Asociación de vecinos Ribeiriña-Conchido

Llamar Cómo llegar Contactar con la organización

Asociación de vecinos Ribeiriña-Conchido Nesta conta informaremos de todas as novidades relacionadas coa nosa aldea.

🖤
28/10/2026

🖤

Boas, veciños e veciñas! 👋🏽Xa temos por aquí o novo cartel do Magosto, coa data e os horarios actualizados‼️Apuntade ben...
27/10/2026

Boas, veciños e veciñas! 👋🏽

Xa temos por aquí o novo cartel do Magosto, coa data e os horarios actualizados‼️

Apuntade ben, que hai ganas de festa! 🎉

Vémonos o sábado 14 de novembro a partir das 16:30 h. Co cambio de hora houbo que andar a retocar algunha cousiña, pero xa está todo listo!
🤗

Ás 17: 30 h teremos a actuación de maxia, para deixarnos coa boca aberta! 🎩

E arredor das 18:45 h será a exposición de cabazas, así que ide preparando as vosas! 🎃

Así que xa sabedes: ide facendo sitio na axenda e gardando un oco para a festa‼️

Agardámosvos a todos e todas para pasar unha tarde ben xeitosiña, con maxia, cabazas, doces e, sobre todo, moita troula! 🌰🔥

Boas, veciños e veciñas:Debido ás condicións meteorolóxicas previstas para este domingo, vémonos na obriga de aprazar a ...
22/10/2026

Boas, veciños e veciñas:

Debido ás condicións meteorolóxicas previstas para este domingo, vémonos na obriga de aprazar a celebración do Magosto.

A nova data será anunciada a finais desta semana.

Desculpade as molestias e moitas grazas pola vosa comprensión.

BOOOAS, VECIÑOS E VECIÑAS‼️VOLTAMOS AO TRABALLO! 💪🏽 E con nós, tamén volve a tradicional venda de Lotaría de Nadal, que ...
24/09/2026

BOOOAS, VECIÑOS E VECIÑAS‼️

VOLTAMOS AO TRABALLO! 💪🏽 E con nós, tamén volve a tradicional venda de Lotaría de Nadal, que xa se converteu en toda unha tradición na nosa aldea! ❤️

ESTE ANO XOGAMOS O 49249!!! 🤗

🎟️ O prezo dos décimos seguirá sendo de 23 €:
👉 20 € do propio boleto
👉 3 € de axuda para a Asociación

📍 Estaremos na Escola Unitaria de A Ribeiriña os seguintes días:

➡️ SÁBADO 26 DE OUTUBRO — 11:00 a 13:00h.
➡️ LUNS 28 DE SETEMBRO — 18:30 a 20:30 h.
➡️ LUNS 5 DE OUTUBRO — 18:30 a 20:30 h.
➡️ LUNS 26 DE OUTUBRO — 18:30 a 20:30 h.
➡️ LUNS 2 DE NOVEMBRO — 18:30 a 20:30 h.
➡️ LUNS 30 DE NOVEMBRO — 18:30 a 20:30 h.
➡️ LUNS 7 DE DECEMBRO — 18:30 a 20:30 h.
➡️ LUNS 14 DE DECEMBRO — 18:30 a 20:30 h.

🍀 E SE CAE O GORDO EN A RIBEIRIÑA E O CONCHIDO? 🍀

Pois para que toque… primeiro hai que xogalo! 😉

Animádevos a mercar o voso décimo e, quen sabe… este ano pode tocar aquí! 🎄✨

Unha aperta forte e vémonos na escola! ❤️

08/06/2026

Oxalá puidésemos expresar con algo máis ca palabras todo o vivido este pasado sábado 6 de xuño na terceira edición da festa da nosa aldea.

Mil grazas, de corazón, a cada unha das persoas que se achegaron nalgún momento da xornada para compartir connosco un dos días máis bonitos do ano.

Grazas ao Concello de A Pobra do Caramiñal pola axuda e os servizos prestados.

Grazas tamén a todos os comercios e empresas que nos apoiaron e apareceron nesa pantalla LED que estivo acendida dende a mañá ata altas horas da madrugada. Aos da nosa vila, por suposto, e tamén aos de lugares como Palmeira, Boiro ou Escarabote, porque, a pesar de sermos unha aldea doutro concello, brindáronnos unha axuda e un apoio dignos de agradecer. Os vosos concellos deben sentirse orgullosos de contar con negocios coma os vosos.

E, sobre todo, grazas á veciñanza da Ribeiriña e do Conchido por demostrarnos un ano máis o afortunados que somos de tervos ao noso lado. Queremos lembrarvos que nós unicamente transformamos en traballo e dedicación todo o cariño e o amor que nos destes dende que eramos uns cativos correndo polas rúas da nosa querida aldea. Merecedes isto e moito máis!

Sempre por e para vós!

Vémonos na próxima edición, xentiña 💙

🔥 ESTE SÁBADO XA TES PLAN 🔥A túa programación está aquí… e sábe-lo! 😏E ti, aínda tes dúbidas? 👀📍 PRÉNDESE EN A RIBEIRIÑA...
03/06/2026

🔥 ESTE SÁBADO XA TES PLAN 🔥

A túa programación está aquí… e sábe-lo! 😏

E ti, aínda tes dúbidas? 👀

📍 PRÉNDESE EN A RIBEIRIÑA - O CONCHIDO‼️🔜

III EDICIÓN FESTA A RIBEIRIÑA - O CONCHIDO 🔥Que ganas temos de que gocedes do festón que temos preparado! 🔜🎉Queremos agr...
08/05/2026

III EDICIÓN FESTA A RIBEIRIÑA - O CONCHIDO 🔥

Que ganas temos de que gocedes do festón que temos preparado! 🔜🎉

Queremos agradecer aos negocios colaboradores, á Concellería de Participación Veciñal e á Concellería de Festexos o seu apoio e colaboración 🫂

E, sobre todo, grazas aos veciños e veciñas de A Ribeiriña e O Conchido. Sempre agradecidos polo voso apoio! ❤️

Dirección

A Ribeiriña
Puebla Del Caramiñal
15948

Teléfono

+34664890536

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación de vecinos Ribeiriña-Conchido publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Asociación de vecinos Ribeiriña-Conchido:

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos