Aspanane

Aspanane Organizacion no gubernamental

🎭 “NON QUERO ESTAR SÓ” 🎭O Grupo de Teatro de ASPANANE volve subir ao escenario para presentar unha obra que fala dunha r...
26/05/2026

🎭 “NON QUERO ESTAR SÓ” 🎭

O Grupo de Teatro de ASPANANE volve subir ao escenario para presentar unha obra que fala dunha realidade que moitas persoas sentiron algunha vez: a soidade.

Ricardo busca amizades, comprensión e o seu lugar no mundo, pero no camiño descubrirá algo moi importante: non necesitamos seguir á masa para ser felices, nin cambiar quen somos para sentirnos aceptados.

Unha historia emotiva, profunda e chea de momentos que nos farán reflexionar sobre a amizade, o respecto e a importancia de ser un mesmo.

✨ O teatro en ASPANANE é moito máis ca unha representación.
É ilusión, esforzo, aprendizaxe, compañeirismo e unha maneira de demostrar todo o talento, a creatividade e a capacidade das persoas que forman parte do noso grupo.

Despois de anos levando a súa arte dentro e fóra de Viveiro, participando en actividades culturais e recibindo o cariño do público en cada actuación, o noso grupo de teatro continúa defendendo, enriba do escenario, valores tan importantes como a igualdade, a inclusión e o respecto.

Porque o teatro tamén pode cambiar miradas.
Porque o teatro tamén pode facer un mundo mellor 💙

📍 Teatro Pastor Díaz de Viveiro
📅 Sábado, 30 de maio
🕗 20:00 h

Agardámosvos para compartir unha noite moi especial ✨

👀Algo novo estamos a argallar en ASPANANE...🧐- Un proxecto que nos ilusiona✨- Un desexo que nace de 4 persoas con visión...
25/05/2026

👀Algo novo estamos a argallar en ASPANANE...🧐

- Un proxecto que nos ilusiona✨
- Un desexo que nace de 4 persoas con visión inclusiva👥
- Unha aposta pola creatividade🎨

Imós aló...a ver que sae...💙

🏀⚽ Día de convivencia, deporte e amizade 💙Hoxe viaxamos ata Monforte de Lemos para desfrutar dunha fantástica xornada xu...
23/05/2026

🏀⚽ Día de convivencia, deporte e amizade 💙

Hoxe viaxamos ata Monforte de Lemos para desfrutar dunha fantástica xornada xunto aos nosos amigos de .

Durante o día disputamos dous encontros da Liga : pola mañá un partido de baloncesto e pola tarde un emocionante encontro de fútbol sala. Máis alá dos resultados, o máis importante foi compartir momentos, risas, compañeirismo e moito deporte 💪😊

Ademais, tivemos tempo para comer todos xuntos e seguir fortalecendo esa amizade que fai tan especiais estas xornadas de convivencia🫂

Grazas por recibirnos e por compartir con nós un día tan bonito. Agardamos repetir moi pronto! 💙

Visita ó faro de Estaca de Bares🏮🌊✨ Hoxe vivimos unha experiencia inesquecible no Faro de Estaca de Bares, no concello d...
22/05/2026

Visita ó faro de Estaca de Bares🏮
🌊✨ Hoxe vivimos unha experiencia inesquecible no Faro de Estaca de Bares, no concello de Mañón, un lugar único, cheo de historia e dunha beleza espectacular que nos impresionou desde o primeiro minuto 💙
Esta saída foi posible grazas a Lula González, da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao ⚓, a quen queremos agradecer especialmente a súa implicación na organización de actividades tan enriquecedoras e necesarias.
Da man de Carmen Rosa, a farera 🫶, tivemos a enorme sorte de descubrir o faro por dentro ata chegar á zona da lanterna , onde desfrutamos dunhas vistas impresionantes de toda a costa 🌅🌊. Grazas tamén pola súa cercanía e por compartir connosco un lugar tan especial.
Despois realizamos un agradable paseo 🚶‍♀️🚶 ata as antigas instalacións militares americanas de Estaca de Bares 🏚️, coñecendo parte da historia deste enclave tan representativo da nosa terra.
Un dos momentos máis especiais do día chegou cando paramos para conectar co entorno en silencio 🍃🕊️, escoitando unicamente o son do mar e dos paxaros 🌊🐦. Momentos así axúdannos a desfrutar da natureza, favorecer o benestar persoal e seguir creando experiencias que nos enriquecen e nos unen, 💫porque actividades coma esta tamén nos permiten coñecer e sentir máis preto o noso patrimonio natural e cultural 🌿🏛️💙
O proxecto “Entre Mareas: Respectar, g***r e crear”, cofinanciado pola Unión Europea, conta cunha axuda da Consellería do Mar ó abeiro da estratexia do desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobada polo GALP A Mariña- Ortegal ó amparo da Orde do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ó abeiro das (EDLP), aprobadas ós grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura 2021-2027 e se convocan as correspondentes para o ano 2025, tramitada como anticipo de gasto (código de procedemento PE155A).

Mañás ao sol🌞Momentos para disfrutar, compartir e crear lembrazas xuntos🫂O compañerismo, as risas e os pequenos instante...
21/05/2026

Mañás ao sol🌞
Momentos para disfrutar, compartir e crear lembrazas xuntos🫂
O compañerismo, as risas e os pequenos instantes do día a día son os que fan especiais as nosas mañás!

Saída ó entorno da praia e porto de Morás. 🌊☀️ Hoxe vivimos unha saída moi especial ao entorno da Praia de Morás e o seu...
20/05/2026

Saída ó entorno da praia e porto de Morás.

🌊☀️ Hoxe vivimos unha saída moi especial ao entorno da Praia de Morás e o seu porto, en Xove, unha xornada chea de emocións, aprendizaxes e conexión coa natureza 💙.
Vimos e sentimos o mar 🌊, deixándonos levar polas sensacións que nos ofrece o noso entorno natural, e escoitamos o seu son 👂, que nos acompañou durante toda a experiencia. A través dos sentidos 👀✋ fomos descubrindo o que nos rodeaba, compartindo momentos de atención, curiosidade e disfrute.
Despois percorremos o camiño ata o porto ⚓, onde observamos as embarcacións pesqueiras e as artes de pesca 🎣, achegándonos á nosa cultura mariñeira e comprendendo mellor a importancia do mar na vida da nosa contorna. Na volta tamén visitamos o antigo parque de fabricación de dolos 🪨, un espazo cheo de historia e significado.
Unha actividade que nos permite parar, observar, sentir e aprender, ao tempo que fortalecemos o vínculo coa natureza 🌿 e co patrimonio natural e cultural da nosa costa 💙 🌊
O proxecto “Entre Mareas: Respectar, g***r e crear”, cofinanciado pola Unión Europea, conta cunha axuda da Consellería do Mar ó abeiro da estratexia do desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobada polo GALP A Mariña- Ortegal ó amparo da Orde do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ó abeiro das (EDLP), aprobadas ós grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura 2021-2027 e se convocan as correspondentes para o ano 2025, tramitada como anticipo de gasto (código de procedemento PE155A).

🎭 Este pasado sábado vivimos unha tarde moi especial no Teatro Pastor Díaz coa estrea de “Oficina de Emprego”, a nova ob...
18/05/2026

🎭 Este pasado sábado vivimos unha tarde moi especial no Teatro Pastor Díaz coa estrea de “Oficina de Emprego”, a nova obra do Grupo de Teatro de ASPANANE.

Un escenario cheo de humor, situacións inesperadas e moito traballo detrás de cada escena, onde os nosos actores e actrices volveron demostrar todo o seu talento, esforzo e ilusión. 💙

Queremos agradecer a todas as persoas que nos acompañastes nesta estrea e que fixestes do sábado unha experiencia inesquecible co voso apoio e os vosos aplausos 👏

Seguimos apostando pola cultura, a inclusión e por crear espazos nos que cada persoa poida expresarse e brillar enriba do escenario ✨

TeatroInclusivo Cultura DiscapacidadeIntelectual Galicia

🎭✨ ESTREAMOS NOVA OBRA TEATRAL ✨🎭O Grupo de Teatro de ASPANANE presenta “Oficina de Emprego”, unha obra que nos mergulla...
14/05/2026

🎭✨ ESTREAMOS NOVA OBRA TEATRAL ✨🎭

O Grupo de Teatro de ASPANANE presenta “Oficina de Emprego”, unha obra que nos mergulla na realidade do mundo laboral actual e na procura dun emprego digno.

A través de diferentes situacións e personaxes, a obra invítanos a reflexionar non só sobre os distintos tipos de traballo que existen, senón tamén sobre aqueles valores que todas as persoas deberiamos poñer en práctica para construír unha sociedade mellor: a igualdade, o respecto, a inclusión, a paz e a xustiza social. 💙

Unha representación cargada de mensaxe, emocións e momentos para pensar… pero tamén para desfrutar do teatro e compartir unha tarde moi especial. 🎬✨

📍 Teatro Pastor Díaz – Viveiro
📅 Sábado 16 de maio
🕗 20:00 horas

Agardámosvos para acompañarnos nesta nova aventura sobre o escenario! 💙

Inclusión CulturaInclusiva Teatro

Visita á Lonxa e á Cofradía de Celeiro Hoxe tivemos o pracer de visitar a Cofradía e a lonxa de Celeiro nunha xornada mo...
13/05/2026

Visita á Lonxa e á Cofradía de Celeiro

Hoxe tivemos o pracer de visitar a Cofradía e a lonxa de Celeiro nunha xornada moi especial ⚓🐟
Na lonxa, Juan explicounos dun xeito moi ameno como funcionan as poxas, as especies que se capturan na nosa costa e as diferenzas entre unha pescada de pincho e outra de volante, ademais de amosarnos outros exemplares mariños 🐠
Despois, Ignacio acompañounos á sala de exposicións da Cofradía, onde puidemos coñecer diferentes artes e aparellos de pesca, así como maquetas de barcos con moita historia e tradición 🚢
Queremos agradecer a Juan e Ignacio a súa atención, por resolver todas as nosas dúbidas e por achegarnos dunha maneira tan interesante a unha parte fundamental da cultura mariñeira da nosa vila 💙

🌱✨ Novidades no noso taller de madeira ✨🌱No taller de madeira de ASPANANE seguimos creando con ilusión e hoxe queremos e...
13/05/2026

🌱✨ Novidades no noso taller de madeira ✨🌱

No taller de madeira de ASPANANE seguimos creando con ilusión e hoxe queremos ensinarvos unha das nosas últimas novidades: uns maceteiros feitos con moito coidado, dedicación e agarimo 🪵🪴

Detrás de cada peza hai un proceso no que poñemos esforzo, aprendizaxe e traballo en equipo, coidando cada detalle ata conseguir o resultado final.

Encántanos ver como as ideas van collendo forma e converter a madeira en creacións únicas e cheas de vida 🌿

Deslizade para descubrir un pouquiño do proceso e ver como quedaron 👀✨

DiscapacidadeIntelectual TraballoEnEquipo CreandoConIlusión Maceteiros Creatividade

Dirección

RÚA LAVANDEIRAS, S/N/CELEIRO/VIVEIRO/
Lugo
27863

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Aspanane publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir