Fundación Paideia Galiza

Cómo llegar Página web

Fundación Paideia Galiza Páxina oficial da Fundación Paideia Galiza.

Hoxe levámosvos a coñecer un pouco mellor os nosos espazos☀️Ao longo dos anos, coa chegada de novos proxectos e a evoluc...
27/10/2026

Hoxe levámosvos a coñecer un pouco mellor os nosos espazos☀️

Ao longo dos anos, coa chegada de novos proxectos e a evolución da nosa actividade, fomos abrindo diferentes sedes para estar máis preto das persoas e dos territorios cos que traballamos.

Cada sede ten a súa propia actividade, pero en todas elas compartimos o propósito de apoiar iniciativas, acompañar persoas e dar resposta ás necesidades que van xurdindo.
Neste carrusel amosámosvos que facemos en cada unha delas🙌🏽

Agardámosvos nos nosos espazos cos brazos abertos!❤️

23/10/2026

💬 «Para min, ter un emprego é como arranxar a túa vida»
 «Para min foi unha oportunidade única»
«A miña vida deu un xiro de 180 graos»
 
Que significa atopar un emprego máis ala de conseguir un traballo? 
 
Hoxe escoitamos a algunhas das persoas que, tras participar no noso Programa Integrado de Emprego, conseguiron incorporarse ao mercado laboral e dar un novo rumbo ás súas vidas. As súas experiencias lémbrannos a importancia de xerar oportunidades e acompañar ás persoas no seu camiño cara ao emprego. 
 
Desde o Programa Integrado de Emprego traballamos cunha convicción clara, todas as persoas, absolutamente todas, merecen unha oportunidade laboral 💙 
 
Impulsamos o Programa Integrado de Emprego coa colaboración da Consellería de Promoció de Emprego e igualdade 

20/10/2026

Despois de compartir a nosa historia, o que nos impulsou desde o inicio e os obxectivos que nos guían no presente e de cara ao futuro, hoxe queremos amosarvos outra parte desta evolución: a da nosa identidade visual 🤍

Un percorrido desde 1986 ata a actualidade a través dos diferentes logotipos, que reflicten como fomos evolucionando ao longo destes 40 anos ✨🕰️

19/10/2026

O venres celebramos o peche de Interritmos Raíces Vivas 🌿
 
Un encontro para mirar atrás, percorrer o vivido ao longo destes últimos meses e celebrar o que fomos construíndo neste camiño. Coma as árboles, tamén a música ten o seu cerne: aquilo que a sostén, a alimenta e lle permite seguir medrando.
 
Nos melismas do flamenco e nos xiros da música de raíz galega vense as pontes entre culturas que nos lembran que, baixo terra, norte e sur, comparten raíces.
 
Quizais diso se trate, de volver á orixe para seguir avanzando, de retroceder cara ao futuro ✨
 
Grazas a todas as persoas que mantendes viva a nosa cultura, que a compartides e que facedes posible que estas raíces sigan vivas ❤️
 

13/10/2026

Hai datas que marcan un antes e un despois 🤍

Desde 1986, a Fundación Paideia Galiza percorreu un camiño de transformación, crecemento e novos proxectos que foron dando forma ao que somos hoxe 🙌🏽

Botamos a vista atrás para lembrar algúns dos fitos que marcaron a nosa traxectoria, momentos, decisións e iniciativas que impulsaron a nosa evolución ao longo destes anos. 
 
Desliza e descobre como chegamos ata aquí 🫶🏽

Cinco proxectos e un mesmo obxectivo: seguir facendo medrar a música galega 🩵🎶Pechamos esta etapa de  + co agradecemento...
09/10/2026

Cinco proxectos e un mesmo obxectivo: seguir facendo medrar a música galega 🩵🎶

Pechamos esta etapa de + co agradecemento de quen viviu o programa desde dentro e coa ilusión de todo o que está por vir.

Dende a Fundación Paideia cremos que apostar polo talento local é apostar polo futuro da nosa cultura. É ofrecer recursos, coñecementos, contactos e oportunidades para que as e os artistas poidan transformar a súa paixón nunha carreira profesional sólida e con percorrido.

Facémolo coa convicción de apoiar unha industria musical galega máis forte, conectada e chea de posibilidades.

Iniciativa levada a cabo en colaboración coa Xunta de Galicia Axencia Galega das Industrias Culturais

08/10/2026

Tu proyecto tiene algo que decir. ¿Quieres reforzar tu universo visual?

Llega la nueva edición de INTERRITMOS ✨

Una formación gratuita y presencial para proyectos de música y danza que quieren construir una identidad propia:

🎭 Imagen
👀 Estilismo
✨ Escenografía
💃🏽 Branding cultural
🙌🏽 Dirección de arte

📍 MÁLAGA |
📅 Inscripción abierta hasta el 15/10
✍🏽 Link en bio

Formación cofinanciada por el a través de la y la Fundación Paideia con la colaboración de y

06/10/2026

As oportunidades non aparecen por casualidade, constrúense ✨

Detrás de cada novo paso profesional hai aprendizaxe, esforzo, práctica e, moitas veces, alguén que confía en ti.

No Programa Integrado de acompañamos ás persoas neste proceso, creando espazos para aprender, desenvolver novas capacidades e achegarse ao mundo laboral con maior seguridade.

E os primeiros resultados deste ano demostran que, cando persoas, empresas e profesionais traballan na mesma dirección, as oportunidades medran 🙌🏽

Seguimos construíndo camiños cara ao emprego.

Impulsamos o Programa Integrado de Emprego coa colaboración da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da

Dirección

Plaza María Pita, 17
A Coruña
15001

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 18:15
Martes 09:00 - 18:15
Miércoles 09:00 - 17:00
Jueves 09:00 - 18:15
Viernes 09:00 - 14:45

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Fundación Paideia Galiza publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos