Asociación Bicos de Papel

Cómo llegar Página web

Asociación Bicos de Papel ⁠⁠⁠⁠⁠Bicos de papel, asociación de ayuda a niños oncológicos y sus familias

⁠⁠⁠⁠⁠Bicos de papel, asociación de ayuda a niños oncológicos del Hospital Álvaro Cunqueiro, trabaja para ayudar a los niños oncológicos y a sus familias a partir del momento del diagnóstico.

27/10/2026

Como se explica o que significa a terapia ocupacional? Hoxe preferimos que o fagan as propias familias.

Neste 27 de outubro, Día Mundial da Terapia Ocupacional, compartimos as súas experiencias e o traballo que realiza Tania en Bicos de Papel.

Porque detrás de cada xogo e de cada actividade hai algo moi importante: axudar aos nenos e nenas a gañar autonomía, superar dificultades e seguir gozando do seu día a día.

Grazas, Tania, pola túa dedicación e cariño. E grazas ás familias por confiar en nós e compartir as vosas experiencias. ❤️

24/10/2026
📢 Informámosvos de que a nosa oficina de Vigo permanecerá pechada ata o vindeiro martes.Durante estes días, se necesitad...
21/10/2026

📢 Informámosvos de que a nosa oficina de Vigo permanecerá pechada ata o vindeiro martes.

Durante estes días, se necesitades contactar connosco ou facer calquera consulta, podedes facelo a través de:

📩 [email protected]

📞 617 749 494

Moitas grazas pola vosa comprensión!

O sábado pasado tivemos un plan diferente! Grazas á invitación do Club Waterpolo Pontevedra , puidemos achegarnos a ver ...
21/10/2026

O sábado pasado tivemos un plan diferente!

Grazas á invitación do Club Waterpolo Pontevedra , puidemos achegarnos a ver un dos seus partidos e pasar unha tarde gozando do deporte.

Moitas grazas a todo o club por acordarvos de Bicos de Papel, convidarnos e facernos sentir tan ben acollidos. Encantounos compartir este ratiño convosco! 🥰

21/10/2026

❤️ HAI NOVAS QUE NOS FAN ESPECIAL ILUSIÓN COMPARTIR.

Este ano, o XX Torneo de Nadal «Memorial Marosa Salgado Madriñan» contará cunha presenza moi especial: Bicos de Papel estará connosco.

Para o Club Ximnasia Escola Pavillón é unha alegría inmensa poder darlles a benvida e contribuír a que a súa labor chegue a máis persoas.

Bicos de Papel acompaña a nenos, nenas e adolescentes con cancro e ás súas familias, ofrecendo apoio durante a enfermidade e axudando a que a infancia siga tendo espazo para xogar, compartir e sorrir.

Como club que traballa cada día coa infancia e coa mocidade, sentimos moi preto os valores de coidado, apoio e compañeirismo. Por iso, compartir este torneo con Bicos de Papel significa tanto para nós.

Queremos que a nosa familia deportiva —ximnastas, familias, persoal técnico, clubs e público— coñeza o seu traballo e se sume a esta benvida.

💛 Grazas, Bicos de Papel, por acompañarnos nesta edición tan especial.

Nos próximos días contarémosvos máis sobre a asociación e sobre as formas de apoiar a súa labor.

Compartide esta nova para que esta benvida chegue aínda máis lonxe.

Asociación Bicos de Papel

O domingo tocou tarde de fútbol en Balaídos! 💙⚽Os nenos e nenas de Bicos de Papel foron convidados a ver o Celta contra ...
20/10/2026

O domingo tocou tarde de fútbol en Balaídos! 💙⚽

Os nenos e nenas de Bicos de Papel foron convidados a ver o Celta contra o Alavés e pasárono en grande animando dende a bancada.

Un plan diferente, moita ilusión e unha chea de momentos para lembrar. Por aquí vos deixamos algunhas fotos e vídeos para que vexades o ben que o pasaron! 😊

Moitas grazas ao Celta por convidarnos e contar unha vez máis con Bicos de Papel. 💙

19/10/2026
Que gusto dá atoparse con xente que sempre está disposta a botar unha man!Desta vez foi grazas a AMOU - Museiros Ourense...
19/10/2026

Que gusto dá atoparse con xente que sempre está disposta a botar unha man!

Desta vez foi grazas a AMOU - Museiros Ourense , que organizaron un torneo benéfico de mus no que todo o recadado foi para Bicos de Papel.

Queremos darlles as grazas de corazón por acordarse de nós e por poñer en marcha esta iniciativa tan bonita. E, por suposto, grazas tamén a todas as persoas que participaron, colaboraron e fixeron posible este encontro.

Parabéns aos gañadores! E aos demais, grazas por cada partida, por cada achega e por estar aí.

Con xestos coma este podemos seguir acompañando os nenos e nenas con cancro e as súas familias, que é o que de verdade importa.

Grazas, Ourense, por tanto cariño! ❤️

19/10/2026

💚 ¡Gracias de corazón, Bicos de Papel! 💚

Desde APeTéCeMe Ourense queremos expresar nuestra alegría y gratitud por recibir este diploma de agradecimiento de la asociación Bicos de Papel, tras ceder nuestras instalaciones para la celebración del Torneo Solidario de Mus de este sábado, 17 de octubre.

Para nosotros, es un orgullo poder aportar nuestro pequeño granito de arena a iniciativas tan bonitas, en las que la unión y la implicación de todos consiguen algo realmente importante: ayudar a quienes más lo necesitan. 🫶

Gracias a Bicos de Papel por contar con nosotros y por recordarnos que, cuando colaboramos con ilusión y desde el corazón, podemos contribuir a construir un mundo un poquito mejor.

¡Seguimos sumando esfuerzos, compartiendo ilusión y jugando en equipo por la solidaridad! 💚♠️♥️♣️♦️

17/10/2026

Dirección

Calle Coruña Nº 24/2ºA
Vigo
36208

Horario de apertura

Lunes 10:00 - 14:00
16:00 - 18:00
Martes 10:00 - 14:00
Miércoles 10:00 - 14:00
16:00 - 18:00
Jueves 10:00 - 14:00
Viernes 10:00 - 14:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación Bicos de Papel publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir