Asociación Galega de Hemofilia - hemofiliagalicia

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Asociación Galega de Hemofilia - hemofiliagalicia AGADHEMO é a Asociación Galega de Hemofilia .

Visita a nosa web:www.hemofiliagalicia.com, en Twitter , Linkedin e YouTube.
É unha entidade sen ánimo de lucro que traballa a mellora da calidade de vida das persoas con coagulopatías.

🩸💙 SAIP-OURENSE 2026 | Ao lado das persoas con coagulopatíasDesde a Asociación Galega de Hemofilia (AGADHEMO) seguimos t...
30/10/2026

🩸💙 SAIP-OURENSE 2026 | Ao lado das persoas con coagulopatías

Desde a Asociación Galega de Hemofilia (AGADHEMO) seguimos traballando para ofrecer atención, información e apoio ás persoas con hemofilia e outras coagulopatías conxénitas e ás súas familias na provincia de Ourense.

🤝 A través do Servizo de Atención e Información (SAIP-Ourense) queremos contribuír a mellorar a autonomía, o benestar e a calidade de vida das persoas con coagulopatías.

💙 Este servizo conta co apoio e a colaboración da Deputación de Ourense , cuxo compromiso nos permite continuar desenvolvendo este labor de acompañamento.

📩 Máis información: ✉️ [email protected] 📞 671 660 704 (horario de mañá)

Seguimos ao voso lado! 💙

🔵💙 ESCOLAS DE APRENDIZAXE | Seguimos avanzando en 2026!Durante este ano continuamos desenvolvendo o proxecto “ESCOLAS DE...
26/10/2026

🔵💙 ESCOLAS DE APRENDIZAXE | Seguimos avanzando en 2026!

Durante este ano continuamos desenvolvendo o proxecto “ESCOLAS DE APRENDIZAXE”, dirixido a familias con nenos e nenas con hemofilia e outras coagulopatías. 🩸

💉 O obxectivo é mellorar a calidade de vida das familias mediante a adquisición de competencias e ferramentas que lles permitan avanzar na autoadministración do tratamento con maior autonomía e seguridade.

🤝 Este proxecto é posible grazas ao apoio e á colaboración do Concello de Vigo, que contribúe a que sigamos acompañando e formando ás familias.

📢 Queres saber máis? Contacta connosco!

📞 671 660 704 (horario de mañá) 📩 [email protected]

💙 Seguimos traballando para ofrecer ás familias formación, apoio e recursos que melloren o seu día a día.


📩 [email protected]

🩸💙 SAIP A CORUÑA | Ao lado das persoas con coagulopatíasEn   seguimos traballando para apoiar ás persoas con hemofilia e...
22/10/2026

🩸💙 SAIP A CORUÑA | Ao lado das persoas con coagulopatías

En seguimos traballando para apoiar ás persoas con hemofilia e outras conxénitas que residen na provincia da Coruña.

🤝 A través do Servizo de Atención e Información Permanente (SAIP) ofrecemos asesoramento e apoio para afrontar dificultades concretas e facilitar o acceso a recursos sociosanitarios especializados, promovendo a autonomía e a inclusión social.
🤝 Co apoio da , seguimos traballando pola súa autonomía e calidade de vida.
📞 Máis información: 671 660 704 (horario de mañá)
📩 [email protected]

💙 Seguimos ao teu lado!

🔗 https://hemofiliagalicia.com/saip_-a-coruna/

🩸 Más autonomía, más apoyo, más calidad de vida.Durante este 2026, desde AGADHEMO estamos desarrollando un proyecto para...
19/10/2026

🩸 Más autonomía, más apoyo, más calidad de vida.

Durante este 2026, desde AGADHEMO estamos desarrollando un proyecto para mejorar la autonomía personal de las personas con coagulopatías y discapacidad en Galicia, con especial atención a los niños y niñas de 0 a 12 años y sus familias.

💙 69 personas se están beneficiando directamente de este proyecto, además de las familias de los 25 menores con los que estamos trabajando.

Ofrecemos una atención personalizada que incluye fisioterapia, apoyo psicológico, trabajo social, educación para la salud, orientación nutricional y asesoramiento sobre tratamientos y trámites.

También acompañamos a las familias en momentos especialmente importantes, como el diagnóstico, una hospitalización o las dificultades que puedan surgir en el ámbito escolar.

Porque detrás de cada diagnóstico hay una persona, una familia y muchas necesidades que atender.

Este proyecto forma parte del Plan de Prioridades de COCEMFE y está financiado por Fundación ONCE.

En Galicia, más de 500 personas conviven con hemofilia u otras coagulopatías congénitas. En AGADHEMO continuamos trabajando para que puedan vivir con mayor autonomía y calidad de vida. 💙

"

💙 Seguimos contando co apoio do Concello de Tomiño neste 2026! 💙Un ano máis, agradecemos ao Concello de Tomiño a súa col...
16/10/2026

💙 Seguimos contando co apoio do Concello de Tomiño neste 2026! 💙

Un ano máis, agradecemos ao Concello de Tomiño a súa colaboración para levar a cabo os nosos OBRADOIROS DE FORMACIÓN para pais e nais de nenos e nenas con . 🩸🤝

Grazas a este apoio, podemos seguir acompañando e formando familias con necesidades específicas no ámbito social e sanitario, ofrecéndolles ferramentas e recursos que lles axuden a comprender, xestionar e afrontar mellor a súa coagulopatía no día a día. 💪💙

Porque formar, acompañar e apoiar ás familias é fundamental para mellorar a súa calidade de vida. ✨

👏 Grazas ao Concello de Tomiño por seguir apostando pola formación, o acompañamento e o benestar das nosas familias!

💙

Un ano máis comunicamos que xa temos lista a loteria de Nadal🎄🎅🔔❄☃️Date presa e non quedes sen ela!!
09/10/2026

Un ano máis comunicamos que xa temos lista a loteria de Nadal🎄🎅🔔❄☃️
Date presa e non quedes sen ela!!

💜 Hoxe 29 de setembro, damos visibilidade a  PTI: púrpura trombocitopénica inmune.Unha enfermidade pouco frecuente que n...
29/09/2026

💜 Hoxe 29 de setembro, damos visibilidade a PTI: púrpura trombocitopénica inmune.

Unha enfermidade pouco frecuente que no só afecta as plaquetas: tamén pode ter impacto no benestar emocional, a vida cotiá e a calidade de vida.

Federación Española de Hemofilia (FEDHEMO)

16/09/2026

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu a visita do presidente de COGAMI, Anxo Queiruga Vila; do presidente de Federación Española de Hemofilia (FEDHEMO), Aníbal García; e da vicepresidenta de Asociación Galega de Hemofilia - hemofiliagalicia, Laura Quintas.

Na xuntanza presentouse o vindeiro Congreso Nacional sobre Coagulopatías, que se celebrará en Santiago do 23 ao 25 de abril de 2027.

Un encontro no que tamén se abordaron os principais retos e necesidades aos que se enfrontan as persoas con coagulopatías e as súas familias.

16/09/2026

📍 Santiago de Compostela | 23–25 de abril de 2027

Ayer seguimos avanzando en la preparación de nuestro próximo Congreso Nacional sobre Coagulopatías, que celebraremos en Santiago de Compostela del 23 al 25 de abril de 2027.

Durante el encuentro con Miguel Ángel Santalices presidente del Parlamento de Galicia, tuvimos la oportunidad de compartir la importancia de este Congreso y trasladar los principales retos y necesidades de las personas con coagulopatías y sus familias.

Junto a él estuvieron Daniel-Aníbal García Diego, presidente de Fedhemo; Laura Quintas, vicepresidenta de Fedhemo y representante de la Asociación Gallega de Hemofilia Asociación Galega de Hemofilia - hemofiliagalicia y Anxo Queiruga, presidente de COGAMI Galicia COGAMI y COCEMFE Nacional COCEMFE

Un Congreso que queremos convertir en un gran espacio de encuentro, conocimiento, participación y reivindicación, donde compartir avances, experiencias y retos, y seguir poniendo en el centro a las personas con coagulopatías y sus familias.



Santiago de Compostela nos espera

Seguimos trabajando para que abril de 2027 sea una fecha para encontrarnos, escucharnos y seguir avanzando juntas y juntos.

📍 Santiago de Compostela | 23–25 de abril de 2027Onte seguimos avanzando na preparación do noso próximo Congreso Naciona...
16/09/2026

📍 Santiago de Compostela | 23–25 de abril de 2027

Onte seguimos avanzando na preparación do noso próximo Congreso Nacional sobre Coagulopatías, que celebraremos en Santiago de Compostela do 23 ao 25 de abril de 2027.

Durante o encontro con Miguel Ángel Santalices presidente do Parlamento de Galicia, tivemos a oportunidade de compartir a importancia deste Congreso e trasladar os principais retos e necesidades das persoas con coagulopatías e as súas familias.

Xunto a el estiveron Daniel-Aníbal García Diego, presidente de Fedhemo; Laura Quintas, vicepresidenta de Fedhemo e representante da Asociación Galega de Hemofilia Asociación Galega de Hemofilia - hemofiliagalicia e Anxo Queiruga, presidente de COGAMI Galicia COGAMI e COCEMFE Nacional COCEMFE

Un Congreso que queremos converter nun gran espazo de encontro, coñecemento, participación e reivindicación, onde compartir avances, experiencias e retos, e seguir poñendo no centro ás persoas con coagulopatías e as súas familias.



Santiago de Compostela espéranos

Seguimos traballando para que abril de 2027 sexa unha data para atoparnos, escoitarnos e seguir avanzando xuntas e xuntos.

Dirección

Dr. Carracido Nº 128
Vigo
36205

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 15:00
Martes 08:30 - 15:00
16:00 - 19:00
Miércoles 08:30 - 15:00
Jueves 08:30 - 15:00
16:00 - 19:00
Viernes 08:30 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación Galega de Hemofilia - hemofiliagalicia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Asociación Galega de Hemofilia - hemofiliagalicia:

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos