10/11/2026
https://www.facebook.com/share/p/1KNM4wZttQ/
Condolencias da Asociación Provincial de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de A Coruña
Toda a familia da Protección Civil da provincia de A Coruña chora hoxe a trágica marcha do noso compañeiro Simón Cabarcos Novas, quen dedicou o seu empeño e vocación ao servizo no SPEIS e na Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Narón.
Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Narón
Cando nos deixa alguén que fixo da axuda aos demais o seu xeito de vida, o golpe sents en cada recuncho da nosa provincia. Hoxe todas as agrupacións unímonos nunha sóa voz para render tributo á súa memoria, ao seu compromiso e ao exemplar labor que desempeñou protexendo á veciñanza.
Trasladamos as nosas máis sentidas condolencias e a nosa apertas máis calurosa á súa familia, achegados e a toda a corporación de emerxencias de Narón. A vosa dor é tamén a nosa.
Grazas polo teu servizo e pola túa entrega constante.
Descansa en paz, Simón. Sempre no noso recordo.