Real Academia Galega de Belas Artes

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Real Academia Galega de Belas Artes Institución consultiva da Administración Pública, en todo o relacionado co estudio, a conservaci?

As funcións da Academia, especificadas nos seus estatutos e desenvolvidas mediante unha vida académica intensa, lévana a cabo seus membros, académicos numerarios e correspondentes, profesionais e especialistas de recoñecido prestixio, pertencentes ás súas Seccións.

Imaxes da xornada “Novas miradas sobre José Suárez” que tivo lugar onte no Museo de Pontevedra Museo de Pontevedra , act...
30/10/2026

Imaxes da xornada “Novas miradas sobre José Suárez” que tivo lugar onte no Museo de Pontevedra Museo de Pontevedra , actividade presentada polo vicepresidente da Academia Celestino García Braña e pola directora do Museo de Pontevedra Ángeles Tilve Jar María Ángeles Tilve Jar , acto que contontou coas conferencias impartidas por: Carlos L. Bernárdez; Menchu Lamas Menchu Lamas; Miguel Anxo Seixas Miguel Anxo Seixas Seoane e Cristina Echave e coa proxección do documental “José Suárez, a mirada humanista”, de Xurxo Lobato Xurxo Lobato Sanchez

Imaxes da xornada “Novas miradas sobre José Suárez” que tivo lugar onte no Museo de Pontevedra Museo de Pontevedra , act...
30/10/2026

Imaxes da xornada “Novas miradas sobre José Suárez” que tivo lugar onte no Museo de Pontevedra Museo de Pontevedra , actividade presentada polo vicepresidente da Academia, Celestino García Braña e pola directora do Museo de Pontevedra Ángeles Tilve Jar María Ángeles Tilve Jar , acto que contontou coas conferencias impartidas por: Carlos L. Bernárdez; Menchu Lamas Menchu Lamas; Miguel Anxo Seixas Miguel Anxo Seixas Seoane e Cristina Echave e coa proxección do documental “José Suárez, a mirada humanista”, de Xurxo Lobato Xurxo Lobato Sanchez

Fotos: Xurxo Lobato Xurxo Lobato Sanchez

Imaxes do primeiro acto do Ciclo “A modernidade revisitada. Intervencións contemporáneas no Patrimonio Arquitectónico do...
27/10/2026

Imaxes do primeiro acto do Ciclo “A modernidade revisitada. Intervencións contemporáneas no Patrimonio Arquitectónico do S.XX” actividade encadrada nos “Martes das Artes” coordinado pola Dra. Arquitecta Luz Paz Agras Luz Paz Agras no que o Dr. Arquitecto e académico Fernando Agrasar Quiroga impartiu a conferencia “Novas perspectivas para a intervención arquitectónica: FUNDACIÓN PRADA”. A charla estivo presentada pola coordinadora do Ciclo e Celestino García Braña, vicepresidente da Academia.
Todos os actos do ciclo terán lugar ás 19:30 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) con entrada libre ata completar capacidade.
Os ”Martes das Artes” están patrocinados pola Xunta de Galicia; Deputación da Coruña; Concello da Coruña, vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Deputación de Ourense fotos: Xurxo Lobato Sanchez
Cultura de Galicia Cultura Coruña Vicepresidencia Depu. Lugo Deputación da Coruña Deputación Ourense



O vindeiro xoves 29 de outubro terá lugar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra a xornada “Novas miradas sobre Jos...
27/10/2026

O vindeiro xoves 29 de outubro terá lugar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra a xornada “Novas miradas sobre José Suárez”, coordinada polo académico e fotoxornalista Xurxo Lobato .lobato. O acto dará comezo ás 16:30 horas coa presentación do mesmo a cargo do vicepresidente da Real Academia Galega de Belas Artes Celestino Garcia Braña e da directora do Museo de Pontevedra Ángeles Tilve Jar ; a continuación terán lugar as conferencias “O caderno de Bueu de Maruja Mallo e os mariñeiros de José Suárez” impartida polo académico Carlos L. Bernárdez; “A imaxe da muller nas fotos de José Suárez” impartida pola artista plástica e académica Menchu Lamas .lamas ; “José Suárez e Ruth Matilda Anderson, dous xeitos de ollar Galicia” a cargo do historiador e presidente da Fundación Castelao Miguel Anxo Seixas e “José Suárez no Museo de Pontevedra: recuperación, catalogación e difusión do patrimonio fotográfico galego” impartida pola responsable do arquivo gráfico do Museo de Pontevedra, Cristina Echave.
A xornada rematará coa estrea do documental “José Suárez, a mirada humanista” dirixido polo fotoxornalista e académico Xurxo Lobato.

O acto, organizado polo Museo de Pontevedra , xunto á Real Academia Galega de Belas Artes , está encadrado nas actividades que se celebrarán durante o ano co gallo do Día das Artes Galegas 2026.
https://museo.depo.gal/web/museo/-/actividade-novas-miradas-sobre-jose-suarez

PROGRAMA
De 16:30 a 20:30 h
16:30 h. Presentación
16:45 h. Conferencia de Carlos Bernárdez “O caderno de Bueu de Maruja Mallo e os mariñeiros de José Suárez”
17:15 h. Conferencia de Menchu Lamas: “A imaxe da muller nas fotos de José Suárez”
17:45 h. Conferencia de Miguel Anxo Seixas “José Suárez e Ruth Matilda Anderson, dous xeitos de ollar Galicia”
18.30 h. Conferencia de Cristina Echave “José Suárez no Museo de Pontevedra: recuperación, catalogación e difusión do patrimonio fotográfico galego”
19:15 h. Proxección. José Suárez, a mirada humanista, de Xurxo Lobato

O vindeiro martes 27 de outubro ás 19:30 horas dará comezo o Ciclo de conferencias coordinado por Luz Paz Agras  “A mode...
23/10/2026

O vindeiro martes 27 de outubro ás 19:30 horas dará comezo o Ciclo de conferencias coordinado por Luz Paz Agras “A modernidade revisitada. Intervencións contemporáneas no Patrimonio Arquitectónico do S.XX”. Esta actividade, composta por 4 ponencias, está encadrada nos “Martes das Artes”.

A primeira conferencia titulada “Novas perspectivas para a intervención arquitectónica: FUNDACIÓN PRADA” terá lugar o martes 27 de outubro e será impartida polo Dr. Arquitecto e académico Fernando Agrasar Quiroga . O día 10 de novembro, as arquitectas Noelia Vázquez Abelenda .vazquez.abelenda e Sara Paz Fabián, impartirán a charla “O patrimonio industrial como oportunidade: BATTERSEA STATION (Londres) e HIGH LINE (Nova Iork)”. O día 17 do mesmo mes , Luz Paz Agras , coordinadora do Ciclo, e María J. González Meijide impartirán charla titulada “De vivenda moderna a contemporánea: GRAND PARC (Burdeos) e DE FLAT (Amsterdam)”. Por último, o martes 1 de decembro concluirá el Ciclo coa conferencia “Patrimonios intanxibles: TRAVESÍA DE VIGO e outros proxectos” que será impartida pola arquitecta Carme Nogueira

Todos os actos do ciclo terán lugar ás 19:30 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) con entrada libre ata completar capacidade.

Os ”Martes das Artes” están patrocinados pola Xunta de Galicia; Deputación da Coruña; Concello da Coruña, vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Deputación de Ourense

.coruna




.udc

Imaxes do quinto dos actos de homenaxe a Marcial del Adalid con motivo do bicentenario do seu nacemento. A actividade co...
20/10/2026

Imaxes do quinto dos actos de homenaxe a Marcial del Adalid con motivo do bicentenario do seu nacemento.

A actividade consistiu no concerto “Cantares viejos y nuevos de Galicia” para voz e piano de Marcial del Adalid a cargo da mezzosoprano Nuria Lorenzo Nuria Lorenzo Lopez e do pianista Alejo Amoedo Alejo Amoedo Portela .

O recital estivo presentado polo académico da Sección de Música da Academia Academia Galega de Belas Artes Juan Durán e Margarita Viso Margarita Viso Soto

O Ciclo “Bicentenario Marcial del Adalid (1826-1881)” está encadrado nos “Martes das Artes”.

Os ”Martes das Artes” están patrocinados pola Xunta de Galicia; Deputación da Coruña; Concello da Coruña, vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Deputación de Ourense
Cultura de Galicia Concello da Coruña Cultura Coruña Deputación da Coruña Cultura da Deputación da Coruña Vicepresidencia Depu. Lugo Deputación Ourense





Fotos Xurxo Lobato Sanchez

Imaxes da da exposición “José Suárez, vida e obra”, exposición itinerante na rúa que a través de fotografías, textos e u...
20/10/2026

Imaxes da da exposición “José Suárez, vida e obra”, exposición itinerante na rúa que a través de fotografías, textos e un coidado deseño reflicte a obra do artista, poñendo en valor a súa creatividade.

A mostra, encadrada na programación do Día das Artes Galegas 2027, está comisariada polo académico Xurxo Lobato Xurxo Lobato Sanchez e organizada pola Academia coa colaboración do Concello de Pontevedra Concello de Pontevedra , pode ser visitada a partir do día de hoxe ata o 20 de novembro no Paseo Antonio Odriozola de Pontevedra.

Academia Galega de Belas Artes


Imaxes da da exposición “José Suárez, vida e obra”, un dos actos programados para esta edición do “Día das Artes Galegas...
20/10/2026

Imaxes da da exposición “José Suárez, vida e obra”, un dos actos programados para esta edición do “Día das Artes Galegas 2026”, mostra, que a través de fotografías, textos e un coidado deseño reflicte a obra do artista, poñendo en valor a súa creatividade.

A mostra, comisariada polo académico Xurxo Lobato Xurxo Lobato Sanchez e organizada pola Academia coa colaboración do Concello de Pontevedra Concello de Pontevedra , pode ser visitada a partir do día de hoxe ata o 20 de novembro no Paseo Antonio Odriozola de Pontevedra.

Academia Galega de Belas Artes


Dirección

Plaza Pintor Alvarez De Sotomayor, 1
A Coruña
15001

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 16:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Real Academia Galega de Belas Artes publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Real Academia Galega de Belas Artes:

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos