18/06/2026
🌡️Vaga de calor na Mariña? Pois a resposta vai ser non. Agora ben, si se agardan que as temperaturas vaian estar por enriba do habitual e que, en principio, o domingo 21 sexa o día máis cálido do que queda de semana. Sobre todo, no interior da Mariña. Nestas localidades os termómetros poderían aproximarse aos 35º ese domingo. No litoral, un pouco "máis frescas" quedándose ao redor dos 25º.
👉Ese día existe bastante incerteza no litoral xa que poderían ser protagonistas as néboas costeiras. Nubes que coa axuda de vento do norte axudarían nos demais días a que a "o peor" dure practicamente un día... Agora ben, as mínimas van ser tamén elevadas. De momento, ata martes inclusive só ese domingo existe a posibilidade de acadar eses 35º no interior da Mariña.
👉Un xuño anormal que ata un día 17 é o máis solleiro da historia en Foz con 140 horas, cando o promedio son 92 horas. Practicamente o ano pasado só levabamos a metade deste ano. É tamén o terceiro máis cálidos e só caeu 1 mm en 17 días... Tamén menos chuvioso! Está sendo claramente un xuño anormal! Datos de MeteoGalicia.