Federación Galega de Caza na Coruña

Cómo llegar Página web

Federación Galega de Caza na Coruña Perfil oficial da Federación Galega de Caza en A Coruña.

🏆 CAMPEONATO PROVINCIAL DA CORUÑA DE CAZA MENOR CON CAN – XUNTA DE GALICIAO pasado sábado, día 24, celebrouse nos terreo...
25/10/2026

🏆 CAMPEONATO PROVINCIAL DA CORUÑA DE CAZA MENOR CON CAN – XUNTA DE GALICIA

O pasado sábado, día 24, celebrouse nos terreos da Sociedade de Caza de Trazo o Campionato Provincial da Coruña de Caza Menor con Can – Xunta de Galicia.

Nun terreo óptimo para o desenvolvemento da proba e cunha boa densidade de caza, o binomio cazador-can puido g***r de bos lances, nunha xornada na que destacaron a deportividade, o compañeirismo e o bo ambiente entre todos os participantes.

🏅 CLASIFICACIÓN FINAL

🥇 Campión provincial: Sergio Roca Deive, co can Chusco – 1.250 puntos.

🥈 2.º clasificado: Rubén Boquete Varela, coa cadela Illa de Rempenín – 1.250 puntos.

🥉 3.º clasificado: Yerai Lorenzo García, coa cadela Silva – 1.100 puntos.

4.º clasificado: Antón Moure Segade, coa cadela Lara – 1.100 puntos.

5.º clasificado: Javier López Cendán, co can Foster de Rempenín – 550 puntos.

6.º clasificado: Ramón García Ares, coa cadela Cuca – 550 puntos.

👏 Os seis clasificados representarán a provincia no Campionato Galego da especialidade. Parabéns a todos eles polo resultado acadado!

AGRADECEMENTOS

Queremos expresar o noso agradecemento á Sociedade de Caza de Trazo e ao seu presidente, Manuel Baleato; o Concello de Trazo e á súa alcaldesa, Josefina Suárez, polo seu apoio e colaboración; así como a todos os participantes e xuíces que fixeron posible o desenvolvemento desta proba.

Noraboa os clasificados e grazas a todos por contribuír a que esta xornada fose un éxito deportivo e de convivencia.

Federación Galega de Caza na Coruña

PREOCUPACIÓN POLA NON PARTICIPACIÓN DE JUAN JOSÉ CANOSA NO CAMPIONATO DO MUNDO DE SAN HUBERTOQueremos expresar a nosa pr...
23/10/2026

PREOCUPACIÓN POLA NON PARTICIPACIÓN DE JUAN JOSÉ CANOSA NO CAMPIONATO DO MUNDO DE SAN HUBERTO

Queremos expresar a nosa preocupación e o noso pesar pola situación que, segundo a información publicada nos medios de comunicación, impide a participación do deportista galego Juan José Canosa no Campionato do Mundo de San Huberto.

Consideramos que a presenza nunha competición internacional deste nivel é o resultado de moito esforzo, dedicación e mérito deportivo, tanto por parte do cazador como do seu can. Por iso, lamentamos profundamente que, por circunstancias relacionadas coa tramitación da participación, poida verse frustrada unha oportunidade deportiva desta relevancia.
Sen prexuízo de coñecer con maior detalle o sucedido e de que as partes implicadas poidan ofrecer as súas explicacións, entendemos que sería conveniente esclarecer os feitos e determinar, se procede, as circunstancias que motivaron esta situación.

Por este motivo, solicitamos que se facilite información suficiente sobre o acontecido e que se analicen as posibles medidas para evitar que situacións similares poidan repetirse no futuro.

Queremos trasladarlle a Juan José Canosa o noso apoio e recoñecemento polo traballo realizado e polo mérito deportivo acadado, así como expresar o noso desexo de que esta situación se poida aclarar satisfactoriamente.

O deporte merece respecto, transparencia e garantías para que os deportistas poidan competir nas condicións que correspondan.

Juanjo Canosa ganó el campeonato estatal, pero la Real Sociedad Canina Española no lo inscribió para el torneo que se celebra este fin de semana en Serbia

COMUNICADO DA FEDERACIÓN GALEGA DE CAZA NA CORUÑADesde a Federación Galega de Caza na Coruña queremos manifestar publica...
22/10/2026

COMUNICADO DA FEDERACIÓN GALEGA DE CAZA NA CORUÑA

Desde a Federación Galega de Caza na Coruña queremos manifestar publicamente o noso profundo malestar e indignación pola situación que impide ao noso representante galego, campión de España, Juan José Canosa, xunto co seu can NiKe da Chouza, asistir ao Campionato do Mundo de San Huberto.

Consideramos lamentable que un deportista que conseguiu o dereito a representar Galicia, proclamándose campión de España nunha competición de máximo nivel, poida verse privado de participar por cuestións alleas ao seu esforzo, á súa preparación e aos seus resultados deportivos. Neste caso, sinalamos a actuación da Real Sociedad Canina de España como responsable da situación denunciada.

Non estamos a falar unicamente dun cazador, senón do traballo, da ilusión e do sacrificio que hai detrás dunha clasificación mundial. Detrás de Juanjo está tamén o orgullo de toda unha afección e o nome de Galicia, que merece ser representada con dignidade e respecto.

Desde a Federación Galega de Caza na Coruña consideramos que os deportistas que acadan unha clasificación por méritos propios merecen todo o apoio das institucións e entidades implicadas, e non atoparse con obstáculos que frustren a súa participación nunha cita tan importante.

O noso apoio a Juanjo Canosa e a NiKe da Chouza é total. Queremos trasladarlles a nosa solidariedade e recoñecer o mérito deportivo que os levou ata aquí.

Esiximos que se aclaren os feitos e que se dea unha explicación satisfactoria sobre esta situación, para que casos coma este non volvan producirse e ningún deportista galego vexa frustrada a oportunidade de defender os seus méritos nun campionato do mundo.

Galicia merece respecto. Os deportistas tamén.
Federación Galega de Caza na Coruña

https://www.facebook.com/share/1A54UqHDjP/

🚨 ESPAÑA SE QUEDA SIN REPRESENTACIÓN EN EL MUNDIAL DE SAN HUBERTO POR LA FALTA DE RESPUESTA DE LA RSCE

➡️ La Real Federación Española de Caza (RFEC) denuncia que la Real Sociedad Canina de España (RSCE) no ha tramitado la inscripción del equipo nacional para el Campeonato del Mundo de San Huberto, que se celebra este fin de semana en Serbia, pese a que la RFEC cumplió con los procedimientos habituales.

❌ Los principales perjudicados son nuestros deportistas, que, tras meses de preparación y después de conseguir legítimamente su clasificación, se quedan sin la oportunidad de representar a España por circunstancias completamente ajenas a sus méritos deportivos.

ℹ️ La RFEC considera lo sucedido de extrema gravedad y estudia las actuaciones oportunas para defender los intereses de sus deportistas y evitar que esta situación vuelva a repetirse.

🇪🇸 Ningún deportista debería perder la oportunidad de representar a su país por cuestiones ajenas a la competición.

📄 https://bit.ly/4ihFckV

16/10/2026

🚨 IMPORTANTE 🚨

🗝️ Con motivo da apertura, este domingo, da Tempada Xeral de Caza en Galicia a oficina federativa da Coruña, sita en Carballo, terá tamén as súas portas abertas, excepcionalmente, na tarde do día de hoxe, 16 de outubro, de 17:00 a 19:00 horas

Boa caza‼️
Federación Galega de Caza na Coruña

🏆 NORABOA E MOITA SORTE NO MUNDIAL DE SAN HUBERTODesde a Federación Galega de Caza na Coruña queremos felicitar a Juan J...
07/10/2026

🏆 NORABOA E MOITA SORTE NO MUNDIAL DE SAN HUBERTO
Desde a Federación Galega de Caza na Coruña queremos felicitar a Juan José Canosa, cazador fisterrán, pola súa clasificación para o Campionato do Mundo de San Huberto, acompañado do seu fiel can NiKe da Chouza.
É unha enorme satisfacción ver como un cazador da provincia da Coruña alcanza unha competición de ámbito mundial e leva consigo o nome de Galicia e da caza galega.
👏 Noraboa, Juan José, por este gran logro!
Desexámosche moita sorte e os maiores éxitos no Campionato do Mundo. Estamos seguros de que representarás a nosa terra con orgullo.
💚🤍💙 Moita forza e a por todas!

05/10/2026
🐇🌿 Máis vida para o coello de monte!O TECOR Urogallo de Ferrol, presidido por Francisco Santiago, está a impulsar unha i...
28/09/2026

🐇🌿 Máis vida para o coello de monte!
O TECOR Urogallo de Ferrol, presidido por Francisco Santiago, está a impulsar unha iniciativa para axudar á recuperación desta especie: a construción de biotopos artificiais.
Estes refuxios reproducen as madrigueiras naturais e van acompañados de desbroces, melloras do hábitat, achega de alimento e repoboacións.

El tecor Urogallo ha construido dos refugios para una especie básica para la cadena trófica, amenazada por las enfermedades y el abandono del hábitat

18/09/2026
🐇🏆 CAMPIONATO PROVINCIAL DA CORUÑA DE CANS DE RASTRO SOBRE COELLO “XUNTA DE GALICIA”📅 O pasado 12 de setembro, os terreo...
14/09/2026

🐇🏆 CAMPIONATO PROVINCIAL DA CORUÑA DE CANS DE RASTRO SOBRE COELLO “XUNTA DE GALICIA”
📅 O pasado 12 de setembro, os terreos dos TECOR “Urogallo” e “Xubia” acolleron unha nova edición do Campionato Provincial da Coruña de Cans de Rastro sobre Coello, nunha xornada marcada pola emoción, o compañeirismo e o excelente nivel dos equipos participantes.
🏆 Rafael Rodríguez Ures, acompañado polos seus cans Moro, Nei, Nico e Nani, proclamouse Campión Provincial da Coruña, con 475 puntos.
🏆 CLASIFICACIÓN
🥇 1º Rafael Rodríguez Ures — 475 puntos
🐕 Moro · Nei · Nico · Nani
🥈 2º Daniel Bouzas Vázquez — 467 puntos
🐕 Rex · Sky · Tresor · Atos
🥉 3º José Javier Suárez Rama — 461 puntos
🐕 Ventin · Timba · Tana · Vieta
4º Arturo Pérez Magariños — 446 puntos
🐕 Chula · Trufa · Jara · Sana
5º Francisco Abraldes Crujeiras — 420 puntos
🐕 Trufa · Luz · Luna · Barafino
6º José Antonio Fernández Alves — 417 puntos
🐕 Tango · Hércules · Hermosa · Hada
⭐ MORO, “MELLOR CAN DA PROBA”
O beagle “Moro”, propiedade do campión Rafael Rodríguez Ures, foi distinguido ademais como “Mellor Can da Proba”, tras acadar 130 puntos, poñendo o broche de ouro a unha magnífica actuación.
👨‍⚖️ DIRECCIÓN E XULGAMENTO
A dirección da proba correu a cargo de Dinito Carballo.
O xurado estivo formado por José María Álvarez Villar, Óscar Esparís, Francisco Vázquez e Alfonso Collazo.
👏 Desde a Federación Galega de Caza na Coruña queremos agradecer especialmente ao director da proba e aos catro xuíces o seu traballo, dedicación e profesionalidade, fundamentais para o correcto desenvolvemento da competición.
Tamén queremos agradecer a participación de todos os deportistas, así como a colaboración da Sociedade de Caza Urogallo de Ferrol e da Sociedade de Caza Xubia de Fene e Narón.
🤝 O Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Axencia Touceda, Arion e Mutuasport, cuxo apoio contribúe ao impulso das competicións deportivas de caza en Galicia.
🏆 Parabéns a Rafael Rodríguez Ures, a Moro e a todos os participantes por esta magnífica xornada de deporte, compañeirismo e paixón polos cans de rastro! 🐕🌿

Dirección

Vila De Caión, 27 Baixo 2A
Carballo
15100

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
16:00 - 19:00
Martes 09:00 - 14:00
16:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 14:00
16:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 14:00
16:00 - 19:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Federación Galega de Caza na Coruña publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos