Asociación Española Contra o Cancro A Coruña

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Asociación Española Contra o Cancro A Coruña Páxina oficial da Xunta Provincial na Coruña da Asociación Española Contra o Cancro www.asociacioncontraelcancer.es

Página oficial de Facebook de la Junta Provincial de A Coruña, de la Asociación Española Contra el Cáncer.

🎶 As Pontes viviu o pasado sábado unha noite de música, espectáculo e, sobre todo, moita solidariedade coa celebración d...
10/11/2026

🎶 As Pontes viviu o pasado sábado unha noite de música, espectáculo e, sobre todo, moita solidariedade coa celebración da súa Gala Solidaria a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro 💚

O Auditorio Municipal Cine Alovi acolleu esta cita na que a Rondalla Vila de As Pontes, No Cómbaro e Arrivederci puxeron o talento e a música, mentres Juan Anillo amenizou a velada.

👏 Grazas a todos os artistas por colaborar, a Juan Anillo por acompañarnos durante a gala e ao Concello de As Pontes.

E, por suposto, grazas a todas as persoas que asististes e ás que colaborastes coa vosa achega. Cada xesto conta e axúdanos a seguir ofrecendo apoio e acompañamento ás persoas con cancro e ás súas familias, así como a impulsar a investigación oncolóxica 🔬

Seguimos sumando esforzos contra o cancro!

🟢 Esta mañá presentamos o manifesto «Todos contra o cancro. 10 compromisos para seguir avanzando», xunto ás entidades qu...
10/11/2026

🟢 Esta mañá presentamos o manifesto «Todos contra o cancro. 10 compromisos para seguir avanzando», xunto ás entidades que se sumaron a esta iniciativa.

Con motivo das eleccións xerais do 29-N, pedimos a todos os partidos políticos que incorporen medidas concretas contra o cancro nos seus programas e na axenda da próxima lexislatura.

10 compromisos con cinco grandes obxectivos: máis prevención e detección precoz, unha atención integral e humana, maior protección social e laboral, máis investigación e innovación e mellores políticas baseadas en datos.

Porque, aínda que duplicamos a supervivencia ao cancro nos últimos 40 anos, aínda queda moito por facer.

Queremos que se fale de cancro. Queremos que sexa unha prioridade.

https://manifiesto.contraelcancer.es/

🎶 A música, a cultura e a solidariedade volven xuntarse en Cee nunha nova edición do Festival Solidario Contra o Cancro ...
10/11/2026

🎶 A música, a cultura e a solidariedade volven xuntarse en Cee nunha nova edición do Festival Solidario Contra o Cancro 💚

A Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro en Cee organiza o VI Festival Solidario Contra o Cancro, unha cita na que diferentes artistas e agrupacións locais compartirán o seu talento por unha boa causa 🎗️

🗓️ Sábado, 5 de decembro

🕢 Ás 19:30 h

📍 Casa da Cultura de Cee

🎟️ Entrada: 8 € (inclúe número para o sorteo). Os menores de 12 anos teñen entrada gratuíta.

👉 Actuarán: Club Arte e Movemento, Coro Chan das Lamas, Coro Infantil da Escola Municipal de Música de Cee, Grupo de baile Novo Viana, Marcos Traba, Noemí Calvo Quintela e Tomás Lagoa Blanco.

🤝 Moitas grazas á Xunta Local de Cee por organizar o evento e ao Concello de Cee polo seu apoio nesta iniciativa.

O pasado sábado, vivimos unha nova edición de Cedeira canta contra o cancro 🎶💚O Auditorio Municipal reuniu á veciñanza a...
09/11/2026

O pasado sábado, vivimos unha nova edición de Cedeira canta contra o cancro 🎶💚

O Auditorio Municipal reuniu á veciñanza arredor dunha causa común, nunha noite na que os artistas locais foron os grandes protagonistas: Guadi Galego, Cantareiras de Buxainas, O Chilava, Los Eternos, Seavil, o grupo de improvisación da Escola de Música, Os Benignos e Mark Singleton.

👏 Grazas a todos os artistas por compartir o seu talento e ao Concello de Cedeira polo seu apoio nesta iniciativa.

Un agradecemento especial á veciñanza de Cedeira por demostrar, unha vez máis, que a música tamén pode ser unha forma de sumar esforzos contra o cancro 💚

💚 Seguimos batindo récords: 800 persoas asistiron á nosa cea solidaria en Arteixo 📍Unha vez máis, a resposta da cidadaní...
09/11/2026

💚 Seguimos batindo récords: 800 persoas asistiron á nosa cea solidaria en Arteixo 📍

Unha vez máis, a resposta da cidadanía foi extraordinaria, esgotando todas as entradas en tan só unha semana e demostrando a forza do compromiso colectivo 🫶

🎤 A gala estivo presentada por David Vilares e Laura Boado, da TVG.

🎶 Ademáis, contamos coa música de Lucía Pérez, César Romero e Aixa Romay Cantante, que puxeron ritmo e alegría á velada durante a cea.

🎁 E sorteáronse máis de 3.000 agasallos doados polas empresas colaboradoras, nunha mostra máis da implicación do tecido empresarial coa nosa causa.

🎂 Un dos momentos máis especiais chegou coa celebración do 25º aniversario da cea, que se conmemorou cunha tarta e unhas velas. Un cuarto de século de solidariedade, unión e apoio á Asociación Española Contra o Cancro.

Moitas grazas ás 800 persoas que asistiron, aos artistas, aos presentadores, aos colaboradores, ao Concello de Arteixo e, especialmente, aos voluntarios e voluntarias da Xunta Local de Arteixo 👏👏👏

💪 Seguimos sumando esforzos para axudar aos pacientes e ás súas familias 🫂 e para avanzar na investigación oncolóxica 🔬

09/11/2026

Mentres tanto, necesitan confiar nos profesionais sanitarios.

Sentirse escoitado, acompañado e seguro tamén forma parte dunha atención máis humana. 🫂

Juan lémbranos que confiar nos profesionais sanitarios tamén axuda a afrontar a incerteza. Porque coidar vai moito máis alá do tratamento.

💚✨ 5.600 GRAZAS, FERROL! ✨💚O reto era chegar ás 5.000 persoas. E hoxe, superámolo! 🙌 Máis de 5.600 participantes convert...
08/11/2026

💚✨ 5.600 GRAZAS, FERROL! ✨💚

O reto era chegar ás 5.000 persoas. E hoxe, superámolo! 🙌 Máis de 5.600 participantes converteron Ferrol nunha inmensa marea verde e fixeron da XIII edición de Ferrol en Marcha Contra o Cancro a máis multitudinaria da súa historia.

🏃 Miles de persoas saíron hoxe á rúa por unha mesma causa: apoiar a investigación oncolóxica e acompañar ás persoas con cancro. A carreira e andaina volveu encher as rúas de Ferrol e os máis pequenos da casa tamén tiveron o seu espazo coas probas infantís 👧👦 Familias, amizades, persoas voluntarias, entidades colaboradoras, empresas… e tamén numerosas mascotas 🐾 sumáronse a unha xornada chea de compromiso e solidariedade!
💬 A presidenta da Xunta Local da Asociación en Ferrol, Isabel Estevan, agradeceu a extraordinaria resposta da cidadanía, destacando que este fito é o reflexo dunha cidade que volve demostrar que sempre está ao lado de quen máis o precisa.

O evento contou ademais coa presenza da vicepresidenta da Asociación en Ferrol, Mabel Sanesteban, o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey; a delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, M artina Aneiros; o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, José Antonio Álvarez Vidal; e o almirante do Arsenal de Ferrol, Vicente Rubio Bolívar, entre outros.

E nada disto sería posible sen o labor de preto dun centenar de persoas voluntarias, que traballaron durante as últimas semanas para facer posible esta cita solidaria👏

Esta XIII edición de Ferrol En Marcha Contra o Cancro é posible grazas ao patrocinio de Vegalsa Eroski, Solán de Cabras España, Autoridade Portuaria de Ferrol San Cibrao, Xunta de Galicia, Gadis, Clinica Dental Patricia Aneiros, Visualtec, Auchan Teyca Repsol, Unigraf, Decathlon España, ALI Bebé, CC Odeón, Parador de Ferrol, Grupo Jrilo, Error! Ferrol e Mástil Rotulación; ; así como o apoio do Concello de Ferrol e a colaboración da Armada, Navantia, Federación Galega Atletismoe Club Castro de Lobadiz.

📸 Bústate nas fotos!

Baixo o lema «Coidar desde un Patrimonio da Humanidade», a Asociación Española Contra o Cancro organiza en Lugo o IV Con...
07/11/2026

Baixo o lema «Coidar desde un Patrimonio da Humanidade», a Asociación Española Contra o Cancro organiza en Lugo o IV Congreso Galego de Persoas con Cancro e Familiares 💚

Declarado de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia (SA301A 2026/3-2).

📍Auditorio Municipal Fuxan os Ventos en Lugo

🗓 Sábado, 14 de novembro

⌚ 9:00h

🤝 O congreso está aberto a toda a poboación e será un espazo para compartir experiencias e coñecementos sobre o cancro a través de mesas de diálogo, talleres e conferencias, entre as que destacan o relatorio «Un intruso na familia», do Dr. José Carlos Hernández Fernández, e «Unha viaxe de ida e volta: da ciencia á sala de tratamento», da Dra. María Soledad Soengas.

📲 Inscríbete de forma gratuita en https://congresos.contraelcancer.es/galicia/ ou nas nosas sedes en , , , , , , , e

➡ Organizado pola Asociación Española Contra el Cáncer Lugo, Asociación Española Contra o Cancro A Coruña, Asociación Española Contra o Cancro en Ourense e Asociación Española Contra el Cáncer Pontevedra.

Reserva a data! 🥰

🚭 O tabaco e os novos dispositivos de consumo tamén representan un risco para a saúde. Coñecer os seus efectos é fundame...
06/11/2026

🚭 O tabaco e os novos dispositivos de consumo tamén representan un risco para a saúde. Coñecer os seus efectos é fundamental para previr enfermidades como o cancro de cabeza e pescozo.

👉 Desde a Asociación Española Contra o Cancro organizamos, en colaboración coa Universidade da Coruña e UDC Saudable, a conferencia «Tabaco e novos dispositivos: o papel da logopedia nas secuelas do cancro de cabeza e pescozo».

Un encontro no que abordaremos tanto os riscos do consumo de tabaco e dos novos dispositivos como a importancia da logopedia na atención ás persoas que presentan secuelas tras este tipo de cancro.

🗓 Xoves, 19 de novembro

🕙 De 10:00 a 11:30 h

📍 Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación.

👩‍⚕️ Participarán: Iria Villar, técnica de Promoción da Saúde da Asociación, e María Ramallo, logopeda.

Unha oportunidade para aprender, resolver dúbidas e seguir avanzando na prevención 👏

O domingo 29 de novembro, a Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro en Mugardos presenta o seu calendario sol...
05/11/2026

O domingo 29 de novembro, a Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro en Mugardos presenta o seu calendario solidario 🗓💚

No acto de presentación, contaremos coa actuación de:

🎶 Coral Portomarín

🎶 Coral Polifónica Casino Ferrolano

🎶 Rondalla Mugardesa

🕖 Ás 19:00 h

📍 Casino Mugardés

💶 Prezo do calendario: 8 €

👏 Grazas a todas as agrupacións participantes, ao Concello de Mugardos e ao Casino Mugardés pola súa colaboración para facer posible esta iniciativa.

Agardámosvos para compartir unha tarde de música e solidariedade! 💚

Dirección

Real 1, 1º
A Coruña
15003

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 17:30
Martes 09:00 - 17:30
Miércoles 09:00 - 17:30
Jueves 09:00 - 17:30
Viernes 09:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación Española Contra o Cancro A Coruña publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Asociación Española Contra o Cancro A Coruña:

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos