizadas que este ano se prolongarán desde este mércores día 28 de outubro até o domingo día 8 de novembro

Por cuarto ano consecutivo a Federación, a través da súa rede de asociacións e entidades federadas, organiza representacións e lecturas dramatizadas deste pequeno texto escrito por Castelao e publicado na editorial Céltiga en 1922.

Desta forma, conformamos este evento como unha actividade tradicional, de carácter nacional, na que involucramos a máis dun cento de persoas na súa organización e nos achegamos a máis dun milleiro de participantes nas representacións polo país, sendo xa un referente da actividade cultural a esta altura do ano. E como en anos anteriores, amplíamos a súa axenda de escenifiacións, desta volta estreando, na xeira programada de eventos, na localidade de Miño.

Outra forma de celebrar estas datas, alonxándomonos da cultura do consumo e exportacións doutras tradicións adoptadas por modas, a través da recuperación das propias, como o Samaín, e poñendo o foco en toda a mística acubillada na nosa cultura arredor do Día de Defuntos, coa popularizando deste texto de Castelao de hai máis de cen anos, ademais de ter un abondoso público tamén constitúe unha ferramenta didáctica imprescindíbel para comprender as similitudes que a sociedade actual ten coa de principios do século XX.

Asemade, a obra, un relato místico que describe unha sociedade de ánimas no alén co escenario de fondo dun camposanto e o seu decorrer cotiá, é a metáfora empregada para describir á sociedade galega na que vivía Castelao e narrada desde a perspectiva dun defunto grazas a un ollo de vidro convertido nun instrumento que serve coma un visor da súa mortaldade nunha simulada continuación da vida. Con esta crónica do día a día das ánimas e de como se establecen as relacións no camposanto, logo de lles chegar a morte, Castelao fai unha descrición social e política, das grandes inxustizas sociais, das relacións de clase e das profundas desigualdades económicas que existían na Galiza de principios do século XX. Mediante esta metáfora, Castelao elabora un relato costumista e conéctao directamente cun dos nosos acervos culturais máis arraigados: a relación cos nosos defuntos e a cultura ao redor da morte. É un relato que hoxe en día segue vixente para describir á sociedade actual e que amosa o amplo e profundo coñecemento que Castelao posuía do país.

Con todo, as representacións non poderían realizarse se non é grazas a coordinación e participación das entidades Asociación veciñal Agra do Orzán, Alexandre Boveda, AC O Facho, A.C. Tempo Novo, da Coruña; ACLP Roxín Roxal de Paderne; a Asociación "Agrupación Cultural O Galo", Asociación Cultural e Musical Solfa, de Santiago de Compostela; a SC Medulio de Ferrol; A. C. Centáurea de Gondomar; e a Agrupación Cultural Avantar do Carballiño. Todas achegando desinteresadamente persoas e meses de traballo e preparación para garantir este ronsel de actividades a comezar desde este vindeiro mércores día 28.

Así, a primeira actividade consistirá na representación teatral que os grupos de teatro amador da AC O Galo e a AC e M Solfa, baixo a dirección de Lucho Penabade, realizará na cidade de Ferrol, no teatro Xofre, a partir das 20 horas, coa organización da SC Medulio.

O mesmo elenco, tres días máis tarde, o sábado día 31, a partir das 19.30 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural Ágora, na cidade da Coruña, volverán facer a representación, desta volta baixo organización das entidades AVCD e R Agra, AC Alexandre Bóveda, AC O Facho, AC Tempo Novo, todas elas da cidade, e celebrándose ao remate un pequeno magosto para as persoas asistentes.

A remuda de actividades será collida ao día seguinte, domingo día 1 de novembro, nas localidades do Carballiño e Gondomar. Respectivamente serán, a AC Avantar a que organice, a partir das 11 horas, unha lectura da obra para ao seu remate realizar o sorteo dun lote de libros entre as persoas asistentes; e a AC Centaura, tamén cunha lectura dramatizada a partir das 19 horas, na praza das Escolas Vellas (fronte a Casa da Cultura) cunha merenda a base de chocolate con churros ao remate representación.

E para baixar o pano a esta xeira de eventos, o domingo 8 de novembro ás 18 horas, coa organización da ACL de Paderne Roxín Roxal, e a actuación do grupo de teatro da AVCD e R Agra, e colaboración de AC Alexandre Bóveda, AC O Facho, AC Tempo Novo, da Coruña, terá lugar a representación de 'Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete' no Centro social A Rúa, de Miño.

Por último, a Federación Galiza Cultura quere por en destaque que todas estas actividades son de balde e abertas ao público e até completar o aforo, tanto no Teatro Xofre, de Ferrol, como no Auditorio do Centro Sociocultural do Ágora, como no Centro Social A Rúa de Miño.

Estas actividades lévanse a cabo grazas ao Programa FO203 de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2026 da Cultura da Deputación da Coruña

Hoxe comezaron as actividades do 50° aniversario dunha das nosas entidades fundadoras, a Alexandre Boveda, coa inaugurac...
23/01/2026

Hoxe comezaron as actividades do 50° aniversario dunha das nosas entidades fundadoras, a Alexandre Boveda, coa inauguración da exposición 'Memoria, Cultura, País: Medio século de ACAB'.
O seu local ateigado deu mostra da importancia e o cariño que se lle ten na Galiza.
Hoxe en día a ACAB, como popularmente se lle coñece, é entidade de referencia da cidade da Coruña. Ao longo do ano as múltiples actividades que realiza son citas inescusábeis para un grande conxunto de persoas e, asemade, acubilla e ampara a outros colectivos que queren desenvolver actos ou actividades convertíndose nun lugar de encontro, de debate, de pensamento, de igualdade, de diversidade, de lecer e, sobre todas, de socialización cultural.
Moitos parabéns e...
Mil primaveras máis!

23/01/2026
23/01/2026
Onte, terza día 20, presentámola en Compostela (foto Nós Diario   ); agora mesmo está a selo na Coruña; e mañá, quinta 2...
21/01/2026

Onte, terza día 20, presentámola en Compostela (foto Nós Diario ); agora mesmo está a selo na Coruña; e mañá, quinta 22, faremos o propio en Ferrol.
O desexo de [re]coñecer, profundar e nos achegar a é algo obvio.
A nosa humilde achega con 'Castelao. Chama e alento incesantes' está a demostralo.
Grazas a sacamos do prelo está obra colaborativa na que participaron 13 autores (divulgadores como gosta dicer ).

Esta actividade realízase grazas á programación FO203-2026 Cultura da Deputación da Coruña

‘Galiza con voz propia na Unesco’Manifesto polo recoñecemento internacional da nosa cultura.Iniciamos unha campaña de re...
15/01/2026

‘Galiza con voz propia na Unesco’
Manifesto polo recoñecemento internacional da nosa cultura.

Iniciamos unha campaña de recollida de sinaturas para que Galiza teña voz de seu na Unesco.

Esta proposta declarativa quere recoller sinaturas, tanto de particulares como de entidades, para impulsar o proceso de incorporación da Galiza como ‘Membro Asociado’ dentro deste organismo das Nacións Unidas especializado no obxectivo de promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura.

Con este manifesto adherinte pretendemos promover unha representación internacional institucional para a Galiza para a proxección do seu patrimonio inmaterial, nomeadamente a nosa lingua e a nosa cultura. E tamén significaría conformar, en pé de igualdade, xunto con outros estados e nacións do mundo, un altofalante internacional para este patrimonio e a posibilidade de estreitar lazos con outras culturas, alén de fortalecer as relacións co ámbito lusófono mundial.

É unha acción destinada para que Galiza forme parte dos organismos internacionais, para a proxección do noso patrimonio, sendo as propias institucións galegas, e as persoas que nelas sexan elixidas, as que ostenten a representación internacional e comecen falar coa nosa propia voz no mundo.

Se queres adherirte, ou a asociacion na que traballas quere apoiarnos, pódese asinar na paxina á que che leva este enlace:

(MANIFESTO POLO RECOÑECEMENTO INTERNACIONAL DA NOSA CULTURA) Galiza é unha nación que non pode seguir silenciada no concerto das nacións. É por iso que as entidades e persoas abaixo asinantes MANIFESTAMOS I. Un dereito fundamentado e lexítimo Galiza posúe unha lingua propia, unha historia mil...

Por terceiro ano consecutivo a Federación de asociacións culturais Galiza Cultura organizamos representacións e lecturas...
27/10/2025

Por terceiro ano consecutivo a Federación de asociacións culturais Galiza Cultura organizamos representacións e lecturas dramatizadas da pequena obra de Castelao 'Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete' publicada na editorial Céltiga en 1922.

A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Betanzos e Gondomar, como lugares escollidos, e as asociacións AVCD e R Agra, AC Alexandre Bóveda, AC O Facho, AC Tempo Novo, ACL de Paderne Roxín Roxal, AC O Galo, AC e M Solfa, AC Medulio e AC Centaurea, coordinadas pola Federación, desde esta sexta feira-venres reralizaremos esta actividade que pon en valor a figura de Castelao como creador narrativo, pon en valor a festa do Samaín e, tamén pon en valor, a vinculación ancestral da nosa sociedade e da nosa cultura en relación á morte, aos nosos mortos e as crenzas populares do alén.

A relación de datas, horarios e lugares de celebración das actuacións pode verse no cartel.

Esta actividade lévase a cabo a grazas ao Programa FO203 de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2025 da Cultura da Deputación da Coruña

Dirección

La Coruña
15003

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Galiza Cultura publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos