13/10/2026
Falar de saúde menstrual tamén é falar de accesibilidade e autonomía ❤️
O 22 de setembro compartimos con 39 mulleres de entidades de FADEMGA Plena inclusión Galicia un obradoiro de saúde menstrual accesible, da man da formadora, traballadora social e sexóloga que fai meses que colabora con nós en Galicia, Verónica Ramilo. Grazas Verónica Ramilo
Con ela, exploramos o ciclo menstrual, os produtos menstruais e os cambios da perimenopausa e a menopausa, con materiais que puidemos tocar e coñecer de preto, adaptando os contidos ás necesidades de comprensión do grupo.
Grazas a Fademga Plena Inclusion Galicia por contar con nós e a todas as participantes pola súa curiosidade e participación. Seguimos traballando para que a información sobre os nosos corpos sexa accesible e nos axude a tomar decisións propias.