Asociación Ambar

Cómo llegar Página web

Asociación Ambar 💚 𝑰𝒎𝒑𝒖𝒍𝒔𝒂𝒏𝒅𝒐 𝑽𝒊𝒅𝒂𝒔 𝑰𝒏𝒅𝒆𝒑𝒆𝒏𝒅𝒆𝒏𝒕𝒆𝒔 𝑬𝒏 𝑪𝒐𝒎𝒖𝒏𝒊𝒅𝒂𝒅𝒆 💛 💚Impulsando Vidas Independentes En Comunidade💛

✨ Coidarse é cousa de todos/as! ✨Abrimos as inscricións para as nosas Xornadas de Autocoidado, un espazo pensado e abert...
09/11/2026

✨ Coidarse é cousa de todos/as! ✨

Abrimos as inscricións para as nosas Xornadas de Autocoidado, un espazo pensado e aberto para toda a comunidade. 💚 Porque parar un momentiño e coidar o noso benestar físico e mental é máis necesario ca nunca.

O mellor de todo? Estas sesións van estar dinamizadas por Moisés e Julio, persoas usuarias de Ambar, que nos van guiar cunha enerxía marabillosa. Non o podes perder! 🙌

📅 Cando? 24, 26 de novembro e 1 de decembro

⏰ Horario: De 11:00 h a 12:00 h

📍 Onde? Centro Sociocomunitario da Pobra do Caramiñal

⚠️ As prazas son limitadas! Se queres asegurar a túa, reserva xa escribíndonos a:

📧 [email protected]

Anímate a participar e regálate este espazo para ti. 🌱✨

Concello da Pobra do Caramiñal

06/11/2026

📢 Queres que a comarca do Barbanza sexa un lugar onde todas as persoas poidan elixir e participar plenamente na comunidade? 💪
🏡📚 En Ambar, cremos que cada persoa ten dereito a decidir. Por iso, estamos impulsando un proxecto innovador para facer da Barbanza un referente en inclusión e accesibilidade.
✨ O noso obxectivo é que tod@s poidades desfrutar dos recursos e servizos dos vosos entornos naturais, que poidades escoller as actividades que vos gustan e teñades unha participación activa na vosa comunidade.
Interésache? 🤔 pois é posible 🤝. Infórmate no 📞981 87 44 80 .

🎬 Invitámosvos a tod@s á presentación do noso ✨Calendario Solidario 2027✨!📆 Será o vindeiro xoves día 12 ás 11:30h no 📍T...
05/11/2026

🎬 Invitámosvos a tod@s á presentación do noso ✨Calendario Solidario 2027✨!
📆 Será o vindeiro xoves día 12 ás 11:30h no 📍Teatro Cine Elma do Concello da Pobra do Caramiñal .
Non volo perdades! vémonos alí 💚💛.

ℹ️ Lembrade que podedes mercar o Calendario Solidario na prevenda da nosa web📎https://asociacionambar.org/calendario-solidario-2027/ e chegaravos á casa cando estea listo ou podedes seleccionar a recollida no Centro de Recursos se o preferides. Tamén podedes reservalo chamando ó 981 87 44 80 ou escribíndonos a [email protected]

📸 Pichero Estudio Fotografico

🎓 Participamos no VIII CIED na Universidade de Santiago de Compostela! 💚Tivemos a oportunidade de ir á Facultade de Cien...
04/11/2026

🎓 Participamos no VIII CIED na Universidade de Santiago de Compostela! 💚
Tivemos a oportunidade de ir á Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela para formar parte do equipo organizador do VIII CIED.
Durante estas xornadas, colaboramos en diferentes tarefas relacionadas ca organización e o desenvolvemento do congreso, asumindo responsabilidades e participando activamente na dinámica do evento.
Unha experiencia moi enriquecedora que nos permitiu compartir, colaborar e formar parte activa dun espazo de encontro e participación no ámbito universitario. 🤝✨
Queremos dar as grazas ao Grupo de Investigación Terceira Xeración por contar con nós e por ofrecernos esta oportunidade de participación.
Porque participar tamén é aprender, compartir e formar parte!

🎥 Novembro xa chegou e con el a portada deste mes do noso Calendario Solidario 💚💛. Nesta ocasión tócalle a La Mesías 🎞, ...
03/11/2026

🎥 Novembro xa chegou e con el a portada deste mes do noso Calendario Solidario 💚💛. Nesta ocasión tócalle a La Mesías 🎞, protagonizada por María Elena Oujo, Pilar Sandra Lorenzo, Marina Mondelo, Milagros Creo, Olaia Pérez e Oliva María Sampedro e realizada por Pichero Estudio Fotografico .

Unha saída chea de aprendizaxe e diversión! 💚Fai unhas semanas visitamos o Museo Massó, en Bueu, para participar no obra...
02/11/2026

Unha saída chea de aprendizaxe e diversión! 💚
Fai unhas semanas visitamos o Museo Massó, en Bueu, para participar no obradoiro MassoMakion, unha actividade na que puxemos a proba a nosa atención, percepción visual, razoamento e habilidades para resolver problemas a través do xogo cas formas xeométricas.
Inspirándonos nas antigas latas da empresa Massó, construímos diferentes figuras con pezas xeométricas e descubrimos unha adaptación dun antigo crebacabezas atribuído a Arquímedes. 🧠✨

Está mal que o digamos nós, pero onte fixemos unha cea que estaba de medo 👻🕸️.Na Vivenda encántanos aproveitar calquera ...
30/10/2026

Está mal que o digamos nós, pero onte fixemos unha cea que estaba de medo 👻🕸️.

Na Vivenda encántanos aproveitar calquera ocasión para facer ceas temáticas, e por Samaín non ía ser menos 🕯️🍂.

Desfrutamos moito cociñando... e máis aínda comendo 🍽️😋!

Que teñades unha fin de semana moi escuro e divertido. Feliz Samaín a todos! 🎃🦇

ℹ️ Este proxecto é posible grazas á colaboración e ó financiamento da Deputación da Coruña . Grazas por facer realidade o noso proxecto Vivenda con Apoio!

📢 Oferta de emprego | Facilitador/a de inclusión – Técnico/a en actividades deportivas 🏋️‍♂️Precisamos incorporar un/ha ...
29/10/2026

📢 Oferta de emprego | Facilitador/a de inclusión – Técnico/a en actividades deportivas 🏋️‍♂️

Precisamos incorporar un/ha Técnico/a en actividades deportivas para o noso Centro de Recursos da Barbanza (Frións – Ribeira).

📄 Posto: Interinidade por IT (65% da xornada).

📩 Como postularte?
Envíanos o teu CV canto antes a [email protected] ou entrégalo presencialmente no noso Centro de Recursos da Barbanza.

📎asociacionambar.org/facilitador-a-de-inclusion-tecnico-a-en-actividades-deportivas/

ℹ️ Se precisas información en formatos accesibles, podes contactar no 981 875 475 ou por WhatsApp no 607 356 550.

  ✨💜Lembrade as nosas actuacións da semana!📢.Hoxe➡️ actuamos na Casa da Cultura de Outes ás 12h.Este domingo 25 ➡️ Audit...
23/10/2026

✨💜Lembrade as nosas actuacións da semana!📢.
Hoxe➡️ actuamos na Casa da Cultura de Outes ás 12h.
Este domingo 25 ➡️ Auditorio de Cedeira ás 18:00h.

🧜‍♀️Esta xira da Serea Mariña está enmarcada dentro do 'Circuíto en igualdade' da Deputación da Coruña . É unha peza escénica que conxuga tradición e contemporaneidade para mergullarnos no mar galego e no papel fundamental da muller na nosa costa.

Desfrutádea canda nós! deixámosvos a folla de ruta! 🌊👇

📅 23 OUT | Concello de Outes
📍 Casa da Cultura de Outes ⌚ 12:00 h

📅 25 OUT | Concello de Cedeira
📍 Auditorio de Cedeira ⌚ 18:00 h

📅 27 NOV | Concello de Negreira
📍 Auditorio Afonso Eanes ⌚ 20:30 h

📅 3 DEC | Concello de Narón
📍 Auditorio de Narón ⌚ 11:30 h

📅 3 DEC | Concello de Ferrol
📍 Centro Cultural Carvalho Calero ⌚ 18:30 h

📅 12 DEC | Concello de Ames
📍 Auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns ⌚ 17:00 h

Dirección

Lg. De Granxa, 5 San Roque
Puebla Del Caramiñal
15967

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 17:00
Martes 09:00 - 17:00
Miércoles 09:00 - 17:00
Jueves 09:00 - 17:00
Viernes 09:00 - 17:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación Ambar publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos