27/08/2026
Despois dun verán cheo de momentos compartidos, xogos, revisións sanitarias e novas experiencias, chega o momento de despedir os nenos e nenas saharauís que g***ron este verán do programa Vacacións en Paz.
Agardámosvos o sábado, día 29, ás 6 da tarde, na Praza Bugallal de Ponteareas.
Para desfrutar xuntos, despedir aos nenos e nenas con música, actuacións, xogos e inchables para toda a familia.
Tamén teremos unha barra con bocatas e bebidas.
Están todos os nenos e nenas de Galicia convidados a participar nesta festa.
Acompáñannos representantes políticos da Xunta de Galicia, das Deputacións, do Intergrupo do Parlamento de Galicia, o Presidente do Fondo Galego de Cooperación, numerosos alcaldes e o Secretario de Estado do Ministerio de Infancia do Goberno de España.
A xornada será presentada por Antía Paz.
Grazas ao Concello de Ponteareas, á Deputación de Pontevedra, a Vin DJ, a Culturactiva e a Sportivo pola súa colaboración.