Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Axober ASOCIACIÓN DE XOVENES EMPRESARIOS DE BERGANTIÑOS Axober, participa activamente en proxectos de dinamización do emprego, divulgación, formación e promoción.

A Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (AXOBER), é unha entidade sen ánimo de lucro, fundada no ano 1992 por un grupo de empresarios da zona, co obxectivo de servir como nexo de unión entre as empresas locais. Despois de 28 anos e grazas á labor realizada polas distintas Xuntas Directivas, case 300 empresas forman parte deste proxecto que contribúe, en gran medida, ao desenvolvemento do tecido empresarial na comarca de Bergantiños. Tamén desempeña unha labor importante de asesoramento aos seus asociados. Ao longo destes anos aválanos a experiencia en cursos, seminarios, congresos e eventos de gran repercusión, que axudan a promocionar a nosa comarca e os seus produtos. Invitamos a participar neste proxecto a todos aqueles que desexen traballar polo desenvolvemento do empresariado bergantiñán.

📢 O vindeiro venres 23 de outubro, organizamos xunto coa Confederación de Empresarios da Coruña unha xornada para aborda...
15/10/2026

📢 O vindeiro venres 23 de outubro, organizamos xunto coa Confederación de Empresarios da Coruña unha xornada para abordar os retos actuais da prevención de riscos laborais.

Un encontro dirixido a empresas, persoas autónomas e profesionais no que falaremos de novidades normativas, prevención e seguridade no ámbito laboral, cun espazo final para o intercambio de experiencias e o diálogo.

📅 Venres, 23 de outubro
🕤 De 9.30 a 11.30 h
📍 Nova sede de AXOBER: rúa Barcelona (nº 20 entrechán dereito) de Carballo.

🔗 Consulta o programa e inscríbete aquí:
https://axober.org/axenda/xornada-prevencion-riscos-laborais/

Agardámoste!

𝗖𝗘𝗔 𝗔𝗡𝗨𝗔𝗟 𝗔𝗫𝗢𝗕𝗘𝗥 𝟮𝟬𝟮𝟲Unha noite de encontros, música e celebración xunto con empresarios e empresarias da comarca de Ber...
09/10/2026

𝗖𝗘𝗔 𝗔𝗡𝗨𝗔𝗟 𝗔𝗫𝗢𝗕𝗘𝗥 𝟮𝟬𝟮𝟲

Unha noite de encontros, música e celebración xunto con empresarios e empresarias da comarca de Bergantiños.

📅 𝗩𝗲𝗻𝗿𝗲𝘀, 𝟲 𝗱𝗲 𝗻𝗼𝘃𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼
🕘 𝟮𝟭:𝟬𝟬 𝗵
📍 𝗣𝘂𝗻𝘁𝗮 𝗱𝗲𝗹 𝗘𝘀𝘁𝗲 – 𝗔𝗹𝗱𝗮 𝗛𝗼𝘁𝗲𝗹𝘀

✨ As prazas son limitadas. Confirma a túa asistencia antes do 31 de outubro.

Máis info e inscricións: https://axober.org/axenda/cea-axober-2026/

🚀 Seguimos sumando melloras para o tecido empresarial de Bergantiños!AXOBER e Banco Sabadell asinaron esta mañá un conve...
29/09/2026

🚀 Seguimos sumando melloras para o tecido empresarial de Bergantiños!

AXOBER e Banco Sabadell asinaron esta mañá un convenio de colaboración 🤝 co obxectivo de achegar máis oportunidades ás nosas empresas e profesionais.

Grazas a este acordo, as persoas asociadas poderán acceder a solucións financeiras adaptadas e en condicións vantaxosas, ademais de participar en accións informativas e xornadas con especialistas do sector 💼

👉 Este é xa o terceiro convenio asinado por AXOBER no que vai de ano, consolidando unha rede de colaboración que aposta polo desenvolvemento económico local

Contámosche máis aquí: https://axober.org/novas/axober-e-banco-sabadell-asinan-un-convenio-de-colaboracion-para-impulsar-o-tecido-empresarial-de-bergantinos/

🥪 Esta fin de semana toca comer de bocata!A praia de Razo convértese no gran punto de encontro da gastronomía coa 𝗜𝗜 𝗲𝗱𝗶...
25/09/2026

🥪 Esta fin de semana toca comer de bocata!

A praia de Razo convértese no gran punto de encontro da gastronomía coa 𝗜𝗜 𝗲𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗲 𝗢𝗻𝗱𝗮 𝗕𝗼𝗰𝗮𝘁𝗮, o festival do bocadillo gourmet no que participan catro socios de AXOBER 👇

🔥 Mesón Do Pulpo: entrepán de polbo e gambas
🔥 Maloserá: CC Creamy Chicken (con opción vegana)
🔥 Melao: Bocata Meloso, con queixo afumado galego
🔥 Neira: Cacheira Smash

Tres días para desfrutar do mellor sabor ao pé do mar.

📅 25, 26 e 27 de setembro
📍 Praia de Razo

AXOBER súmase á programación da 𝗡𝗼𝗶𝘁𝗲 𝗘𝘂𝗿𝗼𝗽𝗲𝗮 𝗱𝗮𝘀 𝗣𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮𝘀 𝗜𝗻𝘃𝗲𝘀𝘁𝗶𝗴𝗮𝗱𝗼𝗿𝗮𝘀, impulsada polo Concello de Carballo que está a...
24/09/2026

AXOBER súmase á programación da 𝗡𝗼𝗶𝘁𝗲 𝗘𝘂𝗿𝗼𝗽𝗲𝗮 𝗱𝗮𝘀 𝗣𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮𝘀 𝗜𝗻𝘃𝗲𝘀𝘁𝗶𝗴𝗮𝗱𝗼𝗿𝗮𝘀, impulsada polo Concello de Carballo que está a converter o municipio nun gran espazo para a ciencia.

Dende a asociación colaboramos especialmente nas charlas divulgativas de mañá venres ás 19:00 h, na cafetería do Pazo da Cultura, centradas na innovación e na conexión entre o ámbito científico e o tecido empresarial.

Deixámosvos o programa completo 👇

🔬 Durante unha semana completa, Carballo converterase nun gran espazo para a cienciaHoxe presentamos a programación coa ...
19/09/2026

🔬 Durante unha semana completa, Carballo converterase nun gran espazo para a ciencia

Hoxe presentamos a programación coa que nos sumamos á Noite Europea das Persoas Investigadoras, unha proposta que do 21 ao 27 de setembro levará a divulgación científica aos centros educativos, ao Pazo da Cultura, ao mercado municipal, á Praza do Concello e ás Escolas do Xardín Agra de Caldas.

Na presentación participaron o alcalde, Daniel Pérez; o concelleiro de Innovación e Fondos Europeos, Iván Andrade; Verónica Bolón, en representación da UDC e da Academia Joven de España; Diego Iglesias, de Axober, e Mónica Mariño, do IES Alfredo Brañas.

Foi tamén un acto para lembrar á profesora Isabel Regueiro, colaboradora de LandraCiencia recentemente falecida. Mónica Mariño puxo voz a unha homenaxe moi emotiva a unha docente que deixou unha fonda pegada no alumnado e que contribuíu a transmitir curiosidade, paixón pola ciencia e ganas de aprender💚

Iván Andrade destacou que con esta ampla e variada programación queremos facer visible a ciencia de Carballo, en Carballo e feita en Carballo. E tamén o talento das nosas universidades, centros educativos e empresas.

Charlas, visitas, experimentos, drons, astronomía, intelixencia artificial, maxia, química, teatro, zarzuela e encontros con grandes referentes como Ángel Carracedo e Chus Lamas conforman unha programación extensa, diversa e pensada para todas as idades.

Porque o que buscamos é aproximar a ciencia á xente: experimentar, preguntar, tocar, mirar, escoitar e deixarnos sorprender.

📅 Do 21 ao 27 de setembro
🔗 Consulta o programa e as inscricións en carballo.gal

A programación forma parte da Noite Europea das Persoas Investigadoras e do proxecto europeo TALK0, financiado pola Unión Europea.

📌 𝗢𝗻𝗱𝗲 𝘀𝗲 𝗻𝗼𝘀 𝗲𝘀𝗰𝗮𝗽𝗮 𝗮 𝗺𝗮𝗿𝘅𝗲? 𝗖𝗼𝗺𝗼 𝗱𝗲𝗶𝘅𝗮𝗿 𝗱𝗲 𝗰𝗼𝗿𝗿𝗲𝗿 𝗱𝗲𝘁𝗿𝗮́𝘀 𝗱𝗼𝘀 𝗽𝗿𝗼𝗯𝗹𝗲𝗺𝗮𝘀Dende AXOBER organizamos unha nova xornada prác...
16/09/2026

📌 𝗢𝗻𝗱𝗲 𝘀𝗲 𝗻𝗼𝘀 𝗲𝘀𝗰𝗮𝗽𝗮 𝗮 𝗺𝗮𝗿𝘅𝗲? 𝗖𝗼𝗺𝗼 𝗱𝗲𝗶𝘅𝗮𝗿 𝗱𝗲 𝗰𝗼𝗿𝗿𝗲𝗿 𝗱𝗲𝘁𝗿𝗮́𝘀 𝗱𝗼𝘀 𝗽𝗿𝗼𝗯𝗹𝗲𝗺𝗮𝘀

Dende AXOBER organizamos unha nova xornada práctica pensada para mellorar a xestión diaria das empresas 👇

🗓 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀, 𝟮𝟮 𝗱𝗲 𝘀𝗲𝘁𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼
⏰ 10:30 a 12:30 h
📍 Espazo Nature, Razo

Unha sesión baseada na metodoloxía LEAN para axudarche a:
✔️ Mellorar a produtividade
✔️ Aumentar a rendibilidade
✔️ Optimizar procesos
✔️ Incrementar a satisfacción do cliente

🎯 Dirixido a xerentes, responsables de área e profesionais implicados na organización e mellora de procesos.

💸 Inscricións:
✔️ Socios/as: GRATIS
✔️ Acompañantes: 5€
✔️ Non socios/as: 10€

🔗 Reserva a túa praza en https://axober.org/axenda/xornada-teamandteam/

Como deixar de correr detrás dos problemas Unha sesión práctica para detectar ineficiencias, mellorar a organización e aumentar a productividade e a rendibilidade da túa empresa. Problemas que te son familiares… CONTIDOS PRINCIPAIS A QUÉN VAI DIRIXIDA? Propietarios e xerentes de empresas, re...

Hai proxectos que van moito máis alá do deporte… e este é un deles 💪.Dende AXOBER sumámonos como entidade colaboradora a...
09/09/2026

Hai proxectos que van moito máis alá do deporte… e este é un deles 💪.

Dende AXOBER sumámonos como entidade colaboradora ao I Circuito Un Paso Máis que terá lugar o 20 de setembro de 11:00 a 13:00 horas na contorna da Praza do Concello de Carballo e que está dixirido a todas as idades.

Esta é unha iniciativa organizada pola Agrupación deportiva UN PASO MAIS que está incluída na Semana Europea da Mobilidade do Concello de Carballo e que promove o deporte inclusivo como ferramenta de integración, convivencia e superación 💙.

👉 Animámosvos a participar neste evento e dar, entre tod@s, un paso máis cara a unha sociedade máis xusta e inclusiva.

Inscricións: https://www.unpasomais.org/l/i-circuito-un-paso-mais/

🔥 Seguimos recordando o que foi 𝗕𝗲𝗿𝗼𝗰𝗮𝘀𝗶𝗼́𝗻 𝟮𝟬𝟮𝟲.E estas imaxes aéreas fano aínda máis espectacular ✈. Unha vista única ...
07/09/2026

🔥 Seguimos recordando o que foi 𝗕𝗲𝗿𝗼𝗰𝗮𝘀𝗶𝗼́𝗻 𝟮𝟬𝟮𝟲.

E estas imaxes aéreas fano aínda máis espectacular ✈. Unha vista única para comprender a verdadeira dimensión da maior feira de vehículos de ocasión ao aire libre de Galicia e que durante tres días reuniu miles de persoas, un ambiente incrible e unha oferta de coches impresionante 🚗🚗🚗

Dende AXOBER reiteramos as grazas a todos os que o fixestes posible 💛

Dirección

Fórum Carballo/Praza Dos Bombeiros Voluntarios, S/n
Carballo
15100

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Teléfono

+34981756313

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Axober publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Axober:

Atajos

Compartir