10/07/2023
🌱 MES DO ORGULLO LGBTIQ+ 🏳️🌈
Comezamos a programación o domingo 25 cun faladoiro co youtubeiro Olaxonmario onde estivemos analizando as distintas violencias que sofre o colectivo, no Bar A Galeguiña 🧃💬
O día 28 da diversidade sexual e de xénero, veu cargado e xunto coas compañeiras Mulleres en Acción da Barbanza BNG Ribeira izamos a bandeira na Praza do Centenario! 🏳️🌈
Deseguido, acudimos ó acto do pregón de Xandre Millet onde as súas palabras sacudiron sentimentos e loitas incansabéis para o colectivo 🌟
Á tardiña na Praza do Concello tivemos unha concentración pola conmemoración deste día do Orgullo, coa lectura do manifesto asinado por Mulleres en Acción, Asociación Avoar , Galiza Nova onde quixemos lembrar á cidadanía cales son os nosos dereitos e demandas ✊🏻.
📝 Poderedes atopar o manifesto dispoñible para a súa lectura no Espazo Mariola.https://espazomariola.wordpress.com/
Gustaríanos lembrar o apoio que amosaron a esta programación Unión de Muchachas e á rapazada de Turbina Espacial, que tiveron a súa propia concentración e festa Holi na Praza do Concello de Boiro🌈
Por último, clausuramos os actos do mes do orgullo coa recollida dos buzóns dos libros lgbt dos institutos IES Leliadoura e N°1, onde queremos agradecer tanto ó alumnado coma o profesorado por participaren e implicarense nesta pequena acción ✨