Camiño da Nonviolencia. Mundo sen Guerras e sen Violencia - A Coruña

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Camiño da Nonviolencia. Mundo sen Guerras e sen Violencia - A Coruña Asociación "Mundo Sen Guerras e Sen Violencia da Coruña". Profundizamos en el camino de la Noviolencia Activa

09/11/2026

🧡 ONTE NO AGRA DO ORZÁN, XUNTÁMONOS PARA LOITAR CONTRA O ODIO E O RACISMO E LEMBRAR QUE NINGUNHA PERSOA É ILEGAL. Porque… podemos esquecelo: SOMOS VIDA.

Grazas a todas as persoas que fixestes posible esta concentración, ás que participastes na súa organización e a todas as que viñestes sumar a vosa voz.

Fronte ao odio, humanidade. Fronte ao racismo, dereitos e dignidade. Seguimos construíndo unha sociedade na que todas as persoas teñamos cabida.

O racismo, a discriminación e o odio non poden ter cabida na sociedade que queremos construír. Fronte aos prexuízos, ao ...
07/11/2026

O racismo, a discriminación e o odio non poden ter cabida na sociedade que queremos construír. Fronte aos prexuízos, ao rexeitamento e a todas as formas de violencia, precisamos máis humanidade, máis conciencia e máis compromiso colectivo.

Este domingo, 8 de novembro, ás 12:00 h, temos unha cita na Praza das Conchiñas da Coruña. Un encontro para alzar a voz, defender os dereitos humanos e lembrar que ningunha persoa debería ser discriminada pola súa orixe, a súa cor de pel ou a súa identidade.

A concentración estará presentada por Xurxo Souto e contará coa actuación de Silvia Penide,

📍 Praza das Conchiñas, A Coruña
📅 8 de novembro
🕛 12:00 h

Agardámoste! 🧡

23/10/2026

Este sábado estivemos de novo na rúa Barcelona recollendo sinaturas para ilegalizar as guerras. Grazas unha vez máis a todas as persoas que compartides connosco as vosas preocupacións, que vos sumades a este clamor colectivo e que aínda confiades en que as cousas poden cambiar.

Xuntas podemos deter a barbarie.

¡IMOS ILEGALIZAR AS GUERRAS! 🚫

07/09/2026

Este sábado estuvimos en el Obelisco. Seguimos convencidas de que entre todas podemos acabar con la barbarie. Somos más las que queremos un mundo en paz que los que quieren destruir la humanidad. No vamos a parar hasta que logremos ilegalizar las guerras 🚫

Este sábado saímos ao Obelisco para dicir algo que parece imposible, pero que é urxente: IMOS ILEGALIZAR AS GUERRAS.Reco...
03/09/2026

Este sábado saímos ao Obelisco para dicir algo que parece imposible, pero que é urxente: IMOS ILEGALIZAR AS GUERRAS.
Recolleremos sinaturas para impulsar esta iniciativa e, en varios momentos da tarde, colocarémonos en silencio cos carteis erguidos para que a mensaxe ocupe o espazo público e chegue a todas as persoas que pasen por alí.
Precisamos unhas cantas mans para facela visible.
📍 Obelisco
🕡 Sábado, a partir das 18:30 h
Anímaste a participar?
Confírmanos, por favor, se podes vir para reservarche un cartel.
Porque eles organizan as guerras.
Nós organizamos a paz.

E se as guerras fosen ilegais?Ola,Este sábado saímos ao Obelisco para facer visible unha idea tan necesaria como valente...
17/07/2026

E se as guerras fosen ilegais?
Ola,
Este sábado saímos ao Obelisco para facer visible unha idea tan necesaria como valente: IMOS ILEGALIZAR AS GUERRAS.
Recolleremos sinaturas para impulsar esta iniciativa e, en varios momentos da tarde, permaneceremos en silencio cos carteis erguidos para levar esta mensaxe ao espazo público e invitar á reflexión.
Precisamos de ti para facer visible esta iniciativa. Cada persoa conta.
📍 Obelisco (A Coruña)
🕡 Sábado 18 de xullo, a partir das 18:30 h
Anímaste a participar?
Porque eles organizan as guerras.
Nós organizamos a paz.

E se as guerras fosen ilegais? ✨Este sábado saímos ao Obelisco para facer visible unha idea tan necesaria como valente: ...
16/07/2026

E se as guerras fosen ilegais? ✨

Este sábado saímos ao Obelisco para facer visible unha idea tan necesaria como valente: IMOS ILEGALIZAR AS GUERRAS. 🚫

🕊️ Recolleremos sinaturas para impulsar esta iniciativa e, en varios momentos da tarde, permaneceremos en silencio cos carteis erguidos para levar esta mensaxe ao espazo público e invitar á reflexión.

💛 Precisamos de ti para facer visible esta iniciativa. Cada persoa conta.

📍 Obelisco (A Coruña)
🕡 Sábado 18 de xullo, a partir das 18:30 h

Anímaste a participar?

Confírmanos, por favor, se podes vir para reservarche un cartel.

Porque eles organizan as guerras.
Nós organizamos a paz. ✌️

📢 Reunión informativa aberta sobre a campaña IMOS ILEGALIZAR AS GUERRAS 🚫A guerra non é inevitable. É unha decisión huma...
03/06/2026

📢 Reunión informativa aberta sobre a campaña IMOS ILEGALIZAR AS GUERRAS 🚫

A guerra non é inevitable. É unha decisión humana, e como tal, pode e debe ser superada.

Convidámoste a coñecer esta iniciativa, saber por que nace, que estamos facendo, como pode participar quen queira sumarse e ata onde queremos chegar.

📍 Terraza da Cervexería Amizar (Mercado das Conchiñas)
📅 Venres 5
🕖 19:00 h

Pola paz, pola vida e o futuro.
NON Á GUERRA. ✌️

17/05/2026

Seguimos en marcha!! Onte estivemos nas Conchiñas recollendo sinaturas para ilegalizar as guerras e sumándonos a ese pulso da rúa que quere superar a violencia, por fin e para sempre.

Imos ilegalizar as guerras 🚫

Nesta hora de incerteza, onde o ceo se escurece co peso da inxustiza, alzamos a voz por un futuro que moitos din imposib...
08/05/2026

Nesta hora de incerteza, onde o ceo se escurece co peso da inxustiza, alzamos a voz por un futuro que moitos din imposible, pero que nós sabemos necesario. Porque a paz non é un desexo pasivo; é unha obra que se levanta día a día, ladrillo a ladrillo, con cada xesto de solidariedade.
Non podemos permitir que se sigan alimentando conflitos no noso nome nin co noso diñeiro. Un mundo sen guerras non é unha utopía, é un imperativo. Outra política é posible e un mundo en paz, tamén. Hoxe, máis que nunca, é o momento de unirnos, mobilizarnos e actuar. Pola vida, pola xustiza e pola humanidade.�Mañá estaremos no Agra do Orzán recollendo sinaturas, únete a nós.
Imos ilegalizar as guerras 🚫

Dirección

A Coruña
15007

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Camiño da Nonviolencia. Mundo sen Guerras e sen Violencia - A Coruña publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Camiño da Nonviolencia. Mundo sen Guerras e sen Violencia - A Coruña:

Compartir