GALP A Mariña-Ortegal

Cómo llegar Página web

GALP A Mariña-Ortegal Entidade sen ánimo de lucro colaboradora da Consellería do Mar para a implementación da EDLP.

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro, é unha entidade sen ánimo de lucro, colaboradora da Consellería do Mar na dobre vertente de axente de desenvolvemento na aplicación da EDLP da zona pesqueira, e na xestión e o control das axudas que se tramiten para o desenvolvemento da Estratexia de Desenvolvemento Local (EDPL) para o período de programación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020, que foi aprobada pola Consellería do Mar.

🌊⚓ O GALP A Mariña-Ortegal participou en Madrid na Sesión Técnica da Rede Española de Grupos de Pesca (REGP) 2026.🤝 Onte...
30/10/2026

🌊⚓ O GALP A Mariña-Ortegal participou en Madrid na Sesión Técnica da Rede Española de Grupos de Pesca (REGP) 2026.

🤝 Onte, 29 de outubro, tivo lugar en Madrid a Sesión Técnica da REGP 2026, un encontro que reuniu representantes dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de diferentes territorios para compartir experiencias, intercambiar boas prácticas e reflexionar conxuntamente sobre os principais retos e oportunidades que afrontan o sector pesqueiro e as comunidades costeiras.

🐟 Ao longo da xornada abordáronse diferentes cuestións de especial interese para os GALP, entre as que destacaron a valorización e promoción dos produtos pesqueiros locais, a importancia de impulsar iniciativas que contribúan á dinamización económica e social dos territorios costeiros e o futuro do desenvolvemento local participativo no novo Marco Financeiro Plurianual 2028-2034.

🌍 Así mesmo, púxose en valor o traballo desenvolvido no marco de FAMENET, destacando a importancia da cooperación, o intercambio de coñecementos e a difusión de experiencias que permitan seguir avanzando cara a un sector pesqueiro máis sostible, innovador e competitivo.

💬 A sesión estivo marcada polo diálogo, a participación e o intercambio de ideas entre os asistentes, favorecendo a posta en común de iniciativas e experiencias desenvolvidas nos diferentes territorios pesqueiros.

💙 Desde o GALP A Mariña-Ortegal valoramos moi positivamente a participación neste tipo de encontros, que nos permiten coñecer outras realidades, compartir experiencias, identificar novas oportunidades de colaboración e continuar aprendendo das iniciativas impulsadas por outros GALP.

⚓ Seguimos apostando polo traballo en rede, a cooperación entre territorios e o intercambio de boas prácticas como ferramentas fundamentais para fortalecer o desenvolvemento local participativo, poñer en valor os recursos do noso litoral e contribuír á creación de novas oportunidades para o sector pesqueiro e as comunidades costeiras da Mariña e Ortegal.

🇪🇺 Seguimos traballando polo presente e o futuro dos nosos territorios pesqueiros!

🌊 Queres aprender a elaborar produtos de peixes e mariscos como conservas, salgados, afumados, patés, desecados e moitos...
29/10/2026

🌊 Queres aprender a elaborar produtos de peixes e mariscos como conservas, salgados, afumados, patés, desecados e moitos outros? Gustaríache emprender no sector da transformación do produto pesqueiro?

⚓️ O GALP A Mariña-Ortegal convídate a participar nos encontros informativos de Feito co Mar, un proxecto para fomentar o emprendemento a través da transformación do produto pesqueiro.

💡 Estamos a traballar na posta en marcha de Viveiros Formativos de Emprendemento, que contarán con dous programas en 2027.

Nestes encontros informativos poderás:
📌 Coñecer a programación detallada e datas dos Viveiros Formativos.
📌 Saber en que consisten os Espazos de Traballo Colaborativo como modelos de emprendemento, con exemplos prácticos.
📌 Aclarar dúbidas, compartir ideas e reservar a túa praza.

Calendario de encontros:
📅 VIVEIRO | Mércores 4 de novembro | 12:00 h
Salón de Plenos do Concello (Praza Maior, 1)

📅 VIVEIRO | Mércores 4 de novembro | 17:00 h .- SECTOR PESQUEIRO
Salón de Plenos do Concello (Praza Maior, 1)

📅 CEDEIRA | Xoves 5 de novembro | 17:00 h
Auditorio de Cedeira (Rúa Convento, s/n)

📅 FOZ | Xoves 12 de novembro | 10:40 h
IES de Foz (Rúa Castelao, s/n)

ℹ️ Máis información e contacto: i.gal/feitocomar
Correo: [email protected]
Teléfono: 627 570 950

Feito co Mar é un proxecto de cooperación dos GALP de Galicia, cofinanciado pola Unión Europea e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia a través do FEMPA.

💙 O proxecto de cooperación «Relevo xeracional: o futuro do mar» puxo o broche final a un ano de traballo cun acto de cl...
28/10/2026

💙 O proxecto de cooperación «Relevo xeracional: o futuro do mar» puxo o broche final a un ano de traballo cun acto de clausura celebrado o 27 de outubro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, que reuniu a máis de 80 persoas.

🐟 Ao longo deste ano, alumnos e alumnas de 25 centros educativos tiveron a oportunidade de descubrir de preto o sector marítimo-pesqueiro, coñecer os seus profesionais e explorar as posibilidades formativas e laborais que ofrece.

🚢 Visitas a portos, confrarías, estaleiros e centros de formación, experiencias a bordo de embarcacións e actividades divulgativas permitiron achegar a realidade do mar ás novas xeracións.

🤝 Unha iniciativa de cooperación dos oito GALP de Galicia, entre eles o GALP A Mariña–Ortegal, coordinada polo GALP Ría de Arousa, coa colaboración do GALP vasco Itsas Garapen Elkartea.

👏 Un ano sementando vocacións, compartindo experiencias e demostrando que o noso mar está cheo de oportunidades! 💙

🌱 Porque apostar pola mocidade é apostar polo futuro do sector marítimo-pesqueiro.

🇪🇺 Proxecto financiado pola Consellería do Mar no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

🌊 ARTELLANDO MARIÑEIROS, no Catálogo de Boas Prácticas do FEMPA 2026!A Rede Española de Grupos de Pesca (REGP) vén de pu...
27/10/2026

🌊 ARTELLANDO MARIÑEIROS, no Catálogo de Boas Prácticas do FEMPA 2026!

A Rede Española de Grupos de Pesca (REGP) vén de publicar unha nova edición deste catálogo, que recolle 26 iniciativas destacadas de diferentes territorios costeiros de España.

👏 Entre elas está Artellando Mariñeiros, un proxecto do Club Náutico As Forcadas, de Cedeira, que achega a mocidade ao mar a través de actividades educativas, deportivas e culturais, promovendo o coñecemento e a valoración da nosa cultura mariñeira.

💙 Parabéns ao Club Náutico As Forcadas por este recoñecemento!

⚓ Unha iniciativa que contou co apoio do GALP A Mariña-Ortegal, no marco das axudas do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) na convocatoria 2025.

📸 Compartimos as páxinas do proxecto e animámosvos a descubrir outras boas prácticas do noso litoral!

🔗 Consulta o catálogo completo:
https://regp.pesca.mapama.es/sites/default/files/2026-10/2026.10.19_CATLGO_BBPP_DLP%202026_web.pdf

🌊 O MAR TAMÉN É FUTURO. DESCUBRE O TEU CAMIÑO!⚓ O proxecto RELEVO XERACIONAL: O FUTURO DO MAR participa en EDUGAL 2026, ...
22/10/2026

🌊 O MAR TAMÉN É FUTURO. DESCUBRE O TEU CAMIÑO!

⚓ O proxecto RELEVO XERACIONAL: O FUTURO DO MAR participa en EDUGAL 2026, a Feira Educativa de Pontevedra, que se celebra do 21 ao 23 de outubro, cun stand propio dedicado a dar a coñecer as oportunidades formativas e profesionais que ofrece o sector marítimo-pesqueiro.

Durante estas tres xornadas, achegamos ao alumnado, profesorado, orientadores e orientadoras e público en xeral as múltiples posibilidades de formación e emprego vinculadas ao mar, amosando que se trata dun sector con tradición, pero tamén con grandes oportunidades de futuro, innovación, tecnoloxía e desenvolvemento profesional.

🎓 A través deste espazo informativo, as persoas visitantes poden coñecer as diferentes opcións de Formación Profesional e FP Dual, as titulacións e acreditacións necesarias para exercer distintas profesións marítimo-pesqueiras, así como as saídas laborais existentes nun sector que precisa incorporar novas xeracións de profesionais.

🤝 VISITA INSTITUCIONAL AO NOSO STAND

Hoxe, xoves 22 de outubro, tivemos o pracer de recibir a visita de Ángeles Vázquez Suárez, directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Xunta de Galicia, que se achegou ao noso stand para coñecer de primeira man esta iniciativa e os seus principais obxectivos.

Esta visita permitiu poñer en valor o traballo que se está a desenvolver para fomentar o relevo xeracional no sector marítimo-pesqueiro, promover novas vocacións entre a mocidade e dar visibilidade ás oportunidades de formación e emprego que ofrece o mar.

Así mesmo, destacou a importancia de reforzar a conexión entre o ámbito educativo e o sector pesqueiro, facilitando que as novas xeracións coñezan a realidade das profesións vinculadas ao mar e descubran novas posibilidades para construír o seu futuro profesional.

💙 O relevo xeracional é un dos grandes retos do sector marítimo-pesqueiro. Por iso, iniciativas como esta resultan fundamentais para achegar o mar á mocidade, espertar o interese polas profesións mariñeiras e contribuír á continuidade dunha actividade esencial para a economía, a identidade e o desenvolvemento dos nosos territorios costeiros.

🌊 Porque o futuro do mar depende das novas xeracións, da formación e das oportunidades que sexamos capaces de crear!

📍 EDUGAL · Pontevedra

📅 21, 22 e 23 de outubro

🕙 De 10:00 a 18:00 h

👉 Se estás pensando no teu futuro profesional, achégate ao noso stand e descubre todo o que o mar pode ofrecerche.

O MAR TEN FUTURO. E TI PODES FORMAR PARTE DEL! 🌊

🌊 Come o mar, come saúde! 🍽️Do 22 de outubro ao 22 de novembro, 64 restaurantes de todo o litoral galego únense á inicia...
19/10/2026

🌊 Come o mar, come saúde! 🍽️

Do 22 de outubro ao 22 de novembro, 64 restaurantes de todo o litoral galego únense á iniciativa Pesca Saúde, en colaboración cos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro 🐟🦐

💙 En colaboración cun equipo de nutricionistas, deseñamos e seleccionamos propostas equilibradas nas que o peixe, o marisco, os moluscos e as algas do noso litoral son os grandes protagonistas. Unha oportunidade para g***r da excelencia da nosa cociña, apostar polo produto de proximidade (Km0) e coidar do teu benestar!

ℹ️ Consulta a lista de establecementos adheridos en pescasaude.gal e descarga os menús coa súa información nutricional.

🗓️ Do 22 de outubro ao 22 de novembro

🌊 Reserva no teu restaurante favorito e pide o teu Menú Pesca Saúde!

🌊 O TURISMO MARIÑEIRO REÚNE EXPERIENCIAS INTERNACIONAIS EN SANXENXO!⚓ Os días 15 e 16 de outubro, Sanxenxo convértese nu...
16/10/2026

🌊 O TURISMO MARIÑEIRO REÚNE EXPERIENCIAS INTERNACIONAIS EN SANXENXO!

⚓ Os días 15 e 16 de outubro, Sanxenxo convértese nun punto de encontro internacional arredor do mar coa celebración do Congreso Internacional de Pesca & Turismo, unha cita que reúne a máis dun cento de participantes procedentes de dez países para compartir experiencias, intercambiar coñecementos e explorar novas oportunidades de desenvolvemento vinculadas ao pescaturismo e ao turismo mariñeiro.

🤝 Desde o GALP A Mariña-Ortegal participamos neste encontro, que representa unha excelente oportunidade para coñecer iniciativas desenvolvidas noutros territorios, establecer novas conexións e seguir avanzando na posta en valor do noso patrimonio marítimo-pesqueiro.

Durante a primeira xornada, o congreso centrouse en diferentes aspectos fundamentais para o presente e o futuro do turismo mariñeiro:

🔹 O marco normativo do turismo mariñeiro e da pesca-turismo, analizando as posibilidades de desenvolvemento destas actividades.

🔹 Experiencias europeas de éxito, que permiten coñecer iniciativas innovadoras e boas prácticas aplicadas noutros territorios.

🔹 O papel das confrarías de pescadores e das organizacións profesionais, como protagonistas na conservación das tradicións e na creación de novas oportunidades económicas.

🔹 A importancia das redes de cooperación e da gobernanza, fundamentais para establecer sinerxías entre o sector pesqueiro, o turístico e as administracións.

🔹 A promoción do pescaturismo e do turismo mariñeiro, como ferramentas para diversificar a actividade pesqueira, achegar os oficios do mar á sociedade e dar a coñecer a riqueza cultural das comunidades costeiras.

🔹 O papel dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) no impulso de iniciativas que contribúan á dinamización económica e social dos territorios vinculados ao mar.

🌊 A segunda xornada está dedicada á exhibición internacional de proxectos de pescaturismo e turismo mariñeiro, coa presentación de diferentes iniciativas, a entrega de galardóns e a realización de visitas prácticas a actividades de pesca-turismo e marisqueo.

💙 Este congreso enmárcase en Mar e Rías: Pesca & Turismo, un proxecto de cooperación no que participamos os oito GALP de Galicia, baixo a coordinación do GALP Ría de Pontevedra.

Esta iniciativa busca impulsar novas experiencias turísticas vinculadas ao sector pesqueiro, poñer en valor o traballo dos profesionais do mar, preservar e difundir a cultura mariñeira e favorecer a diversificación económica das comunidades costeiras.

Desde o GALP A Mariña-Ortegal consideramos fundamental participar neste tipo de encontros, que nos permiten compartir aprendizaxes, descubrir novas formas de aproveitar de maneira sostible os recursos e o patrimonio mariñeiro e continuar traballando por un futuro cheo de oportunidades para o noso territorio.

Porque o mar non é só unha actividade económica: é cultura, tradición, identidade e tamén unha fonte de novas oportunidades de futuro.

🇪🇺 Proxecto de cooperación financiado pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia, no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

15/10/2026

🌊 A MARIÑA-ORTEGAL, UN TESOURO SUBMARINO QUE MERECE SER COÑECIDO

🐠 Baixo as augas do noso litoral agóchase un extraordinario patrimonio natural, cheo de vida, biodiversidade e paisaxes submarinas que merecen ser descubertas e postas en valor.

🎥 O documental «Baixo as augas de A Mariña-Ortegal», de Carlos Gil, foi premiado no Ciclo Internacional de Cine Submarino de San Sebastián (CIMASUB), un recoñecemento que contribúe a situar o noso territorio no mapa da riqueza submarina e a dar a coñecer a beleza dos seus fondos mariños.

A través de imaxes espectaculares, este traballo achéganos a un mundo aínda descoñecido para moitas persoas, amosando a diversidade de especies, os bosques de algas e os ecosistemas que fan da costa da Mariña e Ortegal un espazo natural de enorme valor.

💙 Un proxecto que contou co apoio do GALP A Mariña-Ortegal, no marco do noso compromiso coa posta en valor do patrimonio marítimo, a divulgación ambiental e a promoción sostible dos recursos e das potencialidades do territorio.

Este tipo de iniciativas permiten descubrir outra perspectiva da nosa costa, reforzar o vínculo entre o mar e a sociedade e poñer de manifesto a importancia de coñecer, conservar e protexer a riqueza natural que nos rodea.

👏 Desde o GALP A Mariña-Ortegal queremos trasladar os nosos parabéns a Carlos Gil por este merecido recoñecemento e polo seu labor para dar visibilidade ao extraordinario mundo que se agocha baixo as nosas augas.

🌊 Porque A Mariña e Ortegal teñen moito que amosar, tamén baixo o mar!

📰 Podes ler a entrevista completa publicada en AMariñaXa:

https://amarinaxa.com/news/carlos-gil-queremos-poner-a-a-marina-e-ortegal-no-mapa-da-riqueza-submarina/137226/

O focense combina ciencia, mergullo e divulgación nun traballo que pon o foco nun patrimonio natural que permanece oculto baixo a superficie

🌊⚓ O GALP EIVISSA I FORMENTERA VISITA O TERRITORIO DO GALP A MARIÑA-ORTEGAL🤝 A pasada semana, os días 7, 8 e 9 de outubr...
14/10/2026

🌊⚓ O GALP EIVISSA I FORMENTERA VISITA O TERRITORIO DO GALP A MARIÑA-ORTEGAL

🤝 A pasada semana, os días 7, 8 e 9 de outubro, tivemos o pracer de recibir aos compañeiros e compañeiras do GALP Eivissa i Formentera – LEADER, que se desprazaron ao noso territorio para participar nunha visita de estudo e intercambio de experiencias.

🌍 Foron tres xornadas de encontros, aprendizaxe e intercambio de coñecementos, nas que tivemos a oportunidade de amosarlles a riqueza do noso territorio, o traballo das nosas comunidades pesqueiras e diferentes iniciativas que contribúen ao desenvolvemento sostible e á dinamización da economía azul.

🎯 O obxectivo desta visita foi coñecer de primeira man proxectos e boas prácticas vinculados ao sector marítimo-pesqueiro, fomentar o intercambio de experiencias entre territorios e identificar novas oportunidades de colaboración, innovación e desenvolvemento local.

📍 Durante a primeira xornada, en Cedeira, coñecemos o proxecto Embarqueta-do-Norte: Pesca Costeira Artesanal, de Juan García Pesca, S.L., e visitamos a Confraría de Pescadores de Cedeira, onde puidemos coñecer a súa actividade e diferentes proxectos apoiados a través do FEMPA.

🐟 O segundo día percorremos Burela e Celeiro, visitando as confrarías de pescadores, a lonxa e a planta de transformación do Porto de Celeiro, o Barco-Museo Boniteiro Reina del Carmen e as instalacións de ABSA (Armadores de Burela, S.A.), achegándonos ao funcionamento do sector e aos proxectos impulsados con fondos europeos.

🌊 A última xornada levounos a Barreiros e Ribadeo, onde descubrimos a iniciativa de cervexa artesá elaborada con auga de mar de Augas Santas, visitamos a Praia das Catedrais e coñecemos de preto o traballo da Confraría de Pescadores de Ribadeo.

💙 Máis alá das visitas, estas xornadas permitíronnos compartir experiencias, descubrir novas perspectivas e fortalecer os vínculos de colaboración entre territorios unidos por unha mesma identidade mariñeira.

🙏 Dende o GALP A Mariña-Ortegal queremos agradecer ao GALP Eivissa i Formentera o seu interese por coñecer o noso territorio e, especialmente, a todas as confrarías, empresas, entidades e profesionais que nos recibiron e compartiron connosco o seu traballo e experiencia.

🌱 Porque compartir experiencias é tamén unha maneira de construír futuro para os nosos territorios costeiros.

🤝 Foi un auténtico pracer recibirvos na Mariña-Ortegal. Agardamos que esta sexa a primeira de moitas oportunidades para seguir aprendendo e colaborando xuntos.

💙 Grazas pola visita e ata pronto!

⚓🌊 Burela, historia e tradición mariñeiraA Confraría de Pescadores “San Juan Bautista” de Burela celebrou unha experienc...
07/10/2026

⚓🌊 Burela, historia e tradición mariñeira

A Confraría de Pescadores “San Juan Bautista” de Burela celebrou unha experiencia de turismo mariñeiro para achegar ás persoas participantes á historia, á actividade pesqueira e ao patrimonio vinculado ao porto de Burela.

Durante o percorrido, guiado por Diana Durán García, secretaria da Confraría, as persoas participantes puideron coñecer de preto o funcionamento da entidade, os diferentes tipos de embarcacións e a actividade que se desenvolve no porto pesqueiro.

🎨 A visita permitiu tamén descubrir os murais que decoran as catro fachadas da confraría, realizados con motivo do seu centenario e no marco do proxecto “PESCARTE: a prol da Pesca Costeira Artesanal”. Un conxunto artístico que recupera oficios, persoas, escenas e símbolos que forman parte da memoria e da identidade mariñeira de Burela.

🤝 Na actividade participaron persoas do Centro de Día Coidando de Vos, da Asociación Saúde Mental A Mariña, público xeral e a xerente do GALP A Mariña-Ortegal.

🌊 Esta iniciativa forma parte de Mar e Rías: Pesca & Turismo, un proxecto de cooperación no que participan os oito GALP de Galicia, cofinanciado pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia e pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), e que busca impulsar novas experiencias vinculadas ao patrimonio, aos profesionais, aos oficios e á cultura mariñeira dos diferentes territorios galegos.

💙 Unha maneira diferente de descubrir Burela desde o seu porto, coñecendo de preto as persoas, os oficios e a historia que manteñen viva a súa identidade mariñeira.

Dirección

Rúa Misericordia, Nº35
Viveiro
27850

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando GALP A Mariña-Ortegal publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos