Clube Mariño Salnés - Embarcacións tradicionais de Cambados

Clube Mariño Salnés - Embarcacións tradicionais de Cambados Clube de embarcacións tradicionais fundado en Cambados en 1998. A asociación cultural e deportiva Clube Mariño Salnés é constituída no ano 1998 en Cambados.

Embarcacións:
-A Muller de Balboas (dorna de tope).
-Julicheira (dorna polbeira).
-Última (dorna).
-Jipi (loro).
-Máximo (Roga 4'70 anos '70). Navegación: 17 de maio - 12 de outubro. Invernación: 13 de outubro - 16 de maio. Sede: Porto de Tragove, Cambados (36630, Pontevedra). Proxectos en activo:
- Recuperación da tipoloxía "Gamela de Cambados".
- Promoción dunha Mariña Tradicional no Porto de C

ambados.
- Escola de Vela Tradicional.
- Restauración da Águila III, dorna de escarva construcción do carpinteiro de ribeira Domingo Ayaso Oujo (Aguiño, 1949), Premio Traxectoria nos Premios de Artesanía de Galicia 2014.
-Restauración do Jipi, loro típico de Cambados. Outra información: O CMS forma parte de Vela Tradicional Cambados, entidade que engloba ao Clube e á asociación As Ghoritas; e foi membro de Culturmar até o ano 2015.

A III Varada de San Tomé recorda unhas praias de antano, unha época na que existía maior confraternidade e axuda ó veciñ...
03/06/2026

A III Varada de San Tomé recorda unhas praias de antano, unha época na que existía maior confraternidade e axuda ó veciño, onde as relacións interpersoais eran máis auténticas: xa fora para arrimar un hombreiro na rampa como para facer mantementos en aparellos ou embarcacións...

No Clube Mariño Salnés celebramos o recordo desa vida mariñeira e intentamos mantelo vivo ca nosa actividade... e se hai paparola e cerveza... moito mellor!

As dornas Última, Pindirucha, Antuchiño e Sobrada foron as protagonistas do evento, amenizado polas fermosa notas da música de ❤️.

Mentres había persoas na praza do con co evento de música e versos de outros, tirando de preparacionismo (non se pode contar todo aquí) fixeron unhas boas brasas para o que continuaba, había que facer tempo para a próxima marea! 🥰.

Foi unha xornada estupenda, deseando que chegue a seguinte!

Proxecto subvencionado pola , moitas grazas por apoiarnos sempre nos nosas inquedanzas.

🖼️📸 .avelaina
🪧🖌️

Nove dornas tiñanse que botar ó mar para ver se metían auga, unha excusa fácil para que as súas tripulacións se achegase...
03/06/2026

Nove dornas tiñanse que botar ó mar para ver se metían auga, unha excusa fácil para que as súas tripulacións se achegasen á III Varada en San Tomé organizada polo Clube Mariño Salnés.

Poden parecer fotos de "stock" de xente guapísima sorrindo e pasándoo ben, pero é a realidade. Foi un evento ben bonito e por enriba cun clima favorable para a navegación 🔥.

Grazas a todas e todos por achegarse! E por tripular a Josefa, a Lilaina, a Antuchiño, a Peregrina, a Pindirucha, a Última, a Muller de Balboas, a Sobrada, a Rosalía e o Dou dou.

Proxecto subvencionado pola , moitas grazas por apoiarnos sempre nos nosas inquedanzas ❤️.

🖼️📸 .avelaina
🪧🖌️

Este sábado volvemos a xuntarnos na III Varada en San Tomé! É o momento de ver se as dornas meten moita auga despois de ...
27/05/2026

Este sábado volvemos a xuntarnos na III Varada en San Tomé! É o momento de ver se as dornas meten moita auga despois de volver ao mar e, sobre todo, de botar a tarde navegando en boa compañía.

​Deixamos por aquí os horarios para que non vos deixedes nada atrás, achegádevos a compartir esta fermosa xornada 🤎.

​16:00h - Saímos navegar pola ribeira de Cambados.
​19:00h - Varada na Praia de San Tomé.
​20:00h - Izada de velas con Con de Xido.
​20:30h - Música e versos coa Banda de música xuvenil e lectura de poesía.

Dende o Clube Mariño Salnés queremos amosar o noso pesar polo pasamento de Ivonne Baptista e agradecerlle a súa contribu...
25/04/2026

Dende o Clube Mariño Salnés queremos amosar o noso pesar polo pasamento de Ivonne Baptista e agradecerlle a súa contribución a prol do patrimonio marítimo e o achegamento cultural entre Galiza e Portugal. DEP. Museu Marítimo de Esposende

11/04/2026
O pasado sábado 28 de marzo, dende o Clube Mariño Salnés puxemos rumbo a esta xoia das nosas rías, navegando coa xente d...
31/03/2026

O pasado sábado 28 de marzo, dende o Clube Mariño Salnés puxemos rumbo a esta xoia das nosas rías, navegando coa xente de .

A nosa área de actividades, coa fantástica organización de , preparou unha xornada inesquecible. Quen nos acompañou puido mergullarse de cheo na fascinante historia da illa: dende a Idade Media ata hoxe!

Durante a visita, descubrimos os segredos do paso do clero, os ataques do corsario Drake, a influencia da burguesía e como se vivía aquel antigo "feudalismo" ata chegar ao modelo actual de non-propiedade.

Gozamos dunha fermosa camiñada explorando os seus recunchos e, para repoñer forzas, rematamos cun estupendo cocido en Casa Acuña. Un auténtico manxar!

Puidemos tamén coñecer á Carmen, a última dorna de Ons.

Grazas a todas as persoas que fixestes posible esta saída tan enriquecedora. Vémonos na próxima aventura!

14/03/2026

No Clube Mariño Salnés imos acabar sendo uns 'pijos' de moito coidado! Grazas á Concellería de Deportes de Cambados ( ), xa temos a nosa nova pseudogrúa 'volteadornas 3000', á que non paramos de facerlle cambios e melloras para sacarlle o máximo partido. As nosas costas agradéceno moitísimo!

Comezamos cas tarefas de mantemento das nosas embarcacións: inventario, revisión do estado e planificación van seguidas ...
07/03/2026

Comezamos cas tarefas de mantemento das nosas embarcacións: inventario, revisión do estado e planificación van seguidas de limpeza interior, aspirado e primeira man de fondo protector da madeira.

Nesta quenda de mañá de sábado contamos con Dani, Javi, Lorena, Noelia, Romeo, Santi, e Xesús.

Celebramos a inauguración desta exposición tan especial no baixo do Concello de Cambados. Dende o Clube Mariño Salnés qu...
06/03/2026

Celebramos a inauguración desta exposición tan especial no baixo do Concello de Cambados. Dende o Clube Mariño Salnés queremos agradecer a todas as persoas que vos achegastes a descubrir esta visión en feminino da navegación tradicional e da nosa ría.

​A mostra recolle 34 fotografías en branco e negro da fotógrafa Hadriana Ordoñez, capturadas durante a campaña de navegación de 2025 a bordo das nosas embarcacións tradicionais, e moi especialmente da dorna de tope "A Muller de Balboas".
​O encontro de hoxe foi unha fermosa homenaxe visual á transcendental presenza das nosas socias, que coa súa dedicación e enerxía melloran todos os aspectos vitais do noso clube.

​Moitas grazas por acompañarnos!

O Clube Mariño Salnés comprácese en anunciar a inauguración da exposición: As mulleres da Muller de Balboas o vindeiro v...
05/03/2026

O Clube Mariño Salnés comprácese en anunciar a inauguración da exposición: As mulleres da Muller de Balboas o vindeiro venres 6 de marzo ás 20:00h no baixo do concello de Cambados (antigo local da Policía Local).

A mostra recolle 34 fotografías en branco e negro realizadas pola fotógrafa Hadriana Ordoñez durante a campaña de navegación do ano 2025 a bordo das distintas embarcacións tradicionais pertencentes á entidade, especialmente da dorna de tope A Muller de Balboas.

O obxecto da mesma é amosar unha visión en feminino da navegación tradicional en xeral e moi especialmente no seo do Clube Mariño Salnés, onde as socias contribúen coa súa transcendental presenza a mellorar todos os aspectos vitais da entidade.

Dirección

Tragove S/n
Cambados
36630

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Clube Mariño Salnés - Embarcacións tradicionais de Cambados publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir