Anpa Agualada

Cómo llegar

Anpa Agualada Asociación de nais e pais do alumnado do Ceip Bormoio Agualada

27/10/2026

CULTURA | AQUÍ HAI MOITO RUÍDO!

A diversión, a música e o humor chegan a Coristanco da man de Os Bolechas, cun espectáculo pensado para que as nenas e nenos gocen dunha mañá chea de entretemento e aventuras!

«Aquí hai moito ruído!» é unha proposta para compartir en familia, rir, participar e desfrutar dunha experiencia cultural en galego cos personaxes máis queridos da rapazada.

📅 Sábado, 14 de novembro
🕛 12:00 horas
📍 Casa da Cultura de Coristanco

📝 INSCRICIÓNS:
As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse previamente:

Na Biblioteca Municipal de Coristanco.
Chamando ao 981 733 280.

💙 Agardámosvos para compartir unha mañá de cultura, diversión e moito, moito ruído!

Esta actividade forma parte do programa FalaRedes, impulsado pola Xunta de Galicia para promover o uso e a dinamización da lingua galega.

Aprender xogando é moito mellor!!🧠🤸‍♀️🤼‍♂️🤾‍♂️🕺🏃🚴‍♂️⛹️‍♂️🏋💆‍♂️💆‍♀️🧘🧘‍♀️🫂Arrancamos con actividades pensadas para dar mov...
09/09/2026

Aprender xogando é moito mellor!!
🧠🤸‍♀️🤼‍♂️🤾‍♂️🕺🏃🚴‍♂️⛹️‍♂️🏋💆‍♂️💆‍♀️🧘🧘‍♀️🫂

Arrancamos con actividades pensadas para dar movemento...estimular a creatividade...espertar a curiosidade...
Elixe a que máis che guste!!
Animádevos e anotádevos canto antes!


09/09/2026
🎒 Pechamos as mochilas...⛱️ Abrimos as vacacións!!🌟 FELIZ VERÁN!!🎉
20/06/2026

🎒 Pechamos as mochilas...
⛱️ Abrimos as vacacións!!
🌟 FELIZ VERÁN!!🎉

18/06/2026

Así de ben o pasaron os nosos peques na festa da Rocheira organizada polas profes...A Anpa quixemos colaborar con un cañón de espuma para que desfrutaran ainda un pouco máis....
E parécenos que o pasaron xenial!!🤪

O Galego é parte de nós...Da nosa historia, das nosas familias e das novas xeracións!Porque a nosa lingua é un tesouro q...
17/05/2026

O Galego é parte de nós...
Da nosa historia, das nosas familias e das novas xeracións!
Porque a nosa lingua é un tesouro que debemos seguir transmitindo!!
Feliz día das LETRAS GALEGAS!!

# #

02/05/2026

CONCILACIÓN PROGRAMA XERMOLAR. CAMPAMENTO VERÁN| Dáse publicidade á listaxe provisional de persoas admitidas no Campamento de Verán do PROGRAMA XERMOLAR EN CORISTANCO, para promover a conciliación da vida familiar e laboral durante a tempada estival.

Dispoñen dun prazo de 10 días laborais a contar dende o día seguinte da publicación para formular alegacións ou presentar renuncias á praza, mediante solicitude disposta para o efecto a través da sede electrónica municipal (www.coristanco.gal) ou ben de forma presencial a través do rexistro xeral do Concello.

Para máis información: 981 733 280
Accede á listaxe a través da seguinte ligazón:https://sede.coristanco.gal/sxc/export/sites/coristanco/recursos/downloads/Tablon/2026/ANUNCIO_PROG_20260430143015271_ANEXO_1777552215-0.pdf

2 de Maio...Hoxe lembramos que cada palabra conta, cada xesto suma!Xunt@s podemos parar o acoso escolar!Contamos contigo...
02/05/2026

2 de Maio...Hoxe lembramos que cada palabra conta, cada xesto suma!
Xunt@s podemos parar o acoso escolar!
Contamos contigo💜

25/04/2026

BIBLIOTECA| XI Certame Asunción Antelo 2026

Lembra, o prazo segue aberto para participar no certame artístico-literario do Concello de Coristanco nas seguintes modalidades:

✍️ Narrativa
🖋️ Poesía
🎨 Debuxo

📅 Data límite: 6 de maio de 2026
📍 Entrega: no teu centro educativo

Dirixido a todo o alumnado, desde Infantil ata FP.

25/04/2026

PROGRAMACIÓN CULTURAL| A Biblioteca Municipal presenta a súa programación para o mes de maio, unha proposta cultural diversa pensada para todos os públicos, na que se combinan literatura, artes escénicas e actividades de estimulación cognitiva

Ao longo do mes poderedes desfrutar de:
👶 Contacontos para bebés con Raquel Queizás
📖 Presentacións literarias con Maica Gorcal, Xesús Deus e Silvia Tasende
🎭 Teatro infantil da man de Trémola Teatro
🧠 Sesións do programa Vive+ con Lupe Blanco, centradas na estimulación cognitiva, a memoria e a recuperación da tradición oral e do baile

Un programa que aposta pola cultura como ferramenta de encontro, aprendizaxe e benestar para toda a veciñanza.

📅 Consulta o cartel e toma nota das datas
📞 Máis información e inscricións: 981 733 280
📍 Biblioteca Municipal

Dirección

Campo Da Feira, Agualada, S/n, Coristanco
A Coruña
15148

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Anpa Agualada publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos