10/11/2026
Hoxe estamos a vivir a 18ª edición da campaña “Cada niño un juguete”. 🧸✨
Nesta xornada tan especial, temos o orgullo de contar ca presenza de Ana Ortiz (delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo), Luisa Sánchez (vicepresidenta segunda da Deputación de Pontevedra), Iván Iglesias (presidente de AETRAVI), Edelmiro Hermida (xerente do mercado das Travesas e secretario de AETRAVI) e Carlos Leiro (presidente da asociación STOP e director desta iniciativa).
O Nadal está á volta da esquina e, con este impulso, queremos animar a toda a xente a participar e colaborar activamente nas campañas solidarias, lembrando que un pequeno xesto de cada un de nós pode facer moi felices a moitos cativos nestas datas tan sinaladas.
Comercio galego
-
Cofinanciado por a Xunta de Galicia