Casino 1889

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Casino 1889 Se queres saber como ASOCIARTE, ven visitarnos ao Casino! Acollerémoste cos brazos abertos!

O 27 de novembro do 1889, nace a Sociedade Cultural e Recreativa Begantiños, Casino de Carballo.

Comeza o outono e volvemos coas actividades no Casino1889  🪾🍂En Novembro comenzamos de novo co curso de canto e pandeire...
13/10/2026

Comeza o outono e volvemos coas actividades no Casino1889 🪾🍂

En Novembro comenzamos de novo co curso de canto e pandeireta con Miro. Ide escribindolle para apuntarvos 📲🎶

O XV Encontro Ibérico de Moedas Sociais e Complementarias é o principal evento desta temática na península Ibérica e dos...
08/10/2026

O XV Encontro Ibérico de Moedas Sociais e Complementarias é o principal evento desta temática na península Ibérica e dos mais importantes do mundo. Asistirán expertas e público, non só de España e Portugal, senon tamén de Brasil, Uruguai, México ou Bélxica.

As moedas sociais son ferramentas fundamentais para promover a economía local. Neste Encontro poderemos entender os mecanismos que favorecen a especulación e a débeda no deseño e posta en circulación do diñeiro por parte dos bancos centrais e a alternativa da Economía Solidaria e as Finanzas Alternativas. Solucións que levan existindo e funcionando por décadas en moitas partes do mundo pero que son profundamente descoñecidas para a maioría.

O Encontro conta con CERO orzamento, nin público nin privado. Nin as voluntarias organizadoras nin ningunha das 15 expertas, con décadas de traballo a prol da economía alternativa, cobrarán caché ningún pola súa presencia, pagando tódolos gastos de desprazamento e estancia, do seu peto. Só deixarán semente de comunidade 🤍

🎸Esta fin de semana o XiriaPop está de 29 aniversario🎸29 anos de concertos e amor pola música, creando escena, poñendo o...
15/09/2026

🎸Esta fin de semana o XiriaPop está de 29 aniversario🎸

29 anos de concertos e amor pola música, creando escena, poñendo o nome de Carballo no mapa underground, achegando bandazas e apoiando tamén o talento local!

Ir ó XiriaPop é coma ir ó San Xoán, unha tradición das que non se perden.
Ir ó XiriaPop é apoiar ó Casino de Carballo, a mellor maridaxe do mundo entre sala e festi local. É sair enchoupados de suor cun sorriso de orella a orella. O XiriaPop é coma o pan de Carballo, algo que unha vez que probas, queres repetir.

Sen público non hai concertos, nin salas, nin escena…
Sen comunidade non hai cultura, e o Xiria Pop é unha demostración de que esa comunidade existe.

As persoas que gozamos ca música en directo en Carballo xa tivemo que despedirnos da Dublín, da Reserva, do Silfo… Coidemos os espazos que aínda nos quedan! É cousa de todas!

Longa vida ó ! Longa vida ó Casino!

📅 Venres 17⏰ 20 horas📍 Casino de Carballo📖 Presentación do primeiro volume do “Catálogo do cantar de cego galego” coa pr...
15/07/2026

📅 Venres 17
⏰ 20 horas
📍 Casino de Carballo
📖 Presentación do primeiro volume do “Catálogo do cantar de cego galego” coa presencia do autor, Baldomero Iglesias, “Mero” e Xosé Quintás Canella, cantante, músico e prologuista da obra.
📢 Presenta Xoán Carlos Díaz del Valle, socio do Casino e ex-presidente.
A publicación afonda na figura do cego errante, que percorreu camiños, feiras e romaxes levando un canto itinerante que facía vibrar auditorios improvisados. Figura arquetípica, evocada polo tempo cunha visión amable e poética, representaba un modelo humano moi propio, convertido en referente estético e simbólico. Este primeiro volume do catálogo, subtitulado Crónica e descrición de persoas, músicas e cantadelas, recolle ensaios e descrición sobre a figura das cegas e cegos cantores e unha proposta de catalogación dos xéneros rexistrados.
O acto terá un peche musical a cargo da orquestra e grupo de Zanfoñas Quixote.
Unha tardiña máxica!

Grazas por compartir con nós a noite máis especial do ano 💖🌿✨️Para o ano que ben máis e mellor 🔥Longa vida ao Casino 🫰🏽
24/06/2026

Grazas por compartir con nós a noite máis especial do ano 💖🌿✨️

Para o ano que ben máis e mellor 🔥

Longa vida ao Casino 🫰🏽

O Casino xa está engalanado para a mellor noite do ano neste lugar máxico, un espazo con máis de cen anos de historia en...
23/06/2026

O Casino xa está engalanado para a mellor noite do ano neste lugar máxico, un espazo con máis de cen anos de historia en Carballo. Patrimonio, cultura, amigas e amigos e moita festa esta noite de San Xoán.

Queremos expresar o máis sinceiro agradecemento a unha gran amiga polos ramos de san xoán, que nos deixaron a porta cun auténtico arrecendo a noite meiga.
Un detallazo de 💖🌿🪻🌾

Este post non é para convidar, o tempo de apuntarse xa rematou, hoxe só queremos campar co noso orgullo de comunidade. Graciñas a todas as que sempre arrimades o ombreiro.

Vémonos esta noite 🌝🔥✨️

🔥🌿 Convocatoria á Festa de San Xoán do Casino 1889 🌿🔥Chega unha das noites máis máxicas do ano e queremos celebrala conv...
08/06/2026

🔥🌿 Convocatoria á Festa de San Xoán do Casino 1889 🌿🔥

Chega unha das noites máis máxicas do ano e queremos celebrala convosco!

O Casino celebra o San Xoán cunha xornada de encontro, convivencia e tradición na que non faltarán a alegría, a música, a boa compañía e o espírito desta celebración tan especial, ademáis de sardiñas e churrasco para cear.

Socias de balde
Non socias: 15 euros (non inclúen bebida)

Vinde todas 🔥

Hoxe tivemos visita especial: o fillo, a nora e a neta dunha das persoas senlleiras na historia do Casino: Francisco de ...
13/04/2026

Hoxe tivemos visita especial: o fillo, a nora e a neta dunha das persoas senlleiras na historia do Casino: Francisco de Laxe, icónico conserxe. Un dia de emoción e lembranza 🤍

Antonio García de Seárez (Sofán, 1947), coñecido como Toni de Seárez, é unha das voces que manteñen Galicia viva alén do...
12/04/2026

Antonio García de Seárez (Sofán, 1947), coñecido como Toni de Seárez, é unha das voces que manteñen Galicia viva alén do mar. Emigrado a Montevideo arredor de 1978, leva décadas vinculado ao histórico programa Sempre en Galicia, o máis antigo do mundo en lingua galega.

Desenvolveu unha ampla labor como editorialista durante dez anos en El Diario Español e como corresponsal de Bergantiños para La Voz de Galicia, sendo ademais a última persoa en entrevistar a Antón Alonso Ríos. Nos primeiros anos setenta exerceu como secretario provisional do Casino de Carballo, dentro dunha traxectoria de compromiso cultural que se estendeu ao longo da súa vida.

Entre os seus recoñecementos destaca o premio Alma Galega e a súa participación na Universidade de San Marcos (Perú), onde promoveu a lingua galega nun acto histórico.

A súa voz, firme e comprometida, segue sendo hoxe unha ponte viva entre Galicia e América, exemplo dunha vida dedicada a non esquecer, a resistir e a amar a terra mesmo na distancia.

Dirección

Avenida Vázquez De Parga, 1
Carballo
15100

Horario de apertura

Lunes 10:00 - 20:30
Martes 10:00 - 20:30
Miércoles 10:00 - 20:30
Jueves 10:00 - 20:30
Viernes 10:00 - 20:30
Sábado 10:00 - 20:30
Domingo 10:00 - 20:30

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Casino 1889 publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Casino 1889:

Atajos

Compartir