Cómo llegar Página web

OGlobo O Globo é un espazo para educar na cidadanía global.

Promove e visibiliza microexperiencias de transformación social de distintos centros educativos e colectivos sociais.

Seguimos coñecendo as Iniciativas de Transformación Social da VIII edición de O Globo!Nesta ocasión achegámonos a  A pel...
01/10/2026

Seguimos coñecendo as Iniciativas de Transformación Social da VIII edición de O Globo!
Nesta ocasión achegámonos a A pelo : Rede de apoio mutuo ante a alopecia, unha iniciativa que nace dunha experiencia compartida e dunha pregunta moi sinxela: que pasa cando non atopas referentes nos que recoñecerte?
Fronte ás miradas, aos prexuízos e aos mandatos estéticos que pesan especialmente sobre as mulleres, A Pelo crea espazos onde sentirse acompañadas, compartir experiencias e construír outras formas de relacionarse coa propia imaxe. Porque ás veces atopar a outra persoa que entende o que estás vivindo pode cambialo todo. 🫂
Visibilizar tamén é transformar: facer que aquilo que parecía excepcional deixe de selo e abrir camiño para que cada muller poida vivir o seu corpo con máis liberdade.
🔎 Queres coñecer mellor a iniciativa? Tes toda a información na web de O Globo!
https://globo.solidaridadgalicia.org/sonda/129/a-pelo-rede-de-apoio-mutuo-ante-a-alopecia

📚🌍 Arrancamos o repaso ás Iniciativas de Transformación Social da VIII edición de O Globo!E facémolo cunha iniciativa qu...
17/09/2026

📚🌍 Arrancamos o repaso ás Iniciativas de Transformación Social da VIII edición de O Globo!

E facémolo cunha iniciativa que nos convida a mirar A Coruña con outros ollos 👀

𝑨 𝑪𝒐𝒓𝒖ñ𝒂 𝒆𝒏𝒕𝒓𝒆 𝑴𝒆𝒎𝒐𝒓𝒊𝒂𝒔: 𝒉𝒊𝒔𝒕𝒐𝒓𝒊𝒂, 𝒄𝒐𝒍𝒐𝒏𝒊𝒂𝒍𝒊𝒔𝒎𝒐 𝒆 𝒊𝒅𝒆𝒏𝒕𝒊𝒅𝒂𝒅𝒆 pon sobre a mesa unha pregunta necesaria: canto coñecemos realmente da historia da cidade que habitamos?

Hai memorias que están moi presentes e outras que apenas atoparon espazo nos relatos que coñecemos. Recuperalas, cuestionalas e compartilas tamén é unha maneira de entender mellor o presente e pensar que sociedade queremos construír.

🔎 Queres coñecer máis sobre a iniciativa? Tes toda a información na web de O Globo! https://globo.solidaridadgalicia.org/sonda/110/a-coruna-entre-memorias-historia-colonialismo-e-identidade

Como cada ano, toca mirar atrás e facer memoria de todo o que vivimos nesta edición de O Globo 🌍✨Alumnado e profesorado ...
11/09/2026

Como cada ano, toca mirar atrás e facer memoria de todo o que vivimos nesta edición de O Globo 🌍✨

Alumnado e profesorado de centros educativos, colectivos sociais, entidades e moitas outras persoas formaron parte dunha edición chea de iniciativas, ideas e accións que comparten un mesmo obxectivo: contribuír, entre todas e todos, a facer deste mundo un lugar un pouquiño mellor.

Nas vindeiras semanas iremos presentándovos as iniciativas que formaron parte de O Globo este ano, para coñecelas un pouco máis de preto.

👀 Estade atentas e atentos… e, mentres tanto, sempre podedes cotillear na nosa web!

Xa pasaron unhas semanas desde o VIII Encontro de O Globo, pero seguimos coa emoción do vivido nese espazo. Por iso, que...
29/06/2026

Xa pasaron unhas semanas desde o VIII Encontro de O Globo, pero seguimos coa emoción do vivido nese espazo. Por iso, queremos compartir con vós unha serie de recordos dese día tan especial. ✨

Tamén queremos compartir un pequeno vídeo resumo da xornada, que xa está colgado na nosa canle de YouTube:
https://www.youtube.com/watch?v=Y9qOq5wbyf0

Moitas grazas a todas as entidades, colectivos e centros educativos por participar e contribuír a xerar un mundo mellor a través das vosas iniciativas de transformación social! 🌍💚

Seguimos facendo rede!

⏳ Tic, tac... xa se achega o 𝗩𝗜𝗜𝗜 𝗘𝗻𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗢 𝗚𝗹𝗼𝗯𝗼!Este venres, 5 de xuño, compartiremos un espazo de encontro no que...
01/06/2026

⏳ Tic, tac... xa se achega o 𝗩𝗜𝗜𝗜 𝗘𝗻𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗢 𝗚𝗹𝗼𝗯𝗼!

Este venres, 5 de xuño, compartiremos un espazo de encontro no que colectivos sociais e centros educativos presentarán as súas iniciativas de transformación social.

Falaremos de participación e activismos, gozaremos de obradoiros de fotografía, relatograma e regueifa, e descubriremos moitas experiencias inspiradoras. ✨

📍 Castelo de Santa Cruz (Oleiros, A Coruña)
📅 Venres, 5 de xuño de 2026
🕥 De 10:30 a 14:30 h

Se queres acompañarnos como invitado/a nesta xornada de aprendizaxe, intercambio e participación, non o dubides!

📩 Confirma a túa asistencia escribindo a: [email protected]

Agardámoste!



Xa non queda nada!!! ✨O venres 5 de xuño reunirémonos no Castelo de Santa Cruz para celebrar o VIII Encontro de O Globo ...
22/05/2026

Xa non queda nada!!! ✨

O venres 5 de xuño reunirémonos no Castelo de Santa Cruz para celebrar o VIII Encontro de O Globo 🌍

Será unha xornada para compartir, aprender e inspirarnos na que centros educativos e entidades presentarán as súas Iniciativas de Transformación Social.

Ademais, haberá obradoiros e actividades para desfrutar dunha xornada lúdica, participativa e chea de ideas!

Contamos os días con moitísimas ganas!⌛ 💙

12/05/2026

👋🏽 Ola!

Formas parte dunha entidade, colectivo ou iniciativa que traballe para transformar a realidade?
Ou coñeces algunha que o faga? 🤔

En O Globo queremos dar visibilidade ás iniciativas que constrúen un mundo máis xusto, participativo e sostible. 🌍

Ofrecémosvos un espazo para conectar, inspirar e tecer redes entre colectivos.

📩 Queredes participar? Contactade con nós!



No marco desta edición de O Globo, o alumnado do CEIP Ramón de la Sagra recibiu a visita de Mujeres Mayas Kaqla dende Gu...
24/04/2026

No marco desta edición de O Globo, o alumnado do CEIP Ramón de la Sagra recibiu a visita de Mujeres Mayas Kaqla dende Guatemala 🌎

Moitas grazas Mujeres Mayas Kaqla por achegar outras realidades a estes nenos e nenas e por compartir o importante traballo que realizades💛

🌍📲 Comezamos un pequeno repaso polas ferramentas recollidas o pasado ano na web de O Globo!Arrancamos con 𝑁𝑜𝑠 𝑒𝑛𝑡𝑒𝑛𝑑𝑒𝑚𝑜𝑠...
27/01/2026

🌍📲 Comezamos un pequeno repaso polas ferramentas recollidas o pasado ano na web de O Globo!

Arrancamos con 𝑁𝑜𝑠 𝑒𝑛𝑡𝑒𝑛𝑑𝑒𝑚𝑜𝑠. 𝐼𝑛𝑓𝑜𝑟𝑚𝑒 𝑑𝑒 𝑏𝑢𝑒𝑛𝑎𝑠 𝑝𝑟𝑎́𝑐𝑡𝑖𝑐𝑎𝑠 𝑒𝑛 𝑙𝑎 𝑎𝑡𝑒𝑛𝑐𝑖𝑜́𝑛 𝑎 𝑝𝑒𝑟𝑠𝑜𝑛𝑎𝑠 𝑚𝑖𝑔𝑟𝑎𝑛𝑡𝑒𝑠, elaborado pola Fundación ECCA Social co obxectivo de identificar e compartir experiencias de bo trato por parte de profesionais de distintos ámbitos, así como propoñer claves para garantir unha atención igualitaria e inclusiva ás persoas migrantes.

Queres descubrir máis recursos para a participación social? 👉 https://globo.solidaridadgalicia.org/ferramentas

10/01/2026

𝑵𝒐𝒏 𝒔𝒆 𝒑𝒐𝒅𝒆 𝒅𝒆𝒔𝒄𝒐𝒍𝒐𝒏𝒊𝒛𝒂𝒓 𝒔𝒆𝒏 𝒅𝒆𝒔𝒑𝒂𝒕𝒓𝒊𝒂𝒓𝒄𝒂𝒍𝒊𝒛𝒂𝒓

O pasado 8 de xaneiro, o Museo do Pobo Galegoacolleu unha sesión formativa a cargo de María Galindo, pensadora feminista boliviana e integrante do colectivo Mujeres Creando.

Máis de 50 persoas participaron nun espazo plural de reflexión colectiva e diálogo vivo, no que se cuestionaron os relatos hexemónicos sobre os feminismos e se puxeron en común ferramentas críticas para pensalos desde unha perspectiva política, histórica e situada.

Ao longo da sesión, Galindo convidou a repensar que é o feminismo, de onde vén e para que serve, introducindo conceptos clave como a diversidade xenealóxica, a crítica á tecnocracia de xénero ou a despatriarcalización como método e horizonte político. Unha idea atravesou toda a reflexión:
𝗻𝗼𝗻 𝗽𝗼𝗱𝗲 𝗵𝗮𝗯𝗲𝗿 𝗱𝗲𝘀𝗰𝗼𝗹𝗼𝗻𝗶𝘇𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝘀𝗲𝗻 𝗱𝗲𝘀𝗽𝗮𝘁𝗿𝗶𝗮𝗿𝗰𝗮𝗹𝗶𝘇𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻, porque ambas forman parte da mesma matriz de dominación.

👉 Podes ler a crónica completa da sesión na web de O Globo. https://globo.solidaridadgalicia.org/caderno/60/non-se-pode-descolonizar-sen-despatriarcalizar-unha-reflexion-colectiva-con-maria-galindo-en-compostela

🎨 Grazas a Adela Vázquez polo marabilloso relato gráfico da sesión!

Dirección

A Coruña, Galicia
A Coruña
15003

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando OGlobo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir