Alexandre Boveda

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Alexandre Boveda A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda ten como obxectivos prioritarios a promoción e defensa da lin

Sabes que Manolo Rivas ten novo libro? Este sábado 17 de outubro ás 12 da mañá, acollemos a 1ª presentación da última ob...
14/10/2026

Sabes que Manolo Rivas ten novo libro?
Este sábado 17 de outubro ás 12 da mañá, acollemos a 1ª presentación da última obra do escritor Manuel Rivas, "A revolución dos vagalumes, editada por Xerais".
«A revolución dos vagalumes describe ese tempo histórico desapiadado, onde a aceleración retrógrada vai da man do tecnofeudalismo, dos negacionismos e dun narcisismo tirano. Mais hai unha constelación de xentes e de pobos que non se afai á inxustiza e exerce o dereito a soñar sen medo».

🎶 NARF: A MÚSICA, A MEMORIA E O LEGADO QUE PERMANECEN Hai persoas que deixan unha pegada imposible de borrar. Fran Pérez...
14/10/2026

🎶 NARF: A MÚSICA, A MEMORIA E O LEGADO QUE PERMANECEN

Hai persoas que deixan unha pegada imposible de borrar. Fran Pérez, Narf, é unha delas.

Este venres 16, ás 20h, abrimos as portas do noso local para presentar o libro-CD "Fran Pérez, Narf. Canto sentido", unha coidada publicación de Central Folque que nos convida a redescubrir a vida, a obra e o legado dun dos creadores máis singulares e queridos da nosa cultura.
Testemuños, colaboracións, documentos inéditos, letras e máis dun cento de imaxes compoñen este retrato coral e poliédrico dun artista que fixo da música unha forma única de expresión e encontro.

E para percorrer esta memoria chea de música e vivencias, contaremos con dúas voces moi especiais:

🎤 Xelís de Toro, escritor, músico e amigo de Fran, con quen compartiu escenario en Os Qunindiolas e coordinou xiras musicais por terras inglesas.

🎸 Antonio Pérez, irmán de Fran, compañeiro dos seus primeiros pasos musicais e con quen máis tarde daría vida á lendaria banda Nicho Varullo.

Unha oportunidade para lembrar a Narf, achegarnos á súa historia e celebrar todo o que a súa música segue a dicirnos.

✨ Porque hai voces que non se apagan e músicas que permanecen connosco.

Agardámoste para compartir memoria, música e emoción arredor de Narf!

 Que papel tivo o asociacionismo na recuperación da memoria democrática na Galiza? Que colectivos e iniciativas marcaron...
14/10/2026


Que papel tivo o asociacionismo na recuperación da memoria democrática na Galiza? Que colectivos e iniciativas marcaron estes 30 anos de memorialismo?
👉 Carlos Diegues, doutor en Historia pola UNED, fará un percorrido por 30 anos de asociacionismo memorialístico na Galiza (1977-2007) e analizará os seus principais logros e os desafíos que quedan por diante.
🎙️ O acto contará tamén coa participación de Uxío-Breogán Diéguez, director da Cátedra de Memoria Histórica da UCD, e Carlos Babío Urkidi, presidente da CRMH da Coruña.
Unha boa oportunidade para coñecer, facer balance e reflexionar sobre o futuro da memoria democrática na Galiza.
📍 Agardámoste!

O 14 de outubro de 1964 nace Begoña Caamaño, xornalista e escritora. Traballou na Radio Galega, colaborou en A Nosa Terr...
14/10/2026

O 14 de outubro de 1964 nace Begoña Caamaño, xornalista e escritora. Traballou na Radio Galega, colaborou en A Nosa Terra, Tempos e Novas da Galiza, é autora de reportaxes na Festa da Palabra Silenciada e DeLiberadaMente.
Lectora voraz dende a infancia, Begoña afirmaba: “Escribo porque leo”. O seu paso pola narrativa foi breve -cortado polo cancro que a levou en outubro de 2014, con apenas cincuenta anos-, pero as dúas novelas que publicou en Galaxia abondan para deixar unha pegada fonda na narrativa galega contemporánea.
👉Circe ou o pracer do azul (2009) parte dunha pregunta que a perseguía desde a adolescencia: “E se o que conta Homero non foi verdade?”. Desde aí constrúe un relato no que Penélope e Circe, silenciadas durante séculos, pasan a ocupar o centro do relato. A novela explora a sororidade, o desexo de liberdade e a posibilidade do cambio.
👉Morgana en Esmelle (2012) é unha reflexión contemporánea sobre o poder e a ética, tecida sobre a Materia de Bretaña. “Quixen formular un debate contemporáneo. Sobre que modelo de sociedade queremos”, dixo a autora. A novela obtivo o Premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficción 2012, o Premio da AELG á mellor obra de narrativa, o Premio da Crítica de narrativa galega e o Premio Losada Diéguez de creación literaria 2013. Catro galardóns que son o recoñecemento colectivo dunha obra que continúa moi viva.
A Real Academia Galega acordou dedicarlle neste 2026 o Día das Letras Galegas.
O seu falecemento deixou un baleiro enorme. Pero a súa voz non se foi: está nos libros, nas gravacións, nos artigos e en todo proxecto cultural que traballa por unha Galiza máis xusta.
Ler hoxe a Begoña Caamaño segue sendo unha maneira de pensar o país, a lingua e o feminismo desde a liberdade e o espírito crítico.

A gramática apréndese nos manuais, pero a lingua vívese falando. Se estás a dar os primeiros pasos co galego e che falta...
13/10/2026

A gramática apréndese nos manuais, pero a lingua vívese falando. Se estás a dar os primeiros pasos co galego e che falta un espazo para soltarte con tranquilidade, temos un oco para ti.
Este grupo de conversa non é unha aula nin un exame: é un espazo aberto a quen queira practicar sen medo a trabucarse, sexa cal sexa a súa procedencia. Falaremos do cotián, da cidade, de música ou do que xurda arredor da mesa.
Agardámoste os luns, de 11:00 a 12:00 h na rúa Santo André, 36, 1 (no edificio do Circo de Artesáns)
Mais lembra inscribirte na nosa web.

Practica galego sen presión no grupo de conversa da ACAB: luns de 11:00 a 12:00 na rúa Santo André, 36 (A Coruña). Aberto a todas as procedencias.

🗣️ PENSANDO O FUTURO  A España doente e os lombos que a padecenQue hai detrás das contradicións históricas do Estado esp...
13/10/2026

🗣️ PENSANDO O FUTURO A España doente e os lombos que a padecen
Que hai detrás das contradicións históricas do Estado español? Por que persiste o conflito entre distintas concepcións da organización política dos pobos ibéricos? E de que maneira seguen condicionando o presente?
Xoves, 15 de outubro ás 19.30 h
No 2º encontro do Ciclo Pensando o Futuro, un espazo para o pensamento crítico e a reflexión colectiva, contaremos coa participación do escritor David Rodríguez que impartirá a conferencia A España doente e os lombos que a padecen. Unha achega ás raíces históricas do problema nacional español, ás tensións entre os dous grandes modelos de organización política dos pobos ibéricos e ás formas que esas diverxencias adoptan na actualidade, condicionando profundamente a vida política do Estado.
Pensar o presente para comprender o pasado e imaxinar o futuro.
Agardámoste!

David Rodríguez protagoniza unha nova sesión do ciclo Pensando o Futuro para afondar nas raíces históricas e políticas da diverxencia territorial no Estado español.

O 13 de outubro de 1857 nace na Coruña Eduardo Vincenti Reguera, político galego. Estudou dereito na Universidade de San...
13/10/2026

O 13 de outubro de 1857 nace na Coruña Eduardo Vincenti Reguera, político galego. Estudou dereito na Universidade de Santiago e desenvolveu unha notable carreira política
no Partido Liberal, sendo deputado pola provincia de Pontevedra desde 1886 e até o seu falecemento en 1924.
Ocupouse de asuntos relacionados co ensino público e co profesorado, tamén do desenvolvemento da agricultura e de cuestións relacionadas co sistema foral. Presentou e defendeu contra os criterios conservadores, en 1907, unha importante proposición de lei sobre foros.
Defendeu a necesidade de reformas relativas á gratuidade no ensino, obrigatoriedade da educación, á educación das mulleres e foi defensor da Institución Libre de Enseñanza.

 O 12 de outubro de 1923 estudantes e profesores da Universidade de Santiago de Compostela fundan na casa de Rosalía de ...
12/10/2026


O 12 de outubro de 1923 estudantes e profesores da Universidade de Santiago de Compostela fundan na casa de Rosalía de Castro en Ortoño o Seminario de Estudos Galegos.
O Seminario, co obxectivo de elevar o nivel da nosa cultura e equiparala ás demais culturas europeas, estruturouse en varias seccións dirixidas por cadanseu coordinador: Filoloxía, Arte e Letras, Etnografía, Historia, Prehistoria, Xeografía, Historia da Arte, Historia da Literatura, Pedagoxía, Ciencias Aplicadas, Ciencias Naturais e Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas. O Seminario financiouse con achegas de particulares, colaboracións de organismos públicos, e unha vez máis, polas achegas da comunidade de emigrantes galegos en Bos Aires. As súas creacións son publicadas en diferentes medios, maiormente polo propio Seminario na Editorial Nós de Ánxel Casal, máis tamén na prensa afín ao galeguismo naquela altura, como a revista Nós, o Boletín da Real Academia Galega, o xornal Galicia e El Pueblo Gallego. O Seminario iniciaría estudos en campos en que apenas había nada até ese momento, como o da matemática, a química, a astronomía ou a economía. Unha empresa xigantesca coa que acabaría, de xeito dramático, o golpe de Estado de xullo do 36.

O 11 de outubro de 1914 nace na Coruña o pintor Mario Granell. Aos 14 anos fai as súas dúas primeiras exposicións e empe...
11/10/2026

O 11 de outubro de 1914 nace na Coruña o pintor Mario Granell. Aos 14 anos fai as súas dúas primeiras exposicións e empeza a recibir premios. No ano 1931, instalado coa súa coa súa familia en Madrid, ademais da súa dedicación á pintura inicia a súa actividade política participando nas loitas a prol da República. O inicio da guerra colle a Mario Granell na Coruña. É buscado e perseguido até que unha madrugada de febreiro de 1937, na praia de Bens, é capturado ao ser frustrada unha viaxe que el e un numeroso grupo de republicanos trataban de realizar a Francia. Máis tarde, a este grupo recordaráselle como Os da lancha do monte de San Pedro. É torturado pola Garda Civil, xulgado por un Consello de Guerra e condenado a morte que logo lle sería conmutada pola de 30 anos de prisión. Foi posto en liberdade en outubro de 1943. Durante anos expón, con salientable éxito, nas máis importantes cidades de Galiza e en España. En abril de 1957 emigra a Venezuela onde continúa facendo exposicións. Nos anos setenta expón, con marcado éxito, en Vigo, Pontevedra, Lisboa, Madrid, Bos Aires, Bogotá, Caracas e Venezuela. Os éxitos das súas exposicións acompañarano durante toda a súa vida. Regresará definitivamente á súa terra en abril de 1981.

O 10 de outubro de 1858, cando os dous residían en Madrid, casa Rosalía de Castro e Manuel Murguía. Casan na igrexa de S...
10/10/2026

O 10 de outubro de 1858, cando os dous residían en Madrid, casa Rosalía de Castro e Manuel Murguía. Casan na igrexa de San Idelfonso e actúan de testemuñas don Cándido Luanco e don Manuel Menéndez. O matrimonio tivo sete fillos sen quedar ningún descendente. Alexandra, a súa primeira filla, nace en Santiago o 12 de maio de 1859. Nove anos despois, o 7 de decembro de 1868 nace, tamén en Santiago, a súa filla Aura, que aínda que tivo dous xemelgos estes morreron aos poucos meses de vida. En Lestrobe, o 2 de xullo de 1871, nacen os seus xemelgos Gala (Gala Blanca Eleonora) e Ovidio. Gala non terá sucesión, e Ovidio morre moi novo, o primeiro de xaneiro de 1900, por mor dunha tuberculose. Amara (Amara Honorata Mª del Carmen) nacera na Coruña o 17 de xullo de 1873 e morre dun ataque ao corazón a finais de decembro de 1921 sen descendencia. Adriano Honorato Alexandre, nace o 20 de abril de 1875, e morre ao caer de encima dunha mesa cando contaba ano e medio. A súa última filla é Valentina, nacerá morta o 14 de febreiro de 1877.

Dirección

Santo André, 36, 1
A Coruña
15003

Horario de apertura

Lunes 19:00 - 21:00
Martes 19:00 - 21:00
Miércoles 19:00 - 21:00
Jueves 19:00 - 21:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Alexandre Boveda publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Alexandre Boveda:

Compartir