ribeiracrea

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

ribeiracrea A asociación cultural Ribeira Crea é unha asociación sen ánimo de lucro que busca novas propostas artísticas e culturais que ofrecer a todos os públicos.

🎥 SESIÓN DE CURTAS DE XACIO BAÑO🎥Volve o curso no Cineclube RibeiraCrea Proxecta, esta vez cunha sesión de curtas do dir...
17/10/2026

🎥 SESIÓN DE CURTAS DE XACIO BAÑO🎥

Volve o curso no Cineclube RibeiraCrea Proxecta, esta vez cunha sesión de curtas do director Xacio Baño (Xacio Baño )✨

Nesta sesión teremos o pracer de ver:
🎞️ Anacos (6:30 min)
🎞️ Ser e voltar (14 min)
🎞️ Augas Abisais (25 min)
🎞️ Non te vexo (14 min)
🎞️ Platónico, platónica, (9 min)

Despois, coma sempre, g***remos dun coloquio entre socias, que xa sabedes que nos gusta escoitarvos🧡

📆 Domingo 25 de Outubro
⏰ Ás 17.30h
📍 Na nosa casa, no cocoluche

Grazas a Xacio Baño pola xenerosidade, a Paula do Coco por estar sempre remando a favor da nosa asoci e ás socias por estar presentes🎥✨🌈

Cultura da Deputación da Coruña Deputación da Coruña Concello de Ribeira

🔥SORTEO BEAUTIFUL HELL TATTOO🔥Sí amigas, un sorteo máis!!! Estamos que tiramos a casa pola ventá. Aproveitade que esta é...
03/09/2026

🔥SORTEO BEAUTIFUL HELL TATTOO🔥

Sí amigas, un sorteo máis!!! Estamos que tiramos a casa pola ventá. Aproveitade que esta é a vosa última oportunidade de poder xoghar de xeito virtual e vai ser moi expressss💥

Podes participar neste vale por unha tatuaxe valorada en 50€ ata MAÑÁ ÁS 20h⏰

Instrucións pra participar!!
✖️ Sigue a Ribeira Crea - Asociación Cultural e a Beautiful Hell Tattoo
✖️ Dalle a like á publicación!
✖️ Menciona en comentarios a unha persoa coa que virías g***r do Etal Equal esta finde! Cantos máis comentarios, máis posibilidades🎵

Veña! Sorteo express. Comparte por aí que isto comeza🔥🔥🔥

Mañá venres ás 21h compartimos quen gañou!!

🤞🏽SORTEOS PRESENCIAIS DO COMERCIO LOCAL🤞🏽Coas vosas consumicións na barra do festi, ides conseguir papeletas para sorteo...
03/09/2026

🤞🏽SORTEOS PRESENCIAIS DO COMERCIO LOCAL🤞🏽

Coas vosas consumicións na barra do festi, ides conseguir papeletas para sorteos do comercio local🍀

Hai que dicir tamén, que haberá máis sorteos o domingo que o sábado porque hai que premiar a quen veña os dous días do festi. Así que se queres máis oportunidades de gañar, ven os dous días e pasa pola barra🥳

QUE SE SORTEA?
✨Un vale de 50€ en el GOLIMBREO para que vaias g***r en solitario ou en compañía dunha boa comida🤞🏽
✨Un vale en Morriña Salón de Belleza | Belleza natural & orgánica en Ribeira
✨Un vale pra mercar ben de cousas en A tenda de Maruxa
✨Unha cesta de produtos deliciosos de Abarrotes Marta
✨Un vale por unha necesaria sesión de fisio con Fisioterapia Nati García

Xa sabedes! O consumo en barra ten premio🙏🏽❤️

🍀SORTEO DA TENDA DE MARUXA🍀Si amigas, sen sorteo de A tenda de Maruxa algo lle faltaba ao Etal Equal ✨Este ano A Tenda d...
02/09/2026

🍀SORTEO DA TENDA DE MARUXA🍀

Si amigas, sen sorteo de A tenda de Maruxa algo lle faltaba ao Etal Equal ✨

Este ano A Tenda de Maruxa sortea un GROW PACK de iniciación valorado en 50€🪎
Neste pack atoparás o necesario para comezar o teu primeiro cultivo sen necesidade de leiras🥳

INSTRUCIÓNS❌
☀️ Sigue a A tenda de Maruxa e a Ribeira Crea - Asociación Cultural
☀️ Dalle like á publicación👍🏼
☀️ Menciona en comentarios a algunha colega á que lle cundiría vir ao festi e coñecer a tenda de Maruxa 🔥 cantos máis comentarios máis opcións de gañar!!!

Veña que esta finde imos pasalo mooooi ben e se gañas un sorteíño aínda mellor ou?

🎼MARTIN HUMAN NO ETAL EQUAL🎼Nesta edición apostamos moito pola casa e con este proxecto tamén tivemos puntería💥Martin Hu...
02/09/2026

🎼MARTIN HUMAN NO ETAL EQUAL🎼

Nesta edición apostamos moito pola casa e con este proxecto tamén tivemos puntería💥

Martin Human é unha banda que bebe moito do rock americano, o country e o soul. Súas composicións contan historias dende a introspección e as vivencias propias. No último ano a banda evolucionou hacia un son máis contundente e eléctrico que nos directos ten moita garra e enerxía, o que prepara o cocktail perfecto para acompañar unha voz que sostén o silencio antes do aplauso.

Verémolos o domingo 6 de setembro ás 15.00h dándoo todo na praza de teruel🔥

☀️MICRO ABERTO DO COCOLUCHE NO ETAL EQUAL☀️O Micro Aberto Cocoluche é unha comunidade xa consolidada que naceu no cocolu...
02/09/2026

☀️MICRO ABERTO DO COCOLUCHE NO ETAL EQUAL☀️

O Micro Aberto Cocoluche é unha comunidade xa consolidada que naceu no cocoluche grazas á organización voluntaria de Nan Îllonia 🧡

Esta iniciativa se organiza cada luns no Cocoluche pra xerar un espazo seguro no que as participantes comparten o que lles gusta, o que escriben, o que len, o que cantan, o que compoñen, etc. ✨

O curso no Micro Aberto comeza este domingo pechando o Etal Equal Festival!! Se queres compartir algo que fas, este é o momento.
📲Inscríbete no insta Micro Aberto Cocoluche 🌺

🌈Comparte e vémonos esta finde la praciña!!

☀️NAN ILLONIA NO ETAL EQUAL☀️Estar en familia é un privilexio do que moito nos aproveitamos no Etal Equal. Nando é amigo...
01/09/2026

☀️NAN ILLONIA NO ETAL EQUAL☀️

Estar en familia é un privilexio do que moito nos aproveitamos no Etal Equal. Nando é amigo e compañeiro, e pra nós poder contar con xente da casa no festi é un orgullo💘

Das profundas terras de Îllonia chega este cantautor cunha ampla traxectoria musical ás suas espaldas.
No ano 2005 comeza a subirse de maneira profesional aos escenarios dos que xa nunca baixaría.

Baixo o nome de Chamaquito Pistolas, cas súas propias composicións por bandeira e con 3 discos baixo o brazo xunto ás Balas Perdidas, percorre a península con distintos formatos para levar a súa mensaxe a calquera recuncho que o acolla.

Pechada esta etapa a finais do 2019, toca mudar de novo a pel e reinventarse cociñando a lume moi lento durante estes anos unha nova personaxe baixo a cal dará a luz un reto persoal de 20 cancións que saiu á luz no 2025 baixo o nome
de “Illado” e no que porá a proba a súa capacidade multiinstrumentista.

Grazas por vir a este festi que é casiña Nando! Vide desfrutar deste proxecto de música de autor tan bonito🌈

Vémonos o domingo 6 na Praza de Teruel no vermú con Nan Illonia🍻

🌈MERCADIÑO DE ARTE LOCAL🌈Que bonita queda a Praza de Teruel chea de artistas locais e postos cheos de cores🌼Os postos qu...
31/08/2026

🌈MERCADIÑO DE ARTE LOCAL🌈

Que bonita queda a Praza de Teruel chea de artistas locais e postos cheos de cores🌼

Os postos que temos o sábado son:
🌸 sapaduna
🌸 Alba Sabaris Abalo
🌸

O domingo estarán na praciña:
🌸 Teresa Ramallo
🌸 néboa Creacións
🌸 Linhaio
🌸 Violeta
🌸 ~ m e l ~
🌸 LZNG. 🇵🇸
🌸 Marijo Sampedro
🌸 Maria Goretti

Apoiade ás nosas artistas locais e aproveitade este mercadiño pra agasallar cousas feitas con moito gusto, agarimo e traballo💘

Compartide e acompádenos nestas dúas xornadas🌈

💥DAYDREAM SESSIONS NO ETAL EQUAL💥Un ano máis cos Daydream na casa amigas❤️ o ano pasado cancelamos o seu bolo por chuvia...
30/08/2026

💥DAYDREAM SESSIONS NO ETAL EQUAL💥

Un ano máis cos Daydream na casa amigas❤️ o ano pasado cancelamos o seu bolo por chuvia pero seguro que este ano os desfrutaremos🙏🏽

Daydream Session é un espectáculo
musical coordinado por Sergio Abuín Guzmán Sergio Abuín (voz e guitarra), Dec Decsus (batería) e
Adrián Arias 🍁 Adrián Arias (teclas).

É unha Jam Session itinerante na que se convida a
participar a distintas músicas e artistas do panorama musical galego. De forma conxunta traballan para crear unha xornada chea de groove, baile e boas vibras facendo desfrutar a todo o mundo.
Os xéneros que máis lles gustan son o jazz, soul, hip-hop, funk e R&B.

🔥Vide g***r desta xentiña o sábado 5 ás 21h🔥

Dirección

Santa Eugenia De Ribeira
15960

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando ribeiracrea publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a ribeiracrea:

Atajos

Compartir