Avante LGBT+ Vigo

Avante LGBT+ Vigo Nova conta de FB!! Loitando polos dereitos do colectivo 🏳️‍🌈🏳️‍⚧️
Instagram e twitter:

O sábado 17 reunirémonos no C. S. A Desviada nunha xornada de boicot a Eurovisión como protesta da participación de Isra...
09/05/2025

O sábado 17 reunirémonos no C. S. A Desviada nunha xornada de boicot a Eurovisión como protesta da participación de Israel e o branqueamento do xenocidio en Gaza. Comezaremos a xornada ás 21:00 cunha cea temática palestina, e continuaremos ás 23:00 cunha sesión de karaoke.

Achégate!

Formulario para a cea na bio 😊

🗓️ 17/05/25

🕘 21:00 a cea, 23:00 o karaoke

📍 C. S. A Desviada, Av. Fragoso, 47

Non ao xenocidio! Viva Palestina libre! 🇵🇸

Actividades de maio 🏳️‍🌈🏳️‍⚧️Seguimos traballando e traemos un mes cheo de actividades! Este mes de maio achégate ao C.S...
06/05/2025

Actividades de maio 🏳️‍🌈🏳️‍⚧️

Seguimos traballando e traemos un mes cheo de actividades! Este mes de maio achégate ao C.S. A Desviada e desfruta facendo o que máis te gusta na mellor das compañías!

Obradoiro Trans/NB de Maquillaxe ✨🏳️‍⚧️Este domingo xuntámonos no Centro Social A Desviada para compartir trucos, aprend...
06/05/2025

Obradoiro Trans/NB de Maquillaxe ✨🏳️‍⚧️

Este domingo xuntámonos no Centro Social A Desviada para compartir trucos, aprender xuntes e experimentar coa maquillaxe dende unha ollada trans/nb, segura e creativa.

Tanto se maquillas a diario como se nunca probaches, este espazo é para ti. Trae o teu neceser se queres, pero nós levamos material de sobra! Non fai falta experiencia, só ganas de pasalo ben e expresarte libremente.

Vémonos alí!

📆 domingo 11

🕘 18h00

📍 Fragoso, 47

Este sábado volvemos cos xogos de mesa!!Ven a botar unha partida connosco e na mellor das compañías!
05/05/2025

Este sábado volvemos cos xogos de mesa!!
Ven a botar unha partida connosco e na mellor das compañías!

Obradoiro Viño Pinto 🎨🏳️‍🌈🏳️‍⚧️Este vernes 9 de maio, vémonos no Centro Social A Desviada para pintar e brindar xuntes!P...
05/05/2025

Obradoiro Viño Pinto 🎨🏳️‍🌈🏳️‍⚧️

Este vernes 9 de maio, vémonos no Centro Social A Desviada para pintar e brindar xuntes!

Para este obradoiro non é necesario ter coñecementos previos e é para todas as idades. Ademais, dispoñemos de materiais no local, pero podedes traer os vosos propios, como:
* Acuarelas
* Pinceis/ cepillos de dentes
* Vasos/ pratos para pintura
* Trapo/ pano
* Delantal/ mandilón
* Papel de 250gr ou máis/ bastidor

Un consello extra! Se tes un boceto ou debuxo que che gustaría transformar nunha pintura, tráeo! Poderemos axudarche a pasalo a limpo e a darlle vida con cor. Desta maneira, poderás aproveitar ao máximo as dúas horas do obradoiro e levar a casa unha creación única.

Vémonos alí ás 19h!

Queres axudar cos últimos preparativos do noso aniversario? Apetéceche colaborar na organización das actividades do orgu...
30/04/2025

Queres axudar cos últimos preparativos do noso aniversario? Apetéceche colaborar na organización das actividades do orgullo de este ano? Achégate este venres polo CS A Desviada!!

Aniversario Desviado 🎉Este sábado celebramos o noso primeiro aniversario do Centro Social A Desviada, vémonos na noita d...
29/04/2025

Aniversario Desviado 🎉

Este sábado celebramos o noso primeiro aniversario do Centro Social A Desviada, vémonos na noita do 3 ao 4 de maio cunha festa moi especial: un falso fin de Ano, conta atrás cara a un ano enteiro de desviación!

Que haberá?
Campanadas á medianoite, celebrando a entrada no noso segundo ano de desviadas con:

- 12 uvas ou 12 pipocas, para a conta atrás

- Maribingo festivo

- Petiscos e máis sorpresas!!!

Cando?
A noite do venres 3 ao sábado 4 de maio

Onde?
No Centro Social A Desviada

Será unha noite para celebrarnos, facer memoria e poñer en común as enerxías para o que vén.

Contamos convosco para brindar, bailar e compartir este momento tan importante para o Centro Social ✨️

🕙 Horario
21:00 apertura
23:55 conta atrás
01:00 peche

🗓 Noite do 3 ao 4 de maio

📍 Avenida Fragoso, 47. Vigo

26/04/2025
Primeira Asemblea da Desviada 🏳️‍⚧️🏳️‍🌈O próximo día 5 levarase a cabo a primeira asemblea independente do Centro Social...
25/04/2025

Primeira Asemblea da Desviada 🏳️‍⚧️🏳️‍🌈

O próximo día 5 levarase a cabo a primeira asemblea independente do Centro Social A Desviada, queres participar? Achégate o próximo luns 5 ás 20:30 a Fragoso 47!

Vémonos alí 🦉

🗓 luns 5

🕙 20:30

📍Fragoso, 47

Asemblea aberta de abril 📢🏳️‍🌈🏳️‍⚧️Este domingo reunímonos de novo na Desviada ás 19h. Toca organizar maio e comezar a p...
24/04/2025

Asemblea aberta de abril 📢🏳️‍🌈🏳️‍⚧️

Este domingo reunímonos de novo na Desviada ás 19h. Toca organizar maio e comezar a pechar o Orgullo deste ano.

Tes ideas e queres colaborar?? Achégate!!

A música non para na Desfasada! 🏳️‍🌈O vindeiro sábado 26 de abril, festa karaoke con espectáculo drag, onde poderás desf...
22/04/2025

A música non para na Desfasada! 🏳️‍🌈

O vindeiro sábado 26 de abril, festa karaoke con espectáculo drag, onde poderás desfasar cos mellores (ou peores) temazos de karaoke! 👯‍♀️🌟🎤

Vai quentando a voz, as cordas vocais e estirando os grupos musculares porque é o teu momento de dar a nota! Mestura sen censura!🎶

Onde?
No C.S. A Desviada, Avda. do Fragoso, 47

Dirección

Vigo

Página web

https://forms.gle/jtvZjMsLAqoPb8xH6

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Avante LGBT+ Vigo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir