Pratodo

Pratodo AXENCIA DE INNOVACIÓN SOSTIBLE

CREANDO ACCIÓNS DE CAMBIO POR UNHA VIDA MELLOR PARA AS VINDEIRAS X Quenes son os nosos clientes?

Creando experiencias de aprendizaxe para o futuro da xuventude no rural como solucións a retos sociais e ambientais. Somos unha empresa social constituida como asociación sen ánimo de lucro que ten como obxectivo xeral mellorar a calidade de vida das persoas, promovendo e fomentando unha maior participación e contribución ao desenvolvemento sosteible a través da innovación e o cumprimento dos ODS

da Axenda 2030. Organizámonos como un equipo multidisciplinar que traballa en remoto por proxectos. Aportamos talento colectivo e coñecemento individual de diversas áreas como emprendemento, educación, alimentación, innovación, turismo, arquitectura, economía circular, métricas de impacto e novas tecnoloxías. Entidades públicas, traballamos con entidades como Diputacións, Concellos, Mancomunidades de Concejos, Xunta de Galicia a través de Consellerías, Universidades e grupos de investigación

Entidades privadas, tamén temos a experiencia de traballar con asociacións ( de comerciantes, de inclusión social, de nais e país, …), fundacións e empresas a través do set departamento de RSC.

📍Se queres traballar ou colaborar con nós, ou tes algunha dúbida, contáctanos en [email protected] ou no teléfono indicado na descrición.

Emprender ao noso xeito, dende a vida posta no territorio.O vindeiro 19 de decembro, achegámonos a Mañón para facilitar ...
02/12/2025

Emprender ao noso xeito, dende a vida posta no territorio.

O vindeiro 19 de decembro, achegámonos a Mañón para facilitar un obradoiro moi especial sobre Economía Social e Solidaria (ESS):
como emprender con impacto positivo no rural, creando proxectos que coiden do territorio e das persoas.

Un encontro práctico, próximo e inspirador pensado para xente nova e emprendedora que queira explorar novos xeitos de facer e emprender.

🟣 Contidos principais:
– Que é a ESS e como pode transformar o emprendemento.
– Ferramentas para crear proxectos con sentido.
– Exemplos inspiradores de emprendemento e oportunidades no rural galego.
– Dinámicas participativas para activar ideas.

📅 19 decembro | 16:00 – 19:30 h
📍 Abeiro do Sor – Mañón
🆓 Actividade de balde
🔗 Inscricións → https://forms.gle/P8o3EmBKWhyB1bFW7

Unha acción promovida por REAS Galicia e Deputación da Coruña, coa colaboración do Concello de Mañón – e Abeiro do Sor

Conducido por Lucas Requejo

🙋‍♀️ Queres emprender poñendo a vida e o territorio no centro?
🕸️ Cres na cooperación, no arraigo e nun xeito sostible de crear proxectos?
🧐 Ou simplemente queres saber, na práctica, que é iso da Economía Social e Solidaria?

👣 Neste obradoiro práctico, próximo e inspirador para xente nova e emprendedora, descubrirás outro camiño posible para emprender e deseñar proxectos con impacto social, ambiental e económico no rural.

❗De balde. Prazas limitadas. Inscríbete en: https://forms.gle/P8o3EmBKWhyB1bFW7

Actividade subvencionada por Turismo da Deputación da Coruña
Colaboran o concello de Omix Mañón e Abeiro do Sor
Conduce Lucas Requejo de Pratodo

19/09/2025
No escenario actual, os sistemas alimentarios enfrontan unha serie de desafíos sen precedentes, dende a seguridade alime...
05/05/2025

No escenario actual, os sistemas alimentarios enfrontan unha serie de desafíos sen precedentes, dende a seguridade alimentaria ata a sustentabilidade ambiental e a equidade no acceso ao alimento. Sen embargo, no medio destes desafíos, tamén hai unha oportunidade única para a transformación, a innovación.

Agradecido polo convite a participar como poñente na 7ª edición de que reunirá en Bogotá a máis de 100 deseñadores e expertos en innovación e sistemas alimentarios, sustentabilidade e xestión da innovación, goberno e universidade, xunto con actores do sector primario, industria alimentaria, retail e horeca para identificar retos e solucións que demandan as cidades alimentadas.

Agradecer de maneira especial a Antonio Barrera o convite a participar na mesa dirixida por Faviola Ramos onde compartir ideas, experiencia e visión con Nicolas Benac, Alegría Serna, Gerrit Jan Veldman e Duque

Se queredes saber máis info mira a axenda
https://lnkd.in/dzTsnr9g

Atoparás a persoas ben interesantes que teñen moito por compartir como son Alejandro Osses Saenz, Mariana Bacci, Luki Huber entre moitas outras.

Porque cada día é máis necesario imaxinar outro xeito de alimentarnos e sumar forzas e visións para facelo posible.

🌍 O PRATO_DO TERRITORIO É O PRATO_DO FUTURO 🍽️Hai uns días participamos na mesa redonda "Alén do Mercado. Catro Estratex...
19/02/2025

🌍 O PRATO_DO TERRITORIO É O PRATO_DO FUTURO 🍽️

Hai uns días participamos na mesa redonda "Alén do Mercado. Catro Estratexias Alimentarias Baseadas no Territorio", organizada pola Fundación RIA en Casa RIA. Un espazo de encontro para falar de mercados, consumo en rede e alimentación sustentable en Galicia.

O noso director, Lucas Requejo, presentou , un laboratorio social no que combinamos alimento, mocidade, territorio e innovación para deseñar, entre todas, a A Mariña do futuro. 🌿💡

💬 Que retos puxemos enriba da mesa?
🔹 Como garantir a soberanía alimentaria do territorio?
🔹 Que papel teñen as administracións na transición alimentaria?
🔹 Como fortalecer un sistema alimentario resiliente ante a emerxencia climática?

Compartimos conversa coas iniciativas de , Nonéomesmo e o Laboratorio Ecosocial do Barbanza, explorando camiños cara unha territorialización dos sistemas alimentarios.

🗣️ A alimentación re_denominará as nosas orixes. Seguimos cociñando o cambio! 🔥

08/12/2024
06/12/2024

Se hai algo que nos diferencia do resto de especies é a IMAXINACIÓN

E dende aí queremos abordar o deseño do futuro de A Mariña

Para eso creamos este novo proxecto que vos convidamos a seguir

02/12/2024

Estamos moi emocionados de compartirvos este ilusionante proxecto

Dirección

Viveiro

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Pratodo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Pratodo:

Atajos

Compartir