28/09/2026
🥾🚴 Gozo do Ulla 🚴🥾
O dia de onte, voluntarias de Protección Civil de Rianxo participaron no operativo da actividade deportiva e andaina Gozo do Ulla, celebrada na parroquia de Isorna, no noso concello e organizada pola área de Deportes.
Durante a xornada, as nosas voluntarias prestaron apoio preventivo ao longo da actividade, contribuíndo ao correcto desenvolvemento da mesma e á seguridade das persoas participantes.
Queremos destacar tamén o excelente traballo realizado pola Policía Local de Rianxo, coa que cooperamos durante toda a xornada, sumando esforzos para garantir que a actividade se desenvolvese con total normalidade.
Agradecemos á organización e a todas as persoas implicadas a súa colaboración e confianza.
💙 Un pracer acompañar unha vez máis á nosa veciñanza.