30/10/2026
🎃👻 QUE MEDO… QUEDAR SEN MÁIS CONTOS! 📚
Onte volvemos abrir as portas de A BARXA CONTA e vaia maneira de celebrar o Samaín! 🦇
Máis de 60 criaturas (algunhas terroríficas, outras non tanto 🤭) encheron a biblioteca de historias de medo, gargalladas e moita maxia.
🧡 GRAZAS ás mamás, papás e valentes alumnos e alumnas que se atreveron a poñerlles voz aos contos.
💚 GRAZAS a todas as familias que viñestes compartir a tarde connosco.
🏫 E GRAZAS ao cole CEIP PLURILINGÜE GARCÍA BARBÓN por abrirnos as portas da biblioteca e deixarnos enchela de vida!
Así dá gusto facer comunidade. E se algo nos quedou claro é que A BARXA CONTA ten moitas historias aínda por contar! 📖✨
Seguimos! 💚